Os empresarios galegos e as cámaras de comercio destacan a importancia de que continúe existindo NovaGalicia Banco e de que a entidade siga a ter o seu centro de decisión en Galicia, sexa cal sexa o comprador que se faga coa súa propiedade, despois do proceso de venda actualmente en marcha // A Conselleira de Facenda confirmou hoxe no Parlamento que a economía galega medrará o ano que vén o cero coma oito por cento, dúas décimas por riba do previsto no pasado verán. Díxoo durante a explicación dos orzamentos da Comunidade para o 2014. Tamén expresou a súa esperanza en que o vindeiro ano se empece a crear emprego // Oito dos 35 presos de ETA internos en cárceres galegos poderían beneficiarse do fallo do Tribunal de Dereitos Humanos da Unión Europea e sair da prisión unha vez cumplida a sua condena, segundo a lexislación aplicable no momento no que foron xulgados. Con ese principio legal saía da prisión de Teixeiro Ines del Río tras cumplir 26 anos de condena. 23/10/13
Os empresarios galegos e as cámaras de comercio destacan a importancia de que continúe existindo NovaGalicia Banco // A Conselleira de Facenda confirmou hoxe no Parlamento que a economía galega medrará o ano que vén o cero coma oito por cento // Oito dos 35 presos de ETA internos en cárceres galegos poderían beneficiarse do fallo do Tribunal de Dereitos Humanos da Unión Europea. 23/10/13
Seguimos con chuvia pero menos. Pequena tregua esta tarde antes de entre unha nova fronte con máis auga e sobre todo vento a partir de mañá. 23/10/13
Expectación no cárcere coruñés de Teixeiro ante a inminente saída de prisión da presa terrrorista Inés del Río.A Audiencia Nacional acordou esta mañá a súa posta en liberdade, logo de que o Tribunal Europeo de Estrasburgo anulara a aplicación da chamada Doctrina Parot que ampliaba a cantidade de anos de condena que se deben cumplir efectivamente // Seguimos en alerta meteorolóxica. Agora é o vento o que máis se está a notar ainda que segue habendo episodios de choiva e o mar segue picado // Continúan as comparecencias de testemuñas e antigos responsables de Pescanova ante a A audiencia Nacional, dentro da investigació sobre as responsabilidades dos directivos na creba da compañía. Hoxe prestaron declaración tres membros do consello anterior, coma testemuñas. 22/10/13
Expectación no cárcere coruñés de Teixeiro ante a inminente saída de prisión da presa terrrorista Inés del Río. A Audiencia Nacional acordou esta mañá a súa posta en liberdade, logo de que o Tribunal Europeo de Estrasburgo anulara a aplicación da chamada Doctrina Parot que ampliaba a cantidade de anos de condena que se deben cumplir efectivamente // Seguimos en alerta meteorolóxica. Agora é o vento o que máis se está a notar ainda que segue habendo episodios de choiva e o mar segue picado // Continúan as comparecencias de testemuñas e antigos responsables de Pescanova ante a A audiencia Nacional, dentro da investigació sobre as responsabilidades dos directivos na creba da compañía. Hoxe prestaron declaración tres membros do consello anterior, coma testemuñas // O Celta volve caer derrotado, esta vez en Balaídos, pese a xogar un bo partido, no que foi moi superior ao Levante, que se plantexou unha estratexia moi conservadora. 22/10/13
Seguimos en alerta meteorolóxica. Agora é o vento o que máis se está a notar ainda que segue habendo episodios de choiva e o mar segue picado // Expectación no cárcere coruñés de Teixeiro ante a inminente saída de prisión da presa terrrorista Inés del Río.A Audiencia Nacional acordou esta mañá a súa posta en liberdade // Continúan as comparecencias de testemuñas e antigos responsables de Pescanova ante a A audiencia Nacional. 22/10/13
Seguimos en alerta por temporal á espera dunha leve melloría a partir de mañá. 22/10/13
Empezan a arreciar o vento e a choiva. Irán a máis nas próximas horas, nas que as precipitacións se estenderán, ademáis, dende a costa cara o interior // A Xunta e a Dirección Xeral de Tráfico poñen en marcha unha campaña para reducir o número de atropelos en Galicia, que é superior á media española. Vai haber charlas por tódolos concellos e repartiranse 20 mil chalecos refrectantes // Comeza a campaña anual de vacinación contra a gripe e o pneumococo. Nesta ocasión o Sergas espera lograr que se vacinen máis do 65% dos maiores de 65 anos. 21/10/13
Empezan a arreciar o vento e a choiva. Irán a máis nas próximas horas, nas que as precipitacións se estenderán, ademáis, dende a costa cara o interior. O peor do temporal estase a rexistrar, nestes momentos, nas zonas costeiras e está previsto que acade a maior intensidade no interior, sobre as nove da noite // A Xunta e a Dirección Xeral de Tráfico poñen en marcha unha campaña para reducir o número de atropelos en Galicia, que é superior á media española. Vai haber charlas por tódolos concellos e repartiranse 20 mil chalecos refrectantes // Comeza a campaña anual de vacinación contra a gripe e o pneumococo. Nesta ocasión o Sergas espera lograr que se vacinen máis do 65% dos maiores de 65 anos // Os dous equipos galegos de Segunda lograron senllos empates ainda que con sabor moi distinto. O Lugo veu como lle escapaba a vitoria, no último minuto, no campo do lider, o Recreativo de Huelva, o Deportivo logrou igualar, tamén no último suspiro, pero, logo de ir pendendo, en Riazor. 21/10/13
