A Chegada da petroleira PEMEX ao accionariado do estaleiro Barreras, de Vigo, asegúralle traballo para os próximos anos. Hoxe anunciouse que a empresa mexicana construirá nas instalacións viguesas 5 buques. Ademáis tamén se podería coñecer en breve a adxudicación do flotel para a petroleira // Esta tarde coñeceranse as ofertas para mercar NovaGalicia Banco. As seis remata o prazo dado polo Frob para presentalas. Se unha delas é moi superior ás outras, será aceptada. Se non haberá unha poxa, antes de fin de ano // A candidata numero dous de AGE por Ourense Carmen Iglesias tomou posesion do escano, en substitucion de David Fernandez Calviño, que deixara o parlamento para traballar en Dinamarca. 16/12/13
A Chegada da petroleira PEMEX ao accionariado do estaleiro Barreras, de Vigo, asegúralle traballo para os próximos anos. Hoxe anunciouse que a empresa mexicana construirá nas instalacións viguesas 5 buques. Ademáis tamén se podería coñecer en breve a adxudicación do flotel para a petroleira // Esta tarde remata o prazo para a presentación de ofertas de compra de NovaGalicia Banco // Se unha delas é moi superior ás restantes, xa se quedará coa entidade galega. Se hai empate, haberá poxa, antes de fin de ano, entre as tres mellores para ver cal se fai co que foran as caixas de aforros // Medio cento de camións protestan, cunha marcha lenta pola cidade de Santiago, contra a suba do imposto dos carburantes. 16/12/13
A Chegada da petroleira PEMEX ao accionariado do estaleiro Barreras, de Vigo, asegúralle traballo para os próximos anos // Esta tarde remata o prazo para a presentación de ofertas de compra de NovaGalicia Banco // Medio cento de camións protestan, cunha marcha lenta pola cidade de Santiago, contra a suba do imposto dos carburantes. 16/12/13
E hoxe chegan as nubes a Galicia, que a partir da noite deixarán choivas en toda a comunidade. 16/12/13
O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, augúralle ao referendum plantexado polo Presidente da Generalitat de Cataluña un futuro similar, dixo, ao destino que tivo o Plan Ibarreche // O Portaavións Príncipe de Asturias foi dado de baixa na Armada, nun acto que tivo lugar, a primeira hora desta tarde en Ferrol. Agora será desguazado, se non se logra venderllo a outro país // O Instituto galego de consumo pón a disposiciòn dos consumidores un simulador informático para entender o recibo da luz e as empresas utilizan intensivamente a electricidade avisan de dificultades, se sigue subindo o prezo, que supon o seu principal custe. 13/12/13
O Instituto galego de consumo pón a disposición dos consumidores un simulador informático para entender o recibo da luz e as empresas que usan intensivamente a electricidade, avisan de dificultades se sigue subindo o prezo, que supon o seu principal custe // Alberto Núñez Feijóo augúralle ao seu homólogo Artur Mas, tralo anuncio da consulta independentista en Cataluña, o mesmo futuro que Ibarretxe // A Armada Española despide arestora en Ferrol ao portaavións "Príncipe de Asturias". O que fora buque insignia da Marina nos anos noventa causa baixa tras 25 anos de servizo. 13/12/13
O Instituto galego de consumo pón a disposiciòn dos consumidores un simulador informático para entender o recibo da luz // Alberto Núñez Feijóo augúralle ao seu homólogo Artur Mas, tralo anuncio da consulta independentista en Cataluña, o mesmo futuro que o de Ibarretxe // A Armada Española despide arestora en Ferrol ao portaavións "Príncipe de Asturias". 13/12/13
Volveu a choiva case un mes despois. A medida que avance o dia os chuvascos serán mais intensos. En calquera caso, mañá volve o sol. 13/12/13
Declara por videoconferencia o home ao que se atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta Basterra. Os pais da pequena, acusados do asasinato, pediron personarse contra el // O Presidente da Xunta desmentiu hoxe tallantemente os plans de privatización da sanidade que lle apoñen os convocantes da folga dos días pasados // A Ministra de Fomento, Ana Pastor, confirma que o seu departamento está a estudar novos sistemas de suxección das equipaxes nos trens para evitar que sexan un perigo, tal como sucedeu no descarilamento do alvia, este verán, en Angrois. 12/12/13
Declara por videoconferencia o home ao que se atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta Basterra. Os pais da pequena, acusados do asasinato, pediron personarse contra el // O Presidente da Xunta desmentiu hoxe tallantemente os plans de privatización da sanidade que lle apoñen os convocantes da folga dos días pasados // Foi na rolda de prensa posterior a un Consello que convocou 47 novas prazas de reforzo da inspección fiscal // Segue activo, aínda que estabilizado, o lume que leva arrasadas 300 hectáreas no parque natural do Xurés. Mentres apagaban un conato no camping de Aldán, en Pontevedra, atoparon o cadáver calcinado dun home. Sospeitan que foi el quen provocou o lume, cun cigarro. 12/12/13
Declara por videoconferencia o home ao que se atribúe a mancha de seme que apareceu na camiseta de Asunta Basterra // O Presidente da Xunta desmentiu hoxe tallantemente os plans de privatización da sanidade que lle apoñen os convocantes da folga dos días pasados // Segue activo, aínda que estabilizado, o lume que leva arrasadas 300 hectáreas no parque natural do Xurés. 12/12/13
Mudou o tempo e hoxe os ceos amanceron con nubes. De momento non deixaron chuvia. As nubes desta mañá en Lugo fixeron subir as temperaturas. 12/12/13
A Xunta pón en marcha unha oficina destinada a asesorar e facilitar os trámites para a creación de novas empresas.
