Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Salvamento Marítimo amplía ata o Cabo Ortegal a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño. Esta mañá retomouse o dispositivo por terra, mar e aire // O cruceiro máis grande do mundo, con 6.000 pasaxeiros e 3.000 tripulantes, fará duas escalas en Vigo este ano. Unha boa noticia para o porto vigués, despois dunha caída do número de cruceiros e pasaxeiros en 2013 // A garda civil investiga a morte a tiros, de cabalos bravos, na Mariña lucense // Os animais, que non teñen marcas nin chip identificativo, presentan disparos de rifle. Os problemas co gando mostrenco non son habituais en Lourenzá pero si noutras zonas desta comarca. 09/01/14

Salvamento Marítimo amplía ata o Cabo Ortegal a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño. Esta mañá retomouse o dispositivo por terra, mar e aire para atopar ao pai e a filla que foron engulidos por unha onda no faro da Frouxeira na tarde de Reis, no medio dun forte temporal no mar // O cruceiro máis grande do mundo, con 6.000 pasaxeiros e 3.000 tripulantes, fará duas escalas en Vigo este ano. Unha boa noticia para o porto vigués, despois dunha caída do número de cruceiros e pasaxeiros en 2013, debido sobre todo ao cambio de rutas dalgunhas compañías // A xunta aproba o regulamento dos aproveitamentos do monte, sobre extracion de madeira pero tamen sobre o uso de superficies queimadas que se destinen a pastos para o gando. Ademáis o consello autorizou o funcionamento do centro de atencion a vitimas de violencia de xenero, que terá sede en santiago. 09/01/14

Salvamento Marítimo amplía ata o Cabo Ortegal a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño // O cruceiro máis grande do mundo, con 6.000 pasaxeiros e 3.000 tripulantes, fará duas escalas en Vigo este ano // A xunta aproba o regulamento dos aproveitamentos do monte, sobre extracion de madeira pero tamen sobre o uso de superficies queimadas que se destinen a pastos para o gando. 09/01/14

Unha nova fronte roza hoxe Galicia e déixanos ceo anubrado no oeste da comunidade, con chuvias na provincia da Coruña. En Ourense e no sur de Lugo gozan de tempo seco, con apertura de claros. 09/01/14

Prosegue na costa norte da provincia da Coruña a busca das dúas persoas que foron arrastradas polo mar na xornada de Reis. Esta tarde vai ser soterrado o outro familiar que tamén caera con eles. A lixería melloría no tempo permitiu hoxe buscalos tamén por mar // Confirman a coartada do home cuxo seme parece na camiseta de Asunta Basterra. Hoxe declararon por videoconferenica varios familiares seus e os dependientes do comercio no que asegurou estar en Madrid o que día que asasinaron a nena. Testemuños convicentes para a acusación popular mentres que o avogado de Rosario Porto cuestionaos // A Brilat tén novo xeneral xefe. É Luis Cebrián Carbonell que tomou posesión en Pontevedra. 08/01/14

A mellora nas condicións do mar permite que as embarcacións de salvamento se sumen hoxe á busca dos dous desaparecidos en Valdoviño, un home de 50 anos e a súa filla de 25. Desde primeira hora da mañá reanudouse tamén, por segundo día, o dispositivo por terra e aire // Os familiares do home cuxo ADN coincide co seme atopado na camiseta de Asunta Basterra e mailos dependientes do comercio no que supostamente pasou a tarde confirman a súa coartada de que estaba en Madrid o día do asasinato // A fortuna sorrílle de novo a Galicia. Trala chuvia de millóns do sorteo do Neno en Monforte, agora un boleto do euromillón validado nesta administración de Noia resulta agraciado con máis de 65 millóns de euros. 08/01/14

A mellora nas condicións do mar permite que as embarcacións de salvamento se sumen hoxe á busca dos dous desaparecidos en Valdoviño // Os familiares do home cuxo ADN coincide co seme atopado na camiseta de Asunta Basterra confirman a súa coartada // Trala chuvia de millóns do sorteo do Neno en Monforte, agora un boleto do euromillón validado nesta administración de Noia resulta agraciado con máis de 65 millóns de euros. 08/01/14

Hoxe chega a Galicia unha nova borrasca, máis débil que a destes días pasados. Deixará ceos nubosos, con chubascos intermitentes, máis probables na metade oeste. Os ventos do sur serán moderados. 08/01/14

Segue, na costa de Valdoviño, próxima a Ferrol, a busca dos dous desaparecidos ao engulilos unha impresionante onda que remontou o cantil dende o que observaban a oleaxe // O corpo do outro desaparecido, membro da mesma familia, foi recuperado a pasada madrugada // Nunha estrada local de Mondaríz, en Pontevedra, o temporal abriu un fochanco de 25 metros. Entre os numerosos danos que causou o mar, figura tamén a destrucción do valo que rodea o Santuario da Virxe da Barca en Muxia, e unha nova rotura da pedra de Abalar, no mesmo santuario // Colas hoxe, na administración de lotería de Monforte onde se venderon as 40 series do número ao que lle tocou o Primeiro Premio no sorteo do Neno. Repartiu 120 millóns de euros incluídos os 40 millóns que levou o dono do premio especial. 07/01/14

Segue, na costa de Valdoviño, próxima a Ferrol, a busca dos dous desaparecidos ao engulilos unha impresionante onda que remontou o cantil dende o que observaban a oleaxe // O corpo do outro desaparecido, membro da mesma familia, foi recuperado a pasada madrugada // Nunha estrada local de Mondaríz, en Pontevedra, o temporal abriu un fochanco de 25 metros. Entre os numerosos danos que causou o mar, figura tamén a destrucción do valo que rodea o Santuario da Virxe da Barca en Muxia, e unha nova rotura da pedra de Abalar, no mesmo santuario // Colas hoxe, na administración de lotería de Monforte onde se venderon as 40 series do número ao que lle tocou o Primeiro Premio no sorteo do Neno. Repartiu 120 millóns de euros incluídos os 40 millóns que levou o dono do premio especial. 07/01/14

Segue, na costa de Valdoviño, próxima a Ferrol, a busca dos dous desaparecidos .

