Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O xuíz Vázquez Taín estuda a data para unha reconstrución dos feitos que desencadearon a morte de Asunta Basterra.Tamén chamará a testificar ao home ao que se lle atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta // "Canceliñas" volve ao cárcere logo de ser detido en Redondeda. Durante un permiso carcerario estivo presuntamente implicado nun tiroteo no Porriño, o atraco a varias gasolineiras no Baixo Miño e o secuestro dun médico en Portugal // Xunta e concellos acordan aprazar ao mes de xullo a suba do canón de tratamento do lixo na planta de Sogama. Será unha suba do 34%, non aplicable a partir de xaneiro como prevía a Xunta // A partir do luns os médicos galegos comezarán a pasar consulta tamén por teléfono. Hai que chamar ao centro de saúde e deixar un número de contacto. O médico de cabeceira devolverá a chamada // Debi galego mañá en Segunda. Deportivo e Lugo medirán as súas forzas en Riazor A última vez que o fixeron en Terceira División, na tempada 74-75. 29/11/13

Xunta e concellos acordan aprazar a xullo a suba do canón de tratamento do lixo na planta de Sogama.Será unha suba do 34%, non para aplicala o 1 de xaneiro como a Xunta previa // Os pais de alumnos galegos poderán controlar cualificacións, faltas de asistencia e de conduta dos seus fillos por teléfono móbil. Será coa aplicación Abalar Móbil, dispoñible gratuitamente // Mañá o fútbol galego vivirá un derbi inédito en Segunda. Deportivo e Lugo enfrontaranse en Riazor, despois de telo feito en Terceira División, na tempada 74-75. 29/11/13

Detido en Redondela o Canceliñas, que estaba sendo buscado desde que o día sete secuestrou a un médico portugués, que finalmente foi liberado // A denuncia dunha muller de orixe nixeriana en Vigo permite liberar a dous nenos que usaban como reféns para prostituir ás súas nais // Barreras vai recibir a visita dunha delegación de Pemex, para tratar sobre a construcción en Vigo de barcos para petroleira mexicana. 28/11/13

Rosario Porto e Alfonso Basterra comparecen de novo ante o xuíz sobre a morte da sáu filla Asunta. É a primeira vez que o fan desde que coñecen o contido da instrucción // 200 cargos do PP de Ferrolterra piden ante a sede da Sepi carga de traballo para o estaleiro público de Navantia // A Xunta aproba presentar propostas ao plan estratéxico de Navantia, pedindo máis carga de traballo // Galicia sae da recesión técnica ao medrar a economía unha décima no terceiro trimestre // A Universidade de Santiago suspende cautelarmente de docencia a un profesor da Facultade de Ciencias da Educación, ao que os alumnos denunciaron por homofobia // O escritor peruano Jorge Eduardo Benavides gaña o premio Torrente Ballester con EL ENIGMA DEL CONVENTO. O premio, convocado pola Deputación da Coruña, está dotado con 25.000 euros e a edición da obra // Algunhas das mellores copias de códices medievais expóñense en Vigo, como a reprodución facsímil da Biblia de San Luis, que tardaron seis anos en pintar. 28/11/13

Nova declaración dos pais da nena Asunta ante o xuíz que leva o caso. É a primeira vez que o fan desde que coñecen o contido da instrucción // 200 cargos do Partido Popular de Ferrolterra piden ante a sede da Sepi carga de traballo para o estaleiro público de Navantia // A Xunta aproba presentar propostas ao plan estratéxico de Navantia, pedindo máis carga de traballo //Galicia sae da recesión técnica ao medrar a economía unha décima no terceiro trimestre. É a primeira vez, desde 2011, que o PIB medra sobre o trimestre anterior // A Universidade de Santiago suspende cautelarmente de docencia a un profesor da Facultade de Ciencias da Educación, ao que os alumnos denunciaran por homofobia // Jorge Eduardo Benavides gaña o Torrente Ballester con EL ENIGMA DEL CONVENTO. O premio, convocado pola Deputación da Coruña, está dotado con 25.000 euros. 28/11/13

A compra de Barreras por Pemex abre a porta a construír un flotel e máis contratos // Desafiazada da súa vivenda na Coruña unha muller por impago de aluguer // Unha empresa ourensá anima a cultivar oliveiras cunha alta rendabilidade. Comprométese a recoller todas as olivas de produción, para destinalas a aceite. 27/11/13

Barreras e as empresas auxiliares preven que a compra do 51% do estaleiro pola mexicana Pemex se traducirá na construcion dun buque flotel e noutros contratos. En México seguen os contactos de Pemex e Barreras con armadores americanos para negociar outros acordos // A Xunta vaille pedir a Navantia que nos plans de empresa diferencie os estaleiros públicos pola súa rendabilidade o que, segundo a Xunta, favorecería aos de Ferrol // Desafiuzada da súa vivenda na Coruña Elisabeth Sanlés polo impago do aluguer. A muller encadeouse á fiestra do piso. 6 persoas que a apoiaban foron detidas. Elisabeth, nai de 3 fillos menores, tratará de conseguir agora unha vivenda a través dos servizos sociais // Unha empresa ourensá explica como facer un cultivo intensivo de oliveiras cunha alta rendabilidade // Os mellores sopradores de vidro son de Centroeuropa. O museo de Pontevedra expón 400 pezas, "Soplos de Nadal", con todos os elementos típicos de Nadal. 27/11/13

Barreras e as empresas auxiliares preven que a compra do 51% do estaleiro pola mexicana Pemex se concretará na construcion dun buque flotel, e noutros contratos. En México seguen os contactos con armadores americanos para negociar outros acordos // Desafiuzada da súa vivenda na Coruña Elisabeth Sanlés polo impago do aluguer. A muller encadeouse á fiestra do piso, e contou co apoio de membros de Stop Desahucios, pese ao cal foi desaloxada. Seis persoas foron detidas // Unha empresa ourensá explica como facer un cultivo intensivo de oliveiras cunha alta rendabilidade. A firma comprometese a recollerlles todas as olivas para destinalas a aceite. 27/11/13

Dous mil traballadores do naval de Ferrol piden carga de traballo ante o Parlamento galego.

