Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia está a sofrir as consecuencias do forte temporal con centro nas Illas Británicas.

Aquí traerá intensas choivas e fortes ventos polo que está decretada a alerta laranxa na provincia da Coruña .Na costa noroeste desta provincia, o aviso será vermello a partir da media noite porque se agardan ventos de ata 130 km/hora.

Os afortunados aos que lles tocou a lotería do nadal viven hoxe un día de celebración e cálculos. A localidade pontevedresa do Rosal foi a máis beneficiada, ao ver premiados dez décimos do gordo, logo dun ano no que se vira afectada por incendios e participacións preferentes. (23/12/13)

O tempo empeora, como lles adiantamos ao inicio.

Chega unha fronte moi activa que vai provocar fortes ventos e precipitacións e que elevará o nivel de alerta a vermello, na costa, onde se prevén ondas de máis de 8 metros. (23/12/13)

Galicia está a sofrir as consecuencias do forte temporal con centro nas Illas Británicas.

Os afortunados aos que lles tocou a lotería do nadal viven hoxe un día de celebración e cálculos.

O Conselleiro de Economía pídelle a Navantia que presente un proxecto competitivo, en calidade e prezo. (23/12/13)

Galicia está a sofrir as consecuencias do forte temporal con centro nas Illas Británicas.

Aquí traerá intensas choivas e fortes ventos polo que está decretada a alerta laranxa na provincia da Coruña .Na costa noroeste desta provincia, o aviso será vermello a partir da media noite porque se agardan ventos de ata 130 km/hora.

Os afortunados aos que lles tocou a lotería do nadal viven hoxe un día de celebración e cálculos. A localidade pontevedresa do Rosal foi a máis beneficiada, ao ver premiados dez décimos do gordo, logo dun ano no que se vira afectada por incendios e participacións preferentes.

O Conselleiro de Economía pídelle a Navantia que presente un proxecto competitivo, en calidade e prezo, para optar á construcción de compoñentes para o megaparque enerxético que Iberdrola vai instalar no Mar do Norte. Díxoo no asinamento dun convenio que permitirá seguir traballando en Galiica ós investigadores do CSIC. (23/12/13)

Empeza a escenificarse o relevo na propiedade e tamén na dirección de NovaGalicia Banco. O novo propietario da entidade, o Presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, mantivo hoxe na Coruña as primeiras reunións de traballo cos, ata agora, xestores do banco resultante da fusión das caixas // O Xuiz que investiga o descarrilamento do tren en Angrois pidelle máis documentación o Adif // Requirelle información adicional sobre estudios e informes do sistema de frenado ASfa así como dos sinais temporais de limitación de velocidade // Anímanse as vendas nas administracións de lotaría nestas horas previas ao Sorteo de Nadal, o máis importante do ano. En Galicia, gastaremos algo menos ca o ano pasado, cunha media consignada por habitante de case 60 euros. 20/12/13

Empeza a escenificarse o relevo na propiedade e tamén na dirección de NovaGalicia Banco. O novo propietario da entidade, o Presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, mantivo hoxe na Coruña as primeiras reunións de traballo cos, ata agora, xestores do banco resultante da fusión das caixas // Anímanse as vendas nas administracións de lotaría nestas horas previas ao Sorteo de Nadal, o máis importante do ano. En Galicia, gastaremos algo menos ca o ano pasado, cunha media consignada por habitante de case 60 euros // O alcalde da localidade coruñesa de Teo, Martiño Noriega, dimite como coordinador nacional de Anova. 20/12/13

Empeza a escenificarse o relevo na propiedade e tamén na dirección de NovaGalicia Banco // A actual cúpula directiva abandonará a entidade, unha vez realizado o relevo, coa chegada dos novos propietarios // Anímanse as vendas nas administracións de lotaría nestas horas previas ao Sorteo de Nadal, o máis importante do ano. 20/12/13

As choivas de onte deron paso a ceos despexados esta pasada noite polo que foi unha mañá moi fría en moitos puntos de Galicia. A xeada deixou estampas brancas coma estas en Santiago, sobre todo, no interior. 20/12/13

O sector bancario galego deu un importante xiro, nas últimas horas, logo de que o venezolano Banesco adquirise NovaGalicia Banco.

O banco venezolano faise co galego, resultante da fusión das caixas, por algo máis de mil millóns de euros dos que aboará 400 cando se formalice a operación e o resto, ao longo de catro anos.

O consello da xunta aproba unha oferta de emprego publico na sanidade. Serán un total de 165 novas prazas, das que 40 son para medicos de atencion primaria e o resto para persoal de enfermaria.

Para esta tarde está previsto que a nai da nena asasinada en Santiago participe na reconstrucción xudicial do sucedido na tarde do crime. (19/12/13)

O sector bancario galego deu un importante xiro, nas últimas horas, logo de que o venezolano Banesco adquirise NovaGalicia Banco.

O banco venezolano faise co galego, resultante da fusión das caixas, por algo máis de mil millóns de euros dos que aboará 400 cando se formalice a operación e o resto, ao longo de catro anos.

