O Xuiz que instrúe o sumario pola morte da nena Asunta Basterra mantén o segredo do sumario no que, segundo informacións ás que tivo acceso Televisiòn Española, se estaría investigando a unha terceira persoa coma colaborador necesario no asasinato da pequeña. O fiscal superior advirte contra os xuízos paralelos sobre o caso // O episodio de marea vermella que afectou ás rías galegas comeza a remitir. A situación mellorou nos bancos de ameixa e permitiu que as mariscadoras volveran ás praias. A maioría dos polígonos de mexillón, en cambio, seguen pechados á extracción // A Xunta aspira a lograr mobilizar 1.600 millons de euros nos proximos 6 anos en proxectos orientados á investigación e o desenvolvemento. Será dentro da chamada Estratexia de Especializacion Intelixente destinada a pedir fondos da Union Europa para eses fins. Tamén pretende que se instalen aqui centros de investigacion de grandes empresas. 07/11/13
O Xuiz que instrúe o sumario pola morte da nena Asunta Basterra mantén o segredo do sumario. O fiscal superior advirte contra os xuízos paralelos sobre o caso // O episodio de marea vermella que afectou ás rías galegas comeza a remitir // A Xunta aspira a lograr mobilizar 1.600 millons de euros nos proximos 6 anos en proxectos orientados á investigación e o desenvolvemento. 07/11/13
Hoxe recibimos unha nova borrasca, que nos deixará precipitacións a partir desta tarde. O agardado verán de San Martiño non chegará ata o luns e parece que vai ser fugaz. 07/11/13
Mes e medio despois da morte da nena Asunta Basterra, a investigación céntrase na posibilidade de que unha terceira persoa participara no crime. Supostamente teríase encargado de trasladar o cadáver. Os investigadores pensan que os pais planearon a morte porque non cadraba cos seus novos plans de vida // Un novo artefacto elaborado pola Universidade de Vigo será lanzado ó espazo, o próximo día 21. Será o punto de partida para una rede mundial de picosatélites, promovida pola ONU e a Axencia Espacial Europea, e vai permitir o intercambio de datos recollidos en distintos puntos de planeta para usos científicos e humanitarios // Pescanova é viable pero precisa urxentemente un acordo coa banca acreedora para diminuir o peso da débeda que a está a afogar. É a principal conclusión do Plan de Viabilidade para a multinacional galega elaborado pola consultora Pricewaterhouse. 06/11/13
Un novo artefacto elaborado pola Universidade de Vigo será lanzado ó espazo, o próximo día 21. Será o punto de partida para una rede mundial de picosatélites, promovida pola ONU e a Axencia Espacial Europea, e vai permitir o intercambio de datos recollidos en distintos puntos de planeta para usos científicos e humanitarios // Pescanova é viable pero precisa urxentemente un acordo coa banca acreedora para diminuir o peso da débeda que a está a afogar. É a principal conclusión do Plan de Viabilidade para a multinacional galega elaborado pola consultora Pricewaterhouse // O Banco Sabadell aspira a dobrar a súa cota de mercado en Galicia en tres anos. So pechará 15 oficinas. O Consello de Adminsitración e de Goberno do Banco estará en Barcelona, aínda que no futuro non descartan ter un Concello Consultivo con personalidades galegas. 06/11/13
Un novo artefacto elaborado pola Universidade de Vigo será lanzado ó espazo, o día 21 // Pescanova é viable pero precisa urxentemente un acordo coa banca acreedora para diminuir o peso da débeda que a está a afogar // O Banco Sabadell aspira a dobrar a súa cota de mercado en Galicia en tres anos. 06/11/13
Hoxe choveu menos, pero as borrascas que permanecen no Atlántico non permitiron que gocemos do anticiclón. 06/11/13
A Audiencia Provincial da Coruña deixa sen efecto a imputación do actual Presidente do ADIF e os seus dous últimos predecesores que foran citados a declarar polo Xuiz que instrúe o sumario polo accidente de tren do pasado verán en Santiago // O paro sube en Galicia por segundo mes consecutivo e a Seguridade Social perde máis de catro mil cincocentos afiliados. Na nosa comunidade o desemprego aumentou en outubro un 2,87%. Case sete mil cincocentas persoas quedaron sen emprego. 05/11/13
A Audiencia Provincial da Coruña deixa sen efecto a imputación do actual Presidente do ADIF e os seus dous últimos predecesores que foran citados a declarar polo Xuiz que instrúe o sumario polo accidente de tren do pasado verán en Santiago. A audiencia estimou o recurso presentado polo administrador ferroviario contra estas tres imputacións e outros 18 membros de varios consellos de administración do ente público // O paro sube en Galicia por segundo mes consecutivo e a Seguridade Social perde máis de catro mil cincocentos afiliados. Na nosa comunidade o desemprego aumentou en outubro un 2,87%. Case sete mil cincocentas persoas quedaron sen emprego // Malestar entre a comunidade universitaria polo recorte, co curso xa comezado, nas becas Erasmus que onte anunciaba o ministerio de educación. 05/11/13
