O fiscal de medio ambiente estuda recorrer a sentenza que absolbe aos 3 acusados de provocar a marea negra do Prestige. Nunca Máis prepara accións reivindicativas. Zonas afectadas hai 11 anos polo fue din que a sentenza é cativa e que chega tarde // A Xunta aproba unha nova lei de concentracion parcelaria, que simplifica os tramites para concentrar terras e favorece as iniciativas privadas para o agrupalmento de parcelas // Declara ante o xuiz Alvaro Miguel dos Santos, un dos secuestradores do médico portugués, ao que liberaron hai unha semana.Continúa a busca do outro secuestrador // EU expulsará a Carmen Iglesias se non renuncia ao escano que lle corresponde pola renuncia do anterior na lista por Ourense // O ex xogador do Celta Fernando Cáceres recibe unha emotiva homenaxe en Zaragoza, equipo no que tamén militara antes de ser vitima dun atentado, que o deixou postrado nunha cadeira de rodas. Os cartos da recadacion serán pra pagar o seu tratamento de recuperación. 14/11/13
Reaccións maioritarias de decepción pola setenza que absolve aos acusados de provocar a marea negra do Prestige. O fiscal de medioambiente estuda recorrerla // Declara ante o xuiz Alvaro Miguel dos Santos, un dos secuestradores do médico portugués, ao que liberaron hai unha semana.Continúa a busca do outro secuestrador // O 14% dos galegos padece diabete, pero case a metade deles non a teñen diagnosticada. Se non se trata a tempo, pode provocar graves complicacións. 14/11/13
Seguimos baixo a influencia do anticiclón. O vento do nordés fai que hoxe notemos máis frío. As temperaturas aínda han baixar máis. 14/11/13
Absoltos os tres únicos acusados da marea negra provocada polo Prestige. Nunca Máis estuda recorrer a sentenza // Detido o cómplice de ¿Canceliñas¿ polo secuestro dun médico portugués // David Calviño deixa a acta de deputado de AGE. 13/11/13
Absoltos os 3 acusados pola marea negra do Prestige, o capitán do petroleiro, o seu xefe de máquinas e o director xeral da mariña mercante. A única condena é para o capitán por negarse a ser remolcaldo. A decisión de alonxar o Prestige da costa foi para este tribunal consciente, meditada e non pode ser reprochada penalmente. Por iso a sentenza exime ao goberno español de sufragar os danos da catástrofe. Nunca Máis estuda recurrir a sentenza // Detido en Vigo o cómplice de 'Canceliñas' polo secuestro dun médico portugués ao liberaron o venres. Segue a busca do outro secuestrador // O deputado David Calviño, de AGE, deixa o escano no parlamento porque agora vive en Dinamarca. Relevaráo Carmen Iglesias, que rexeita correr un posto para manter o equilibrio entre os socios da coalición // A chamada telefónica feita ao maquinista polo interventor do tren sinistrado en Santiago instantes antes do accidente puido provocarlle ó condutor unha desorientación momentánea. 13/11/13
Absoltos os tres acusados pola marea negra do Prestige. A única condena é de 9 meses de prisión para o capitán. O tribunal xustifica a decisión do goberno de alonxar o petroleiro da costa // Detido un dos dous secuestradores que fuxiran, tras reter a un médico portugués, a semana pasada. É o cómplice do delincuente galego coñecido como Canceliñas, ao que seguen buscando // David Calviño,de AGE deixa o parlamento porque agora vive en Dinamarca. Relavarao Carmen Iglesias, que desobedece a orde de AGE de deixar correr a lista. 13/11/13
Hoxe continúa a influencia das altas presións. Os ceos estarán despexados no sur máis cubertos no norte. 13/11/13
O deputado de Alternativa Galega de Esquerda David Fernandez Calviño viaxa desde Dinarmarca, onde vive, para asistir ao pleno. Mañá decidirá sobre o seu futuro.
A rápida reacción do adestrador e espectadores salvaron a vida dun porteiro xuvenil de Vigo. Quedou inconsciente e sen poder respirar.
Aumenta lixeiramente o consumo alimentario dos fogares respeito do ano 2012. (12/11/13)
Atención centrada hoxe no deputado de Alternativa Galega de Esquerda David Fernandez Calviño, que vive en Dinamarca. Pensaba renunciar ao escano, pero a seguinte persoa na lista, a de AGE por Ourense,debe deixarlle o sitio á numero 3, segundo lle pide a formacion politica. Ela, Carmen Iglesias négase a cederllo.
A policia detivo en Santiago a un home acusado de intentar asasinar á xuiza que o enviou a prisión por querer el matar a sua exparella. Unha vez que saíu do carcere puxo un anuncio nun xornal para contratar un sicario que matase á maxistrada.