O consello da xunta aproba unha oferta de emprego publico na sanidade. Serán un total de 165 novas prazas, das que 40 son para medicos de atencion primaria e o resto para persoal de enfermaria.

Para esta tarde está previsto que a nai da nena asasinada en Santiago participe na reconstrucción xudicial do sucedido na tarde do crime. (19/12/13)

O sector bancario galego deu un importante xiro, nas últimas horas, logo de que o venezolano Banesco adquirise NovaGalicia Banco.

O consello da xunta aproba unha oferta de emprego publico na sanidade.

Para esta tarde está previsto que a nai da nena asasinada en Santiago participe na reconstrucción xudicial do sucedido na tarde do crime. (19/12/13)

O Presidente da Xunta anunciou un complemento de 206 euros para as pensións non contributivas. Foi no Pleno do Parlamento onde asegurou estar "bastante tranquilo" acerca da posibilidade de que se poida manter unha entidade financeira galega trala poxa de Novagalicia Banco // Satisfacción entre os pescadores galegos co acordo europeo que concede máis cota de pescada, de xarda e de lirio para a frota española en 2014. Os barcos do Gran Sol poderán capturar case un 50% máis de pescada. En cambio, no xurelo, a frota de baixura deberá reducir nun 26% as capturas // A partir do 1 de xaneiro, a peaxe das autoestradas estatais vai custarnos un 1,85% máis. En Galicia aféctalle á AP-9 entre Ferrol e Tui e á AP-53 que une Santiago e Lalín. 18/12/13

Satisfacción entre os pescadores galegos co acordo europeo que concede máis cota de pescada, de xarda e de lirio para a frota española en 2014. Os barcos do Gran Sol poderán capturar case un 50% máis de pescada. En cambio, no xurelo, a frota de baixura deberá reducir nun 26% as capturas // O Presidente da Xunta anunciou un complemento de 206 euros para as pensións non contributivas. Foi no Pleno do Parlamento onde asegurou estar "bastante tranquilo" acerca da posibilidade de que se poida manter unha entidade financeira galega trala poxa de Novagalicia Banco // A última construcción de Navantia en Ferrol, o casco do buque Adelaide, viaxa xa cara Autralia para ser rematado e entregado á armada de aquel país. O cargueiro que o transporta partiu a noite pasada de Vigo, adiantándose ao previsto. Nunha semana o Adelaide foi embarcado na ría viguesa e asegurado para unha travesía que durará case dous meses. 18/12/13

Satisfacción entre os pescadores galegos co acordo europeo que concede máis cota de pescada, de xarda e de lirio para a frota española en 2014 // O Presidente da Xunta anunciou un complemento de 206 euros para as pensións non contributivas // A última construcción de Navantia en Ferrol, o casco do buque Adelaide, viaxa xa cara Autralia para ser rematado e entregado á armada de aquel país. 18/12/13

Satisfacción en Vigo pola carga de traballo que vai supor para os estaleiros e todo o sector do metal da comarca a construcción dos 5 buques que a petroleira mexicana Pemex anunciou tras a súa entrada en Barreras // Agárdase que xeren 4.000 empregos

O FROB estuda xa as ofertas recibidas para facerse con Novagalicia Banco. Son 3 grandes bancos españois e un venezolano, e dúas sociedades de investimento // Unha das asociacións de vítimas do descarrilamento do Alvia en Santiago, o pasado verán, manifestouse hoxe en Madrid para pedir unha comisión de investigación sobre o sinistro no congreso dos deputados. 17/12/13

Xusto a tempo para o Nadal. A vieira fresca galega chegará nunhas horas aos mercados tralo levantamento da veda. Uns 30 barcos de Arousa saen á captura do bivalbo, coa previsión de recoller tres mil kilos diarios. O cupo aumentará, se o mercado responde. Os pedidos, por centos, chegan de tódolos puntos de España // Comeza a votación das máis de 1.200 enmendas presentadas polos grupos da oposicion a estas contas, que prevén 8.300 millóns de euros de gasto en 2014. O PP anunciara a intencion de non aceptar esas emendas e di que son os orzamentos da recuperacion, por prever un crecemento economico do 0,8%. A oposicion pedia incrementar o gasto pola via de impostos ás rendas altas // O celta paga moi cara a inxusta expulsión de Charles en Valladolid. Acabou perdendo por 3-0 ante un rival directo na permanencia. Pese a esa circunstancia o técnico celeste non quixo por excusas e ainda que asegurou que a expulsion tivera influencia recoñeceu que o Valladolid fora superior. 17/12/13

Xusto a tempo para o Nadal. A vieira fresca galega chegará nunhas horas aos mercados tralo levantamento da veda // Comeza a votación das máis de 1.200 enmendas presentadas polos grupos da oposicion a estas contas, que prevén 8.300 millóns de euros de gasto en 2014 // O celta paga moi cara a inxusta expulsión de Charles en Valladolid. Acabou perdendo por 3-0. 17/12/13