A disolucion de ETA e desmantelar Resistencia Galega son as prioridades para os corpos de seguridade do estado adicados á loita antiterrorista, segundo asegurou en Vigo o director xeral da policia, Jose Ignacio Cosidó. Engadiu que tamén son terroristas os que apoian e financian os atentados // Segundo día de declaracións ante a Audiencia Nacional dos exdirectivos de Pescanova, acusados de estafa e falsidade documental pola súa actuaciòn na quebra da multinacional Pesqueira. Hoxe foi o turno do exconselleiro da compañía, Alfonso Paz Andrade // As reformas tributarias centran as prospostas de resolución que os distintos grupos presentaron no Parlamento, dentro do Debate sobre o EStado da Autonomía // No momento de sofrir un infarto o mais importante é unha reanimacion rapida e ben feita. Uns 200 escolares aprenderon hoxe en Santiago a facelo. Unha técnica que non domina nin o 10% da poboación, pese a que pode salvar vidas. 16/10/13
A disolucion de ETA e desmantelar Resistencia Galega son as prioridades para os corpos de seguridade do estado adicados á loita antiterrorista // Uns 200 escolares aprenderon hoxe en Santiago realizar primeiros auxilios, logo dun infarto. 16/10/13
Seguirá chovendo ainda que con intervalos de grandes claros. Cara ás comarcas máis orientais de Lugo e Ourense foise movendo ao longo da xornada a fronte que deixou fortes precipitacións esta mañá na fachada atlántica. 16/10/13
A Xunta vai rebaixar medio punto o IRPF para as bases de menos de 17.700 euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo no discurso de inicio do Debate sobre o Estado da Autonomía que hoxe se iniciou no Parlamento // O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, prestou declaración hoxe na Audiencia Nacional para responder ante o xuiz no proceso que trata de aclarar se os antigos directivos da multinacional pesqueira falsearon as contas da compañía en beneficio propio // Detidas en Ourense sete persoas orixinarias de Romanía, acusadas de pertencer a unha banda adicada a roubar en casas e granxas da provincia. Impútanlles 60 roubos con forza. 15/10/13
A Xunta vai rebaixar medio punto o IRPF para as bases de menos de 17.700 euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo no discurso de inicio do Debate sobre o Estado da Autonomía que hoxe se iniciou no Parlamento. Tamén se soubo que as escolas infantís serán gratis para o segundo neno das familias con ingresos inferiores aos 30 mil euros anuáis // O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, prestou declaración hoxe na Audiencia Nacional para responder ante o xuiz no proceso que trata de aclarar se os antigos directivos da multinacional pesqueira falsearon as contas da compañía en beneficio propio // A Xunta non concederá finalmente licencia a empresa mineira que pretendía explotar unha mina de Ouro en Cabana de Bergantiños. 15/10/13
A Xunta vai rebaixar medio punto o IRPF para as bases de menos de 17.000 euros // O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, prestou declaración hoxe na Audiencia Nacional // A Xunta non concederá finalmente licencia a empresa mineira que pretendía explotar unha mina de Ouro en Cabana de Bergantiños. 15/10/13
Conforme avance a tarde as chuvias tan intensas da mañá tenden a remitir polo interior. 15/10/13
As máis de tres mil bateas de mexillón nas nosas rías están sen actividade debido ao episodio de marea vermella detectado nas augas // As tendas de electrodomésticos San Luis volven abrir as súas portas en Galicia, logo de que o antigo dono e fundador chegara a un acordo coa multinacional francesa Darty, a quen llas vendera hai 7 anos, para recuperar de novo a marca comercial // O traslado da terminal de descarga de petróleo de Repsol da Coruña ao porto exterior de Punta Langosteira na Coruña vese cada vez máis perto. Esta tarde a ministra de Fomento, Ana Pastor, formalizará o acordo que o fará posible. 14/10/13
Comezamos semana con moitas nubes e con algunha chuvia, máis probable cara o remate do día. As temperaturas axudadas polo vento do sur volveron subir. As máximas superarán os 20 graos. 14/10/13
As máis de tres mil bateas de mexillón nas nosas rías están sen actividade debido ao episodio de marea vermella detectado nas augas // As tendas de electrodomésticos San Luis volven abrir as súas portas en Galicia // O traslado da terminal de descarga de petróleo de Repsol da Coruña ao porto exterior de Punta Langosteira na Coruña vese cada vez máis perto. 14/10/13
As máis de tres mil bateas de mexillón nas nosas rías están sen actividade debido ao episodio de marea vermella detectado nas augas // Moitos dos polígonos están afectados xa dende a semana pasada pero outros foron pechados de xeito cautelar ante o temor de que o vento do sur provoque un aumento das toxinas na auga e acabe afectándolle ao molusco // As tendas de electrodomésticos San Luis volven abrir as súas portas en Galicia, logo de que o antigo dono e fundador chegara a un acordo coa multinacional francesa Darty, a quen llas vendera hai 7 anos, para recuperar de novo a marca comercial // As victorias de Lugo e Depor asentan aos dous equipos galegos na zona alta da taboa clasificatoria da Segunda División. O sorprendente Lugo derrotou ó Cordoba no Anxo Carro, onde se mostra case imbatible. En cambio, o Deportivo é fora onde está máis forte leva un rexistro de record. Onte derrotou 0-1 ó filial do Barcerlona. 14/10/13
A solidariedade dos veciños do barrio compostelán de Angrois durante o descarrilamento do alvia o pasado mes de xullo recibiu hoxe un novo recoñecemento.Foi na cidade de San Fernando en Cádiz.