O socialista Ceferino Díaz recibe a titulo postumo a medalla de Ouro de Galicia. Recolleuna a súa filla, nun acto no que todos destacaron a entrega e xenerosidade de Ceferino con Galicia, que finou hai un ano vitima dunha longa enfermidade.
Novembro é un mes de cine en Galicia. O iníciase o festival de Ourense, no que se proxectarán máis de 40 películas, case a metade galegas. É a edición con máis presenza de cine feito aquí. E en Santiago, Cineuropa trae o mellor do panorama internacional ós teatros e museos da cidade, con case 200 proxeccións. (12/11/13)
O deputado de Alternativa Galega de Esquerda David Fernandez Calviño anunciará mañá se continúa ou abandona o escano, dado que acaba de trasladarse a vivir a Dinamarca.
A policia detivo en Santiago a un home acusado de intentar asasinar á xuiza que o enviou a prisión por querer el matar a sua exparella.
O socialista Ceferino Díaz recibe a titulo postumo a medalla de Ouro de Galicia. (12/11/13)
Galicia queda hoxe baixo a influencia do anticiclón. De cara ao final de semana virá máis frío. (12/11/13)
Os arredores da localidade pontevedresa de Tui é unha das zonas onde se está a buscar a dous perigosos delincuentes que fuxiron dende Portugal, logo de secuestrar a un médico do país veciño ao que tamén lle roubaron o coche // Un home e unha muller de 70 anos faleceron, na Coruña, víctimas dun atropelo ocorrido nunha das estradas de entrada á cidade. O atropelo produciuse por culpa da saída de vía dun turismo que previamente chocara con outros coches // En Pontevedra, a xuiza retomou esta mañá os interrogatorios sobre o caso Sonia Iglesias, a muller desaparecida hai xa mais de tres anos. 08/11/13
Os arredores da localidade pontevedresa de Tui é unha das zonas onde se está a buscar a dous perigosos delincuentes que fuxiron dende Portugal, logo de secuestrar a un médico do país veciño ao que tamén lle roubaron o coche. Os fuxidos estaban a ser buscados polas forzas da orde de España e Portugal, logo de varios atracos a gasolineiras // Un home e unha muller de 70 anos faleceron, na Coruña, víctimas dun atropelo ocorrido nunha das estradas de entrada á cidade. O atropelo produciuse por culpa da saída de vía dun turismo que previamente chocara con outros coches // En Pontevedra, a xuiza retomou esta mañá os interrogatorios sobre o caso Sonia Iglesias, a muller desaparecida hai xa mais de tres anos // Na primeira división o Celta recibe mañá en Balaídos o Rayo Vallecano coa intención de conseguir a primeira victoria na casa. Na Segunda, o Lugo, que segue de segundo, enfróntase mañá no Anxo Carro ó Murcia. E o Depor que é terceiro, visita o domingo ó líder, o Recreativo de Huelva. 08/11/13
Os arredores da localidade pontevedresa de Tui é unha das zonas onde se está a buscar a dous perigos delincuentes // Un home e unha muller de 70 anos faleceron, na Coruña, víctimas dun atropelo ocorrido nunha das estradas de entrada á cidade // Na primeira división o Celta recibe mañá en Balaídos o Rayo Vallecano. Na Segunda, o Lugo, enfróntase mañá no Anxo Carro ó Murcia. E o Depor visita o domingo ao Recreativo de Huelva. 08/11/13
Segue o risco de precipitacións pero agárdase que o tempo mellore nas próximas horas nas que diminuirá a nubosidade ao tempo que baixan as temperaturas. 08/11/13
O Xuiz que instrúe o sumario pola morte da nena Asunta Basterra mantén o segredo do sumario no que, segundo informacións ás que tivo acceso Televisiòn Española, se estaría investigando a unha terceira persoa coma colaborador necesario no asasinato da pequeña. O fiscal superior advirte contra os xuízos paralelos sobre o caso // O episodio de marea vermella que afectou ás rías galegas comeza a remitir. A situación mellorou nos bancos de ameixa e permitiu que as mariscadoras volveran ás praias. A maioría dos polígonos de mexillón, en cambio, seguen pechados á extracción // A Xunta aspira a lograr mobilizar 1.600 millons de euros nos proximos 6 anos en proxectos orientados á investigación e o desenvolvemento. Será dentro da chamada Estratexia de Especializacion Intelixente destinada a pedir fondos da Union Europa para eses fins. Tamén pretende que se instalen aqui centros de investigacion de grandes empresas. 07/11/13