Choivas no norte e frío, que en lugares como Verín chega a menos tres graos. (21/11/13)
O sumario do caso Asunta di que os pais acordaron matala tres meses antes do asasinato, para o que a drogaron durante tres meses. Acordárono durante a hospitalización de Rosario Porto por unha crise de ansiedade.
A Xunta confirma que recorre a sentenza do Prestige. Anunciouno Núñez Feijóo nun Consello que aprobou axudas para familias numerosas e para empresas que contraten profesionais dedicados á buscar exportacións.
Adeus ao exame teórico tipo test con bolígrafo e papel. Faise agora nunha pantalla táctil. (21/11/13)
Segundo o sumario do caso Asunta, os pais acordaron matala tres meses antes do asasinato e durante ese tempo drogárona, supostamente, para probar a dose de ansiolíticos que ían utilizar. O día do crime, Alfonso Basterra drogouna Asunta e Rosario Porto asfixiouna.
Mariano Rajoy dise satisfeito pola sentenza do Prestige porque, manifesta, recoñeza que a acción do goberno contra a marea negra, que el dirixiu, foi a correcta.
A Xunta confirma a presentación dun recurso propio contra a mesma sentenza. Anunciouno Núñez Feijóo nun Consello que aprobou axudas para familias numerosas e para empresas que contraten profesionais dedicados á buscar exportacións.
Preocupación no naval e sobre todo en Navantia Ferrol ante a falta de contratos, a posible construción en Asia de catro gaseiros aos que optaba e a afirmación inicial do ministro de industria de que Galicia só faría un dos dous floteis en proxecto.José Manuel Soria engadiu logo que serán dous os floteis e o Núñez Feijóo apremia a Navantia a que consiga contratos.
Estrela Michelin para un restaurante da Coruña só un ano despois de abrir. Luis Veira xa conseguira outra estrela noutro restaurante coruñés.
Adeus ao exame teórico de conducir, o test con bolígrafo e papel. O novo faise nunha pantalla táctil.Hoxe estréase na provincia de Pontevedra. (21/11/13)
Rosario Porto foi quen matou a filla, axfixiándoa. O pai, Alfonso Basterra, suministroulle o ansiolítico para adormecela.
Estudantes protestan con a Lei Wert.
Nunca Máis recorrerá a sentenza do Prestige. (20/11/13)
Foi a nai, Rosario Porto,quen matou, axfixiándoa, á súa filla Asunta despois de que esta adormecera cun ansiolítico que lle suministrou o pai, Alfonso Basterra. Este seria o autor intelectual, e Rosario Porto a executora, segundo o sumario do caso.
O Ministro de interior dixo que confía no labor das forzas de seguridade para o bo esclarecemento do caso Asunta. Díxoo ao visitar a Academia Galega de Seguridade, na que se forman policías adscritos á Xunta de Galicia, dedicados sobre todo á investigación de incendios e furtivismo .
Manifestacións na rúa e folga nas aulas de estudantes de ensino medio e da universidade contra a Lei Wert, cadrando coa aprobación hoxe coa votación no Senado. En Ferrol, aos estudantes uníronse traballadores do naval.
Nunca Máis vai recorrer a sentenza absolutoria do vertido do Prestige. Considera que hai que esclarecer responsabilidades. A Avogacía do Estado tamén vai recorrer, nese caso, contra a absolución do capitán.
Os galegos separamos os residuos por debaixo da media de España. Mellorar a recollida selectiva podería supoñer beneficios de máis de dous millóns de euros para o conxunto dos concellos galegos.
Lugo acolle ata o venres un festival de danza xaponesa experimental e alternativa, o Butoh. Os espectáculos son con entrada de balde. (20/11/13)
Foi a nai, Rosario Porto, a que a matou á súa filla Asunta, axfixiándoa cando a pequena estaba adormecida polo efecto dun ansiolítico suministrado polo pai, Alfonso Basterra. Este seria o autor intelectual, e Rosario Porto a executora, segundo figura no sumario do caso .
Estudantes de ensino medio e universitarios protestan contra a Lei Wert. As manifestacións ían acompañadas de folga nas aulas.