A marea vermella mantén pechados boa parte dos polígonos de mexillon e bancos marisqueiros. Nas últimas horas, puideron abrir á extracción 5 zonas das rias de Arousa e Vigo.
Empresarios do metal exploran en Vigo as posibilidades de negocio que ofrecen os parques eólicos mariños. Unhas instalacións que en España están paralizadas pero que se están desenvolvendo moito noutros países europeos. (11/10/13)
Algo máis frío pero o tempo aínda continuará solleiro boa parte da fin de semana. O domingo comezará a mudar. (11/10/13)
A solidariedade dos veciños do barrio compostelán de Angrois durante o descarrilamento do alvia o pasado mes de xullo recibiu hoxe un novo recoñecemento en San Fernando. Cádiz.
A marea vermella mantén pechados boa parte dos polígonos de mexillon e bancos marisqueiros.
Empresarios do metal exploran en Vigo as posibilidades de negocio que ofrecen os parques eólicos mariños. (11/10/13)
A solidariedade dos veciños do barrio compostelán de Angrois durante o descarrilamento do alvia o pasado mes de xullo recibiu hoxe un novo recoñecemento.Foi na cidade de San Fernando en Cádiz. Alí dous dos veciños recolleron a medalla que a cidade lles concedeu pola entrega coa que actuaron no socorro das vítimas. Ao acto acodiu o Presidente da Xunta.
A marea vermella mantén pechados boa parte dos polígonos de mexillon e bancos marisqueiros. Nas últimas horas, puideron abrir á extracción 5 zonas das rias de Arousa e Vigo. Un episodio tóxico intenso e repentino que mantén preocupados a bateeiros, mariscadores e sector comercializador.
Empresarios do metal exploran en Vigo as posibilidades de negocio que ofrecen os parques eólicos mariños. Unhas instalacións que en España están paralizadas pero que se están desenvolvendo moito noutros países europeos. Agardase que xeneren un negocio de 150 mil millóns de euros, nos próximos anos. (11/10/13)
A fiscalía apoia que os pais de Asunta Basterra sigan no cárcere. O representante do Ministerio Público xa lle remitiu á Audiencia Provincial da Coruña o informe pronunciándose con respeto aos recursos presentados polos avogados de Rosario Porto e Alfonso Basterra contra o seu encarcelamento.
A Ministra de Fomento propúxolle á Unión Europea mellorar as medidas de seguridade no transporte ferroviario en todo o territorio comunitario.
A Xunta deulle hoxe o visto e prace ao proxecto dunha nova Lei do Solo que acurtará o prazo de tramitación dos novos plans de urbanismo dos concellos. Pasará dos seis anos que levaban ata agora a tres anos. (10/10/13)
A fiscalía apoia que os pais de Asunta Basterra sigan no cárcere. O representante do Ministerio Público xa lle remitiu á Audiencia Provincial da Coruña o informe pronunciándose con respeto aos recursos presentados polos avogados de Rosario Porto e Alfonso Basterra contra o seu encarcelamento.
A Ministra de Fomento propúxolle hoxe á Unión Europea mellorar as medidas de seguridade no transporte ferroviario en todo o territorio comunitario. Mellora aconsellada, logo do accidente do Alvia en Angrois e que incluirá estandarizar as transicións entre sistemas de circulación dos trens.
A Xunta deulle hoxe o visto e prace ao proxecto dunha nova Lei do Solo que acurtará o prazo de tramitación dos novos plans de urbanismo dos concellos. Pasará dos seis anos que levaban ata agora a tres anos.
O Tribunal Supremo vai enviar de novo a Laureano Oubiña ó carcere cunha condena de case cinco anos polo delito de branqueo de capitais, ao non aceptar o recurso da defensa. (10/10/13)
A fiscalía apoia que os pais de Asunta Basterra sigan no cárcere.
A Ministra de Fomento propúxolle á Unión Europea mellorar as medidas de seguridade no transporte ferroviario.
A Xunta deulle o visto e prace ao proxecto dunha nova Lei do Solo que acurtará o prazo de tramitación dos novos plans de urbanismo dos concellos. (10/10/13)
O tempo vai seguir con sol e temperaturas agradables na maior parte de Galicia, agás no norte da Coruña e Lugo onde aparecerán algunhas nubes, que poden deixar algo de auga na Mariña. (10/10/13)
Nas próximas horas poderían concretarse novidades decisivas no caso da morte da nena de Santiago Asunta Basterra.
Segundo fontes da investigación, os laboratorios policiais que analizan os restos do cadáver atoparon seme na camiseta da pequena e agora realízanse análises para saber a quen pertencen esas mostras.
Indignación na flota cefalopodeira galega , logo de que que a Union Europea ratificase o acordo con Mauritania que deixa fóra aos 24 barcos galegos. Deles, seis xa foron enviados ao desgüace. Armadores e mariñeiros temen quedar condenados ao amarre ou a ir a caladoiros pouco rendibles.
O deputado Jose Luis Mendez Romeu asume a portavocía dos socialistas no parlamento galego. Di ser esceptico sobre a posibilidade de establecer vinculos de entendemento entre o novo secretario xeral, Jose Ramon Gomez Besteiro e o presidente da xunta, alberto nuñez feijoo. (09/10/13)