Nunha estrada local de Mondaríz, en Pontevedra, o temporal abriu un fochanco de 25 metros // Colas hoxe, na administración de lotería de Monforte onde se venderon as 40 series do número ao que lle tocou o Primeiro Premio no sorteo do Neno. 07/01/14

O paro sube en decembro en Galicia o 0,08%, con 209 persoas, o menor incremento nese mes desde 1996. Hai 271.000 parados, 7.700 menos que hai un ano // Moitos comerciantes adiantan as rebaixas a estas datas previas de Reis, con descontos de ata o 60% // Amancio Ortega mellorou 2013 a súa posición como terceira persoa máis rica do mundo, cun patrimonio de 48.500 millóns de euros. 03/01/14

O paro no pasado mes de decembro subiu en Galicia o 0,08 %, 209 persoas. No conxunto de 2013 hai 271.000 parados, 7.700 menos // Moitos comerciantes adiantan as rebaixas aproveitando as compras de Reis, con descontos de ata o 60% // A depuración da ría de Ferrol, primeiro obxectivo da Xunta en depuración de augas. A depuración da de Vigo rematará en 2015 // O servizo de emerxencias 112 recibiu o ano pasado menos chamadas que no ano anterior, polo maior coñecemento por parte dos cidadáns á hora de elixir o tipo de auxilio que precisan // Amancio Ortega mellorou no 2013 a súa posición como terceira persoa máis rica do mundo, segundo a revista Bloomberg Markets, que estima o patrimonio de Ortega en 48.500 millóns de euros // 2013 foi o segundo ano de maior afluencia de peregrinos no Camiño de Santiago, despois do Xacobeo 2010, e no primeiro en ano non santo. Fixeron esa ruta case 216.000 persoas. 03/01/14

O paro subiu en decembro en Galicia o 0,08%, 209 persoas, o menor incremento nese mes desde 1996. Hai 271.000 parados, 7.700 menos que hai un ano. A maior parte son contratos temporais // Moitos comerciantes adiantan as rebaixas a estas datas previas de Reis, con descontos de ata o 60% // Amancio Ortega mellorou 2013 a súa posición como terceira persoa máis rica do mundo, cun patrimonio de 48.500 millóns de euros. Por vez primeira, a súa filla Sandra entra na lista dos máis ricos, con máis de 4.000 millóns. 03/01/14

O PP rexistra no Parlamento a proposta para rebaixar de 75 a 61 os deputados autonómicos en Galicia. A oposición rexeita a reforma // Os empregados públicos da Xunta, agás os de Xustiza, Educacion e Sanidade, poden acollerse á flexibilidade horaria e ao teletraballo. Todos os empregados autonómicos terán ademáis que compensar o tempo de traballo que fagan de menos // Viaxar entre Vigo e A Coruña pola AP-9 custa 15,30 euros, 25 céntimos máis que en 2013.Tamén pagaremos máis polo combustible, o tren e a luz. 02/01/14

Viaxar entre Vigo e A Coruña pola AP-9 custa 15,30 euros, 25 céntimos máis que en 2013.Tamén pagaremos máis este ano polo combustible, o tren e a luz // Os empregados públicos da Xunta, agás os de Xustiza, Educacion e Sanidade, poden acollerse á flexibilidade horaria e ao teletraballo. Todos os empregados autonómicos terán ademáis que compensar o tempo de traballo que fagan de menos // O PP rexistra no Parlamento a proposta para rebaixar de 75 a 61 os deputados autonómicos en Galicia. A oposición rexeita a reforma // Afectados por preferentes Galicia pídenlle ao novo proprietario de Novagalicia Banco que lles explique a solución que lles vai dar aos que aínda non recuperaron os seus cartos // Comezan os traballos de retirada dos restos do tellado caídos sobre a bóveda da igrexa da Virxe da Barca // Publican un almanaque para recadar cartos de axuda ao Verín CF con fotos da figura central e emblematica do entroido verinés, o cigarrón. 02/01/14

O PP rexistra no Parlamento a proposta para rebaixar de 75 a 61 os deputados autonómicos en Galicia. A oposición rexeita a reforma // Os empregados públicos da Xunta, agás os de Xustiza, Educacion e Sanidade, poden acollerse á flexibilidade horaria e ao teletraballo. Todos os empregados autonómicos terán ademáis que compensar o tempo de traballo que fagan de menos // Viaxar entre Vigo e A Coruña pola AP-9 custa 15,30 euros, 25 céntimos máis que en 2013.Tamén pagaremos máis polo combustible, o tren e a luz // Comezan os traballos de retirada dos restos do tellado caídos sobre a bóveda da igrexa da Virxe da Barca, logo do incendio do día de Nadal. 02/01/14