Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A precampaña electoral vai collendo pulo ante a proximidade dos comicios municiapis do 28 de maio. En Santiago o PP celebrou un acto que acaba de rematar para presentar aos 313 candidatos que pechou Alberto Núñez Feijoo. O ministro do Interior estivo esta mañá na Estrada para avaliar ao aspirante socialista. E o BNG fixo o propio no Porriño onde Ana Pontón amadriñou ao seu candidato.
En Ferrol houbo unha homenaxe a Rafael Pillado, o sindicalista e activista morto este luns por asbestose.
E unha boa parte deste informativo dedicarémola a profundizar na figura e na obra de Martín Códax.

Tamén a neve afecta arestora a algunhas vías de circulación ainda que non hai ningunha estrada cortada. Da rede principal hai que circular con preacaución na A-8 no Alto do Fiouco, na A-6 ao seu paso polas Nogais. As restriccións na A-52 nos concellos de Riós e Allariz que estiveron activas toda a mañá xa están levantadas.
 

Hoxe fai un ano dende que comezou o conflito armado entre Ucraína e Rusia. Dende hai uns minutos a comunidade Ucraína en Coruña manifestase polas rúas pra pedir a fin da guerra.

O avogado das familias dos falecidos no Vila de Pitanxo considera que o informe preliminar da CIAIM respalda que o motor do buque estaba en marcha durante o afundimento, tal e como decalrou o seu defendido e supervivente do naufraxio, Samuel Kwesi.

Corrupción entre particulares, estafa e blanqueamento de capitais. Son os delictos dos que a titular do xulgado de instrución número 6 da Coruña acusa ós catro detidos relacionados co Sindicato dos Traballadores da Limpeza. Un sindicato que controla o comité de empresa do servizo concedido. De feito, o presidente do comité é un dos detidos que están a declarar ante a xuiza. En Ourense non se sorprenden da investigación. Hai anos denunciaron irregularidades na contratación dos traballadores do servizo, da man do mesmo sindicato, e agora piden que se reabra a investigación.

La intensa nevada caída este jueves en tierras gallegas obligó a suspender la primera etapa de la carrera O Gran Camiño, que se disputa estos días en Galicia.  La prueba, que salió de Lugo y debía terminar en Sarria, quedó suspendida a poco menos de 15 kilómetros de la meta por la nieve que caía y para evitar accidente en el pelotón. Este viernes se disputará la segunda etapa entre Tui y A Guarda, con 190 kilómetros de trayecto.

Xa coñecemos o informe preliminar sobre o accidente do Vila de Pitanxo, que publicou hoxe a Comisión de Investigación de Acidentes Marítimos. Neste iforme non se especifican as causas do afundimento, pero si se constata que só o patón e o seu sobriño levaban o traxe de seguridade.

A Ministra de Defensa visitou hoxe os estaleiros de Navantia en Ferrol, pra coñece-la marcha da construcción das fragatas F110. Unha visita na que falou co comité de empresa de Navantia sobre a inversión no estaleiro.

A comisión de Investigación de Accidentes Marítimos ven de publicar o seu informe preliminar sobre o acontecido hai agora un ano en Terranova. Un repaso detallado das circunstancias do afundiento do Villa de Pitanxo, do estado do mar na zona ou a forma en que se desaloxou o barco que non entra a establecer as causas... Algo que se apraza ata poder inspeccionar o barco.

Sorpresa na Coruña pola detención de catro membros do sindicato maioritario no servizo de limpeza viaria e recollida de lixo na cidade. Segundo o pouco que trascendeu investígase a comisión de delictos vinculados con estafase e branqueamento de capitais.
Outra investigación aberta ten que ver coa aparición de dúas potentes planeadoras no entorno de Corrubedo. A dúbida e se participaron ou non nunha descarga de droga. Iso é o que agor se trata de dilucidar.

O tempo. Volveu a neve a cotas baixas, van continuar os chuvascos e as temperaturas baixas.
 

A Xunta de Galicia consitera un despropósito a decisión da Comisión Europea de vetar de novo a pesca de arratre noutro 20% dos fondos mariños no vineiro ano. Piden adoptar medidas lexislativas antes de que Europa aprobe esta medida.

A coñecida como enfermidade da lingua azul regresa a GAlicia tras 14 anos sen casos. Hai catro focos detectados en bovinos, en explotacións de Ourense e do sur de Lugo.