Escoitas autorizadas polo xuiz, mentres os pais de Asunta Basterra estaban detidos no cuartel de Lonzas, descobren unha conversa na que a nai, Rosario Porto, lle tería reprochado ao pai, Alfonso Basterra, "Tú y tus jueguecitos" e tamén lle tería preguntado: "Te ha dado tiempo a deshacerte de eso? // A Factoría de ELNOSA terá que estar fora da súa actual ubicación, na ría de Pontevedra no 2017. Así consta no acordo asinado hoxe pola empresa coa Xunta e que prorroga a autorización ambiental que lle caducaba á factoría o próximo 6 de xaneiro // A Xunta está a elaborar unha norma para deixar exentos do imposto de sucesións e doazóns o traspaso de fincas agrícolas Anunciouno o Presidente do Goberno Galego no Parlamento onde tamén asegurou que o Porto Exterior de Ferrol comezará a operar a principio do ano que vén // O Celta caeu derrotado en Balaidos fronte ao Barcelona, por tres goles a cero, un Barsa que se adiantou no marcador xa no minuto 8. 30/10/13
Escoitas autorizadas polo xuiz, mentres os pais de Asunta Basterra estaban detidos no cuartel de Lonzas, descobren unha conversa na que a nai, Rosario Porto, lle tería reprochado ao pai, Alfonso Basterra, "Tú y tus jueguecitos" // A Factoría de ELNOSA terá que estar fora da súa actual ubicación, na ría de Pontevedra no 2017 // A Xunta está a elaborar unha norma para deixar exentos do imposto de sucesións e doazóns o traspaso de fincas agrícolas. 30/10/13
Caeron as temperaturas mínimas e a primeira hora desta mañá viamos xa as primeiras xeadas do outono no interior de Galicia. 30/10/13
Xubilados que foron antes emigrantes concentráronse hoxe diante das oficinas de Facenda para reclamar que se anulen as sancións que pesan sobre eles por non declarar as pensións que cobran do estranxeiro // Un dos seis falecidos no accidente mineiro en Pola de Gordón é galego, do municipio lugués das Nogais // Todo está listo en Vigo para o gran partido de futbol que se agarda para esta noite e que enfronta ao celta co lider, o Barcelona. 29/10/13
Xubilados que foron antes emigrantes concentráronse hoxe diante das oficinas de Facenda para reclamar que se anulen as sancións que pesan sobre eles por non declarar as pensións que cobran do estranxeiro. Alegan descoñecemento da lei do 2006 que obriga a presentar estes ingresos na declaración da renda // Un dos seis falecidos no accidente mineiro en Pola de Gordón é galego, do municipio lugués das Nogais de onde marchou aos dez anos, coa súa familia. É Carlos Pérez Fernández e traballaba de vixilante no Pozo onde ocorriu o accidente // Segue baixo disposicion da fiscalia de menores o rapaz de 17 anos detido por difundir imaxes eroticas dunha menor que esta gravara de si mesma e lle mandara // Todo está listo en Vigo para o gran partido de futbol que se agarda para esta noite e que enfronta a un celta envalentonado, logo de derrotar ao Málaga, co lider, o Barcelona. Os blaugranas xa chegaron á cidade onde foron recibidos por moreas de siareiros. 29/10/13
Xubilados que foron antes emigrantes concentráronse hoxe diante das oficinas de Facenda para reclamar que se anulen as sancións que pesan sobre eles por non declarar as pensións que cobran do estranxeiro // Un dos seis falecidos no accidente mineiro en Pola de Gordón é galego, do municipio lugués das Nogais // Todo está listo en Vigo para o gran partido de futbol que se agarda para esta noite e que enfronta ao celta co lider, o Barcelona. 29/10/13
Baixan as temperaturas pero, en compensación diminúe o risco de precipitacións coma as que ainda se rexistraron esta mañá en moitas zonas. O vento vira ao norte, como corresponde ao momento posterior ao paso dunha fronte. 29/10/13
Esta tarde vai ser soterrado o cazador de dezasete anos que morreu nunha batida de xabaríns o sábado en Lugo. A investigación sobre o caso ainda está en marcha pero todo parece indicar que se trata dun accidente // As vítimas galegas do terrorismo insisten en demandarlle ao goberno que non aplique a sentenza do tribunal dos dereitos humanos de Estrasburgo que anulou a denominada Doctrina Parot e posibilita a saída do cárcere de presos // Toda a costa galega está en alerta por mar de fondo con ondas que superan os cinco metros e poden chegar aos sete na provincia da Coruña. Tamén o vento soprou con forza no litoral norte. En Cedeira rexistrouse un refacho máximo de case 130 km por hora. 28/10/13
Toda a costa galega está en alerta por mar de fondo con ondas que superan os cinco metros e poden chegar aos sete na provincia da Coruña. Tamén o vento soprou con forza no litoral norte. En Cedeira rexistrouse un refacho máximo de case 130 km por hora // Esta tarde vai ser soterrado o cazador de dezasete anos que morreu nunha batida de xabaríns o sábado en Lugo. A investigación sobre o caso ainda está en marcha pero todo parece indicar que se trata dun accidente. De feito, o autor do disparo que, de rebote, lle causou a morte ao mozo, non está acusado // Logo dun mes de derrotas, e cuestionamento do sistema de Luis Enrique, o Celta conseguiu sair dos postos de descenso e fixoo cunha histórica goleada en Málaga. Gañou a domicilio por 5 goles a cero e ofrecendo unha exhibicion de futbol // O C.D. Lugo está facendo historia xornada tras xornada, e onte acadou primeira vez o segundo posto na segunda division, un lugar que o situa en postos de ascenso directo a Primeira. 28/10/13