Empezan a arreciar o vento e a choiva. Irán a máis nas próximas horas, nas que as precipitacións se estenderán, ademáis, dende a costa cara o interior // A Xunta e a Dirección Xeral de Tráfico poñen en marcha unha campaña para reducir o número de atropelos en Galicia, que é superior á media española // Comeza a campaña anual de vacinación contra a gripe e o pneumococo. 21/10/13
Nas próximas horas agardamos que o temporal entre con forza en Galicia, con vento forte e chuvias intensas sobre todo na costa e polo sur. 21/10/13
A acusación contra os pais da nena Asunta Basterra xa é de Asasinato. Notificouno hoxe o fiscal do aso, ao mesmo tempo que se iniciaban os trámites para instruílo polo procedemento acaído para que os xuzgue un xurado popular. Tamén hoxe estanse a practicar novos rexistros na casa da nai, Rosario Porto, en Teo // O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de orzamentos para o ano que vén. Ascenden a 8.456 millóns de euros. Prevén un crecemento da economía do CERO COMA OITO por cento // O Celta prepara o partido do luns en Balaidos fronte ao Levante, un dos seus rivais directos. Os celestes levan seis partidos sen gañar. En segunda, despois de quedaren eliminados da copa do rei, o Deportivo recibe ao Zaragoza e o Lugo visita o Recretivo de Huelva. 18/10/13
A Acusación contra os pais da nena Asunta Basterra, da que o cadaver foi atopado no mes de setembro ás aforas de Santiago é de asasinato, subindo dende a calificación anterior, de homicidio, que era a que, nun principio, lles imputara o xuiz do caso // O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de orzamentos para o ano que vén. Ascenden a 8.456 millóns de euros. Prevén un crecemento da economía do CERO COMA OITO por cento e unha diminución en medo punto do paro, que quedaría no 21'7 %. Núñez Feijóo explicou que destinará o 80% a gasto social // A recollida da pataca na comarca ourensá da Limia comenzou con tanto atraso que aínda queda un 20% en apañar, e fano temendo que a choiva faga parar a recollida. Este ano van recoller menos quilos porque a calor do verán minguou o tamaño das patacas. En cambio, van ser de mellor calidade porque precisaron menos tratamentos químicos. 18/10/13
A Acusación contra os pais da nena Asunta Basterra, da que o cadaver foi atopado no mes de setembro ás aforas de Santiago é de asasinato // O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de orzamentos para o ano que vén. Ascenden a 8.456 millóns de euros // A recollida da pataca na comarca ourensá da Limia comenzou con atraso. 18/10/13
Achegase a Galicia á borrasca do Atlántico que esta a provocar un empeoramento que vai a supoñer un aumento de choivas. Van continuar durante todo o fin de semana, ata a tarde do vindeiro domingo. 18/10/13
Será un xurado popular quen xuzgue aos pais da nena de Santiago, Asunta Basterra. O Xuiz que leva o caso notificou hoxe que o procedemento se levará a cabo seguindo a lei do xurado e mañá terán que comparecer no xulgado // O debate do Estado da Autonomía rematou con duas resolucións aprobadas por unanimidade. Una delas sobre os afectados por preferentes de Novagalicia Banco, e a outra sobre a flota pesqueira en Mauritania // Novagalicia Banco devolveulle anticipadamente ao Banco Central Europeo 1.150 millóns de euros nos últimos dous meses. Esta mesma semana reembolsou 550 millóns, con ano e medio de adianto sobre a data prevista. 17/10/13
Será un xurado popular quen xuzgue aos pais da nena de Santiago, Asunta Basterra. O Xuiz que leva o caso notificou hoxe que o procedemento se levará a cabo seguindo a lei do xurado e mañá terán que comparecer no xulgado // A nena de 15 anos, de Rumanía, obrigada a prostituirse nun clube de Padron está nun centro de acollida de Santiago. Chegara a Valladolid cunha falsa promesa de traballo, e acabou sendo obrigada a prostituirse // Novagalicia Banco devolveulle anticipadamente ao Banco Central Europeo 1.150 millóns de euros nos últimos dous meses. Esta mesma semana reembolsou 550 millóns, con ano e medio de adianto sobre a data prevista. Agora Novagalicia Banco asegura que a súa situación é máis comoda a hora de financiarse. 17/10/13
Será un xurado popular quen xuzgue aos pais da nena de Santiago, Asunta Basterra // A nena de 15 anos, de Rumania, obrigada a prostituirse nun clube de Padron está nun centro de acollida de Santiago // Novagalicia Banco devolveulle anticipadamente ao Banco Central Europeo 1.150 millóns de euros nos últimos dous meses. 17/10/13
Mellora transitoria na que puidemos incluso disfrutar algo do sol á espera de que volvan a entrar novos frentes. 17/10/13
A disolucion de ETA e desmantelar Resistencia Galega son as prioridades para os corpos de seguridade do estado adicados á loita antiterrorista, segundo asegurou en Vigo o director xeral da policia, Jose Ignacio Cosidó. Engadiu que tamén son terroristas os que apoian e financian os atentados // Segundo día de declaracións ante a Audiencia Nacional dos exdirectivos de Pescanova, acusados de estafa e falsidade documental pola súa actuaciòn na quebra da multinacional Pesqueira. Hoxe foi o turno do exconselleiro da compañía, Alfonso Paz Andrade // No momento de sofrir un infarto o mais importante é unha reanimacion rapida e ben feita. Uns 200 escolares aprenderon hoxe en Santiago a facelo. 16/10/13