Nunca Máis anuncia que vai recorrrer a sentenza absolutoria por delito medio ambiental do vertido do Prestige. A Avogacía do Estado tamén vai recorrer, nese caso, contra a absolución do capitán. (20/11/13)
Baixaron as temperaturas, en Lalín 4 graos baixo cero. (20/11/13)
Protesta dos traballadores dos estaleiros ferroláns pedindo carga de traballo // Chegan aos mercados as primeiras centolas, entre 18 e 6 euros o quilo // Kepa Junquera presenta "Galiza", disco homenaxe á música galega. 19/11/13
Traballadores dos estaleiros ferroláns cortan a autoestrada AP-9 na protesta ante a falta de contratos novos. En decembro rematarán o último barco en construción en Navatia // A Xunta confirma que se suma ao recurso anunciado polo goberno central contra a sentenza absolutoria polo vertido do Prestige // A Audiencia Provincial de Lugo pronunciarase sobre se a anulación da doctrina Parot afecta ó asasino da nena Maruchi Rivas de Vilalba,á que hai 21 anos raptou, violou en matou //O Tifón Iolanda deixou en Filipinas cinco millóns de nenos afectados. UNICEF lembrou en Santiago a importancia das doazóns especiais e das aportacións dos asociados // O músico vasco Kepa Junkera presenta disco, "Galiza", homenaxe á música tradicional galega na que participan máis de 20 grupos do noso pais // Empezaron a venderse nos mercados as primeiras centolas da temporada. A escaseza de capturas disparou os prezos ata os 18 euros nalgunhas lonxas das Rías Baixas. 19/11/13
Traballadores dos estaleiros ferroláns cortan o tráfico na autoestrada durante unha protesta para pediren carga de traballo, ante a falta de novos pedidos // En decembro rematarán en Navantia o último barco que queda en construción no estaleiro // Empezaron a venderse nos mercados as primeiras centolas da temporada.A escaseza de capturas disparou os prezos ata os 18 euros en lonxas das Rías Baixas. Nas coruñesas foi entre os 6 e os 10 euros o quilo // O músico vasco Kepa Junkera presenta novo disco, "Galiza", unha homenaxe a música tradicional galega na que participan máis de 20 grupos do noso pais. 19/11/13
Seguiremos con temperaturas baixas, e algúns chaparróns de auga intermitentes. 19/11/13
O expresidente de Pescanova reclama case 700 mil euros por despido improcedente // O xuíz do caso Asunta levantará este venres o secreto do sumario // Extraballadores dunha empresa de Narón destinan os cartos dos despidos para reflotala. 18/11/13
O expresidente de Pescanova reclama no xulgado case 700 mil euros por despido improcedente. Pescanova considera esa cantidade unha temeridade pola situación na que deixou a empresa // O xuiz do caso Asunta vai levantar o secreto do sumario este venres. Está á espera de comprobar a relación co caso da mancha de seme da camiseta de Asunta // NGB estará privatizado no prazo dun mes. O FROB abre mañá o proceso de presentación de ofertas. Catro bancos e catro fondos de investimento internacionais optan á compra // Extraballadores dunha planta de granito de Narón póñena de novo a funcionar cos cartos que lles deron polo despedimento. Din que é unha aposta arriscada pero que están seguros de que será rendible // O Deportivo suma ante o Real Mallorca a terceira vitoria consecutiva e sitúase a un só punto do líder. En terceira posición da táboa está o sorprendente Lugo, logo de vencer 0-2 á Ponferradina // Chegan ás lonxa as primeiras centolas da temporada, bos exemplares pero escasos. 18/11/13
O expresidente de Pescanova reclama no xulgado case 700 mil euros por despido improcedente. Replícanlle que deixou a empresa cunha débeda de 3.600 millóns de euros // O xuíz do caso Asunta vai levantar o secreto do sumario este venres // Extraballadores dunha planta de granito de Narón que pechara destinan o que lles deran polos despedimentos para poñela de novo a funcionar. 18/11/13
A semana comeza con choivas no norte do país e baixan as temperaturas. Pode chegar a nevar por riba dos setecentos metros. 18/11/13
Críticas en Nigran pola liberación dos dous expolicías que mataran a catro membros dunha familia de empresarios reclamándolles cartos.
Primeira xuntanza oficial entre Núñez Feijóo e Gómez Besteiro.
Os traballadores da Fábrica de Armas deixan o peche de 8 meses. (15/11/13)
Baixan as temperaturas e polo Norte de Galicia volverá chover. (15/11/13)
Indignación en Nigrán pola posta en liberdade dos ex-policías que hai case vinte anos asasinaron ao empresario David Fernández Grande, a súa muller, a filla e a empregada do fogar.Conseguiron 20 dos 200 millóns de pesetas que lle pedían e fuxiron tras matar a catro persoas no domicilio. Cumpriron dezanove dos douscentos doce anos que fixaba a condena.
Nunca Máis decidirá se recorre a sentenza absolutoria polo vertido do Prestige e convoca hoxe concentracións de protesta.
Os traballadores da Fabrica de Armas da Coruña levantan esta tarde o peche que mantiñan na factoria dende hai oito meses. Fano ante anuncio do Ministerio de Defensa de adxudicar as instalacións a un dos grupos interesados en reiniciar a actividade.
Segue grave con queimaduras o mozo ferido na explosión dunha estufa de butano no seu piso, nas Pontes, estourido que derrubou os muros da fachada. A onda expansiva chegou á gasolineira situada a poucos metros sen provocar máis feridos.
O Lugo enfróntase mañá á Ponferradina no chamado derbi dos Ancares. O Deportivo recibe o domingo ao Mallorca, de Jose Luis Oltra. (15/11/13)
Rexeitamento en Nigrán pola liberacion dos ex-policías que hai vinte anos asasinaban ao empresario David Fernández Grande, a súa muller, a filla e a empregada do fogar. Manuel Lorenzo e Ángel Vela cumpriron dezanove dos douscentos doce anos que fixaba a condena.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o lider do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, manteñen a súa primeira xuntanza oficial . Besteiro transmitíulle a intención chegar a acordos sobre o emprego a reforma da lei electoral.
Os traballadores da antiga Fabrica de Armas da Coruña levantan esta tarde o peche que mantiñan dende hai oito meses. Fano ante anuncio do ministerio de defensa de adxudicar as instalacions a un dos grupos interesados en reiniciar a actividade. (15/11/13)
Decepción maioritaria pola absolución dos acusados do vertido do Prestige // Declara un dos dous secuestradores do médico portugués. O outro segue desaparecido // EU expulsará a Carmen Iglesias se non renuncia ao escano que lle corresponde pola renuncia do anterior na lista por Ourense. 14/11/13