Toda a costa galega está en alerta por mar de fondo con ondas que superan os cinco metros // Esta tarde vai ser soterrado o cazador de dezasete anos que morreu nunha batida de xabaríns // O Celta conseguiu sair dos postos de descenso e fixoo cunha histórica goleada en Málaga. 28/10/13
Situación complicada hoxe no mar como viamos. As chuvias que caeron sobre todo durante a noite volverán esta tarde. 28/10/13
A sentencia do xuízo polo afundimento do Prestige darase a coñecer dentro de poucos días. Será entre o 10 e o 15 de novembro, tal como acaba de adiantar o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galcia, durante o acto de inauguración do Ano Xudicial, na Coruña // O Centro de Transfusión de Galicia cumpre 20 anos. Dende que se creou incrementáronse un 66% as doazóns de sangue. En 2012 practicáronse 114.000 extraccións, a maioría nas 10 unidades móbiles que cada día percorren a nosa comunidade // O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e o portavoz nacional del BNG, Xavier Vence, mantiveron hoxe un primero encontro institucional. Era a sua primeira xuntanza, logo de que tivera lugar o relevo na dirección dos socialistas galegos. 25/10/13
O Centro de Transfusión de Galicia cumpre 20 anos. Dende que se creou incrementáronse un 66% as doazóns de sangue. En 2012 practicáronse 114.000 extraccións, a maioría nas 10 unidades móbiles que cada día percorren a nosa comunidade // O Secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, asegurou hoxe na Coruña que os corpos e forzas de seguridade van manter a vixilancia para que a saída de presos dos cárceres, propiciada pola anulación da denominada Doctrina Parot, non cause problemas nin preocupación ás víctimas dos delictos // Primeira reunion oficial entre o secretario xeral dos socialistas galegos, Jose Ramon Gomez Besteiro e o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. A xuntanza forma parte das que Gomez Besteiro está a ter con distintos grupos politicos e sociais, logo de ter sido elexido recentemente como o maximo responsable do PSde G en Galicia. 25/10/13
O Centro de Transfusión de Galicia cumpre 20 anos. Dende que se creou incrementáronse un 66% as doazóns de sangue // Primeira reunion oficial entre o secretario xeral dos socialistas galegos, Jose Ramon Gomez Besteiro e o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. 25/10/13
Seguimos con ceos grises pero con menos chuvia. Unha lixeira melloría que nos acompañará na primera metado da fin de semana. 25/10/13
Manifestacións nas principais cidades, cadrando coa folga no ensino contra os recortes e a reforma educativa. Os convocantes cifran entre un 80 e un 90% o seguemento na nosa comunidade. A Consellería de Educación rebáixao ata o 26%, no caso do profesorado // O paro diminuiu en Galicia en 11 mil persoas, no terceiro trimestre do ano e a cifra de desempregados sitúase agora algo por riba dos 277 mil. Son datos ofrecidos pola Enquisa de poboación activa que tamén son positivos en toda España onde o paro baixou o 1,2% // Unha única tarxeta incluirá o historial dos servizos sociais, coma residencias de maiores ou de dependencia, e os sanitarios. Unha reforma á que a Xunta destinará 8 millóns de euros. 24/10/13
Manifestacións nas principais cidades, cadrando coa folga no ensino contra os recortes e a reforma educativa. Os convocantes cifran entre un 80 e un 90% o seguemento na nosa comunidade. A Consellería de Educación rebáixao ata o 26%, no caso do profesorado // O paro diminuiu en Galicia en 11mil persoas, no 3º trimestre do ano e a cifra de desempregados sitúase agora algo por riba dos 277 mil. Son datos ofrecidos pola Enquisa de poboación activa que tamén son positivos en toda España onde o paro baixou o 1,2% // Unha única tarxeta incluirá o historial dos servizos sociais, coma residencias de maiores ou de dependencia, e os sanitarios. Unha reforma á que a Xunta destinará 8 millóns // Descubertos copiando nun examen con auriculares. A policía autonómica localizou a catro apuntadores que dende varios coches daban as respostas a doce aspirantes ao título de xestor de transportes de mercadorías e viaxeiros da Xunta. Unha fraude pola que pagaron ata cinco mil euros. 24/10/13
Manifestacións nas principais cidades, cadrando coa folga no ensino contra os recortes e a reforma educativa // O paro diminuiu en Galicia en 11 mil persoas, no terceiro trimestre do ano e a cifra de desempregados sitúase agora algo por riba dos 277 mil // Unha única tarxeta incluirá o historial dos servizos sociais, coma residencias de maiores ou de dependencia, e os sanitarios. 24/10/13
Nas próximas horas van seguir as precipitacións e o forte vento de componente sur. As choivas serán máis intensas na mitade sur pero logo iranse extendendo. 24/10/13
Os empresarios galegos e as cámaras de comercio destacan a importancia de que continúe existindo NovaGalicia Banco e de que a entidade siga a ter o seu centro de decisión en Galicia, sexa cal sexa o comprador // A Conselleira de Facenda confirmou hoxe no Parlamento que a economía galega medrará o ano que vén o cero coma oito por cento, dúas décimas por riba do previsto no pasado verán // A delimitación do Camiño Norte de Santiago que propón a Consellería de Cultura xerou as protestas de distintos colectivos, sobre todo nos concellos lugueses de Guitiriz, Friol e Baamonde. 23/10/13