A muller acusada de matar á filla en Lalín, hai tres anos, autoincúlpase de tela golpeado cunha maza de ferro na cabeza mentres durmía e de queimar a casa.

O home máis vello de Galicia celebra 107 anos, con boa saúde e boa memoria. (26/11/13)

Actos no día contra a violencia de xénero. Marta conseguiu denunciar a sáa parella e empezar unha nova vida.

O sesenta por cento das mozas din que reciben insultos machistas de parellas e amigos a través do móbil.

Un de cada cinco menores sufre abuso sexual e só un dez por cento é capaz de denuncialo. En Galicia o teléfono da infancia recibe cada ano unhas 1.500 chamadas. (25/11/13)

1.500 alumnos de institutos de Vigo forman un tapiz con carteis alertando sobre a violencia de xenero. A luguesa Marta conseguiu armarse de valor, denunciar a sua parella e empezar unha nova vida.

A violencia de xénero tamén se da entre oz mozos. O sesenta por cento das mozas din que reciben insultos machistas de parellas e amigos no teléfono móbil.

Un de cada cinco menores sufre abuso sexual e só un dez por cento é capaz de denuncialo. En Galicia o teléfono da infancia recibe cada ano unhas 1.500 chamadas. A maioría por abandono ou maltrato.

Iníciase o debate dos orzamentos, dos que a conselleira de Facenda asegura que farán que 2014 sexa o ano da recuperación económica, cun crecemento do 0,8% e a reducion do paro ata o 21,7%. A oposición din que están supeditadas ao pago da débeda e que volven recurtar servizos.

O Celta volve deixar fuxir unha clara vantaxe no marcador e coa sua derrota en Anoeta complica a sua situacion clasificatoria. En Segunda o Deportivo é líder en solitario tras derrotar á Ponferradina. O Lugo deixa o segundo posto tras ser derrotado na casa polo Sporting de Xixón. (25/11/13)

1.500 alumnos de institutos de Vigo forman un tapiz con carteis alertando sobre a violencia de xenero. A luguesa Marta conseguiu armarse de valor, denunciar a sua parella e empezar unha nova vida.

A violencia de xénero tamén se da entre oz mozos. O sesenta por cento das mozas din que reciben insultos machistas de parellas e amigos no teléfono móbil.

Un de cada cinco menores sufre abuso sexual e só un dez por cento é capaz de denuncialo. En Galicia o teléfono da infancia recibe cada ano unhas 1.500 chamadas. A maioría por abandono ou maltrato. (25/11/13)

Temen perder 2.300 empregos no naval de Ferrol cos novos plans de Navantia.

Peluches novos onde na pista onde Asunta apareceu morta, hai hoxe dous meses.

Alertan do incremento de violencia machista nas parellas de adolescentes. (22/11/13)

Os traballadores do naval de Ferrol temen unha redución de 2.300 empregos cos novos plans de Navantia. A Consellería de Industria insiste en pedir responsabilidades ao estaleiro público de Navantia para que consiga contratos. A oposición pídelle á Xunta que presione máis á empresa.

Colocan novos peluches onde apareceu o cadáver de Asunta ao facer hoxe dous meses de atopar alí o seu corpo sen vida. O avogado da nai asegura que esta vai colaborar coa Xustiza.

42 mulleres morreron en Galicia nos últimos dez anos a mans dos seus maridos ou compañeiros. Alertan do incremento da violencia contra as mulleres entre as parellas de adolescentes. (22/11/13)

Ante a posibilidade dunha reconversión naval de Ferrol, a Consellería de Industria reclámalle responsabilidades a Navantia para que consiga contratos. A oposición pídelle á Xunta que aumente a presión sobre a empresa. Os traballadores temen perder 2.300 empregos.

Os xulgados galegos poderán tomarlle declaración a persoas que están no cárcere a través de videoconferencia. Tamén se poderán facer así outros trámites, para aforrar tempo e gañar en seguridade.

Colocan novos peluches onde apareceu o cadáver de Asunta ao cumprirse hoxe dous meses de atopalo alí. O avogado da nai asegura que esta vai colaborar coa Xustiza.

42 mulleres morreron en Galicia na última década a mans dos seus maridos ou compañeiros.Alertan sobre o incremento da violencia contra as mulleres entre as parellas de adolescentes, favorecido pola alta influencia neles das redes sociais e as novas tecnoloxías

Manuel Ríos naceu sen brazos e ten afectada a columna vertebral, pese ao cal esta tarde convertirase en piloto de rallies. Xa sabe o que é ser copiloto pero hoxe será el o condutor no campionato de España. Antes tivera que convencer a Tráfico de que podía sacar o carné de conducir.

Dende 2004 as adopcións internacionais baixaron bruscamente en Galicia, pola crise e as reformas legais en China ou Rusia. Expertos debaten hoxe e mañá sobre adopcións en Pontevedra e a subrogación ou ventre de aluguer, prohibida en España. (22/11/13)

Os pais de Asunta decidiron matala estando Rosario Porto hospitalizada por ansiedade.

A Xunta aproba axudas para as familias numerosas e para contratar profesionais que busquen exportar.

Fin ao exame teórico de conducir con test de papel e bolígrafo. Faráse con pantallas táctiles. (21/11/13)