Mañá mesmo abrirá as súas portas e Disporá de 10 millóns de euros para facer realidade os proxectos.
O incendio declarado no Parque Natural do Xurés, na provincia de Ourense, queimou máis de 300 hectáreas. O lume continúa activo anque sen risco para as vivendas.
A Consellería de Educación vai convocar o ano que vén un cento de prazas de profesores para o ensino medio.
A convocatoria vai ser notificada, agora, na Mesa Sectorial de Educación e non inclúe oferta para o nivel de primaria. (11/12/13)
O incendio declarado no Parque Natural do Xurés, na provincia de Ourense, queimou máis de 300 hectáreas. O lume continúa activo anque sen risco para as vivendas
Máis de 54 mil familias galegas conseguen cada ano ingresos gracias á venda de madeira. Un sector que factura anualmente, na nosa comunidade uns 1.700 millóns de euros.
Dende o sector piden medidas para potenciar a súa industrialización e superar problemas coma o minifundismo do monte, aproveitando que se celebra a semana forestal europea.
Inditex segue sumando beneficios. Neste ano 1.674 millóns de euros, un 1% máis ca en 2012. O grupo textil galego ,o maior do mundo, vende máis e segue a medrar. (11/12/13)
O incendio declarado no Parque Natural do Xurés queimou máis de 300 hectáreas.
Máis de 54 mil familias galegas conseguen cada ano ingresos gracias á venda de madeira.
Inditex segue sumando beneficios. Neste ano 1.674 millóns de euros, un 1% máis ca en 2012. (11/12/13)
As borrascas que se achegan polo Atlántico traen ventos do sur e nubes, que tamén fixeron que as xeadas fosen máis febles e illadas que nestes días pasados. (11/12/13)
O avogado da defensa da nai da nena Asunta Basterra volve pedir a posta en liberdade da súa cliente para evitarlle, di, problemas de saúde // Hoxe declararon no xulgado policías que falaran con testemuñas. O letrado defensor da nai, acusada do asasinato, di que cambiaron a súa versión inicial // Gas Natural baralla encargarlle a Navantia a construcción dun buque semellante aos outros catro que lle contratou a estaleiros asiáticos. Os traballadores de Ferrol acollen a noticia con cautela // Unha operación policial dirixida desde Vilagarcía de Arousa permite desmantelar en Valladolid o primeiro centro de producción de heroína descuberto en España. Tres dos nove detidos son arousáns, entre eles Yolanda Charlín, sobriña do patriarca do clan dos Charlíns. 10/12/13
Gas Natural baralla encargarlle a Navantia a construcción dun buque semellante aos outros catro que lle contratou a estaleiros asiáticos. Os traballadores de Ferrol acollen a noticia con cautela // O avogado da defensa da nai da nena Asunta Basterra volve pedir a posta en liberdade da súa cliente para evitarlle, di, problemas de saúde. Hoxe declararon no xulgado policías que falaran con testemuñas. O letrado defensor da nai, acusada do asasinato, di que cambiaron a súa versión inicial // Unha operación policial dirixida desde Vilagarcía de Arousa permite desmantelar en Valladolid o primeiro centro de producción de heroína descuberto en España. 10/12/13
As temperaturas mínimas foron esta noite algo máis altas. As prediccións apuntan a que a situación meteorolóxica cambiará nos próximos días. 10/12/13
Gas Natural baralla encargarlle a Navantia a construcción dun buque semellante aos outros catro que lle contratou a estaleiros asiáticos // O avogado da defensa da nai da nena Asunta Basterra volve pedir a posta en liberdade da súa cliente para evitarlle, di, problemas de saúde // Unha operación policial dirixida desde Vilagarcía de Arousa permite desmantelar en Valladolid o primeiro centro de producción de heroína descuberto en España. 10/12/13