A Audiencia Provincial da Coruña deixa sen efecto a imputación do actual Presidente do ADIF e os seus dous últimos predecesores // O paro sube en Galicia por segundo mes consecutivo e a Seguridade Social perde máis de catro mil cincocentos afiliados // Malestar entre a comunidade universitaria polo recorte, co curso xa comezado, nas becas Erasmus que onte anunciaba o ministerio de educación. 05/11/13
Amainou o temporal de chuvia e vento, que esta mañá xa non superou en ningún punto os 100 kilómetros por hora. A melloría notaráse algo mais mañá. 05/11/13
A Audiencia Provincial da Coruña desimputa a cinco altos responsables do ADIF que foran considerados coma imputados polo xuiz que instrúe o sumario polo accidente do Alvia en Santiago, o pasado 24 de Xullo // O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro e deixou as rochas ao descuberto, igual que estaban antes das labores de rexeneración // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche, na madrugada do domingo cando voltaban dunha festa por unha vía secundaria. 04/11/13
O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro e deixou as rochas ao descuberto, igual que estaban antes das labores de rexeneración. Na costa hai alerta amarela, ondas de máis de cinco metros e ventos que superan os 100 quilómetros por hora // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche, na madrugada do domingo cando voltaban dunha festa por unha vía secundaria, o parecer para escapar dos controis da garda civil. Outros tres ocupantes do coche resultaron feridos // Trafico fará durante esta semana controis especiais aos vehiculos de transporte escolar. Ademais de vixilar o cumprimento da normativa por parte de conductores e autobuses, os axentes farán fincapé no seguimento dos rapaces nos momentos de baixada e de subida ao vehiculo, porque son eses os mais perigosos da viaxe. 04/11/13
O temporal deixounos choiva, ventos e oleaxe e, na Coruña arrastrou a area da praíña do Matadoiro // Esta tarde son soterrados no concello coruñés de Oza-Cesuras os dous mozos mortos nun accidente de coche // Trafico fará durante esta semana controis especiais aos vehiculos de transporte escolar. 04/11/13
Os refachos de vento que notamos nas últimas horas e que viñeron acompañados de gran oleaxe na costa, van seguir ainda nas próximas. Seguirá tamén a chover ainda que con menor intensidade. Algo mais agradables son as temperaturas, que seguen mornas. 04/11/13
Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas. Serán principalmente traxectos curtos, sobre todo para visitar os camposantos // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais // O avogado de Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, insiste na necesidade de que se erga o segredo do sumario // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic, que concede o ministerio de cultura. O artista coruñés recíbeo pola novela grafica "ARDALÉN". 31/10/13
Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas. Serán principalmente traxectos curtos, sobre todo para visitar os camposantos. As autoridades de tráfico teñen en marcha o dispositivo acaído para velar pola seguridade // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais. É un dato ofrecido hoxe no Consello da Xunta que tamén estudou a nova lei de espectáculos que vai entrar en funcionamento a principios do ano que vén // O avogado de Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, insiste na necesidade de que se erga o segredo do sumario e califica de "linchamento" da súa cliente algunhas das informacións que se están a publicar, pese á estar o sumario declarado secreto // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic, que concede o ministerio de cultura. O artista coruñés recíbeo pola novela grafica "ARDALÉN". É o terceiro galego distinguido este ano cun premio nacional. 31/10/13
Medio millón de vehículos saen estes días ás estradas galegas // As forzas de seguridade detiveron, no que vai de ano, a 171 persoas por provocar incendios forestais // MiguelAnxo Prado acaba de ser galardonado co Premio Nacional de Comic. 31/10/13
Hoxe temos ceos anubrados e mesmo algunha precipitación no litoral atlántico. Parece que de cara á ponte de Tódolos Santos, na que moitos terán previstos desprazamentos e saídas, non nos imos librar da chuvia. Amplíanos esta información o noso compañeiro Martín Barreiro. 31/10/13
A Xunta está a elaborar unha norma para deixar exentos do imposto de sucesións e doazóns o traspaso de fincas agrícolas. Anunciouno o Presidente do Goberno Galego no Parlamento onde tamén asegurou que o Porto Exterior de Ferrol comezará a operar a principio do ano que vén // A Factoría de ELNOSA terá que estar fora da súa actual ubicación, na ría de Pontevedra no 2017. Así consta no acordo asinado hoxe pola empresa coa Xunta e que prorroga a autorización ambiental que lle caducaba á factoría o próximo 6 de xaneiro. 30/10/13