Palabras de Xela Arias, recreadas por Mónica de Nut, Fernando Abreu, e Pablo Carrera. Un espectáculo musical que forma parte dos actos para celebrar o Día das Letras Galegas. A Xunta e a Real Academia danse cita en Vigo, a cidade na que a escritora, natural de Sarria, desenvolveu a maior parte da sua actividade. // Milleiros de manifestantes, entre os que figuran os líderes da oposición, acudiron a convocatoria da Plataforma Queremos Galego, en favor de medidas para unha presenza máis normalizada da Lingua na vida cotiá. // Empresarios de salóns de peiteado e imaxe persoal retoman as mobilizacións para reclamar a rebaixa do IVE ao 10 por cento. Din que a crise leva arrasado xa un 30 por cento dos establecementos do sector. // O Celta derrota ao Barcelona no Camp nou por un a dous na penúltima xornada da liga. Pese a vitoria, a quinta consecutiva, os de Coudet quedan fóra da competeicións europeas. Iso sí, acaban co soño azulgrana de gañar o campionato. 17-05-2021
As máis de 4.300 embarcacions da frota artesanal galega e o marisqueo pararon hoxe a súa actividade para protestar contra o novo regulamento de control da pesca
Protesta nos portos galegos contra a obrigatoriedade de levar un dispositivo de xeolocalización e un rexistro electrónico de capturas
O avance da vacinación tradúcese xa nunha mellora da presión hospitalaria. O persoal sanitario advirte que agora a idade dos pacientes críticos é cada vez menor. As persoas ingresadas nas UCI teñen unha media de 10 anos menos ca nas vagas anteriores.. // A partir de hoxe, no nivel máximo de restricións quedan as localidades de Cambados, Laza e Padrón, con toque de recollida a partir das 23 horas. Do nivel medio sae a cidade de Vigo, que pasa ao nivel inferior onde se permite a atención no interior da hostalaría ao 50 por cento da cabida e o 75 nas terrazas. // Unha das maiores operacións contra o tráfico de drogas en Galicia e levada a cabo pola Policía Nacional, co apoio da Garda Civil. Incautaron máis de 5 quilos de heroína, transportada en vehículos caleteados, e deteñen a 33 persoas. // 14-05-2021
Bucinazas, de novo, dende as rías, contra o regulamento de control pesqueiro da Unión Europea. E a protesta da Frota Artesanal, que expresa así o rexeitamento a medidas como a obligatoriedade de levar un dispositivo de xeolocalización e un rexistro electrónico de capturas. // O avance da vacinación déixase notar na mellora da presión hospitalaria. Pero o persoal sanitario advirte que agora a idade dos pacientes críticos é cada vez menor. As persoas ingresadas nas UCi teñen unha media de 10 anos menos ca nas vagas anteriores. // O Sergas traballa nun plan para que o 60 por cento das consultas en atención primaria volvan ser presenciais. Os médicos critican que se fixe unha Porcentaxe concreta para a presen--cialidade E QUE ESTA se vincule ao cobro dun plus. // O Festival que leva o nome do musicólogo Xesús Bal y Bay, comenza hoxe cun concerto da pianista Judith Jáuregui na Basílica de San Martiño de Foz. O Festival continuará en agosto, con máis actuacións, obradoiros e conferencias. 14-05-2021
Día de ceos entre nubes e claros. Esta noite entra unha nova borrasca, que volverá traer choivas, no norte e o oeste. Mañá sábado, chove todo o dia e en toda Galicia, de xeito máis intenso na franxa atlántica. 14-05-2021
Bucinazas, de novo, dende as rías, contra o regulamento de control pesqueiro da Unión Europea. E a protesta da Frota Artesanal, que expresa así o rexeitamento a medidas como a obligatoriedade de levar un dispositivo de xeolocalización e un rexistro electrónico de capturas. // O avance da vacinación déixase notar na mellora da presión hospitalaria. Pero o persoal sanitario advirte que agora a idade dos pacientes críticos é cada vez menor. As persoas ingresadas nas UCi teñen unha media de 10 anos menos ca nas vagas anteriores. // O Sergas traballa nun plan para que o 60 por cento das consultas en atención primaria volvan ser presenciais. Os médicos critican que se fixe unha Porcentaxe concreta para a presen--cialidade E QUE ESTA se vincule ao cobro dun plus. // O Festival que leva o nome do musicólogo Xesús Bal y Bay, comenza hoxe cun concerto da pianista Judith Jáuregui na Basílica de San Martiño de Foz. O Festival continuará en agosto, con máis actuacións, obradoiros e conferencias. 14-05-2021
O Lugo reparte entradas para o partido do sábado contra o Mirandés. Será o primeiro encontro profesional en Galicia con público. Os afeccionados poderán asistir tamén aos partidos de Obradoiro e Celta.
Segue o ritmo intenso da vacinación, nunha xornada na que están citadas 35.000 persoas e entre 50 e 59 anos. A porcentaxe dos que recibiron algunha dose ronda xa, en Galicia, o 40 por cento do total. De seguir así, os expertos confirman que na metade do verán se poderá cumprir a previsión das autoridades de que non sex obrigatorio levar máscara na rúa. // Con bicos e globos celébrase hoxe o Día Internacional do Neno Hospitalizado, unha iniciativa para resaltar o esforzo dos profesionais sanitarios, voluntarios e docentes para facer máis conformables as estadias e os ingresos dos menores. // Hoxe é a festa da Ascensión, en Santiago, e a choiva non foi quen de frear a saida dos cabezudos polas rúas da cidade, os tradicionais persoeiros que datan do século XIX, cando rivalizaban cos xigantes do cabido da Catedral, e que foron recuperados nos anos oitenta. 13-05-2021
O paso dunha fronte moi activa deixa hoxe unha xornada desapacible en toda Galicia, con chuvias puntualmene intensas, e persistentes, sobre todo cara o oeste. Pola tarde seguen os chuvascos ocasionais, ainda que con tendencia a apertura de claros. As temperaturas mínimas, en lixeiro ascenso. 13-05-2021
O avance do ritmo de vacinación fai que as persoas que recibiron algunha dose ronden xa, en Galicia, o 40 por cento do total. Os expertos confirman que, de seguir así, a mediados de verán se poderá eliminar a obriga de levar máscara en exteriores. // Os casos activos volven estar por debaixo dos 3.000, dos que 859 corresponden á Area de Vigo. Baixan os pacientes hospitalizados e seguen 40 nas UCI e contabilízanse dous falecementos. //Os responsables da factoría de Jealsa, en Boiro, confían en recuperar a normalidade no prazo dun mes, tralo sinistro da pasada fin de semana. Presentan un plan para ampliar a producción da conserveira, con 100 millóns procedentes dos fondos de recuperación económica. // O Lugo reparte xa entradas para o partido do próximo sábado contra o Mirandés. Será o primeiro encontro profesional en Galicia con público, logo da autorización, por parte do Goberno nas comunidades con baixa incidencia. 13-05-2021

Actos en Galicia e en Madrid resaltan o seu carácter de precursora do feminismo e o seu legado como un dos principais da literatura do século XIX.
FOTO: Autor / Fotografo : SFGP
A Xustiza avala as medidas aprobadas pola Xunta para sustituir ao estado de Alarma. Os peches perimetrais, o toque de recollida en concellos de máximo risco e a limitación de xuntanzas entre a unha e a seis da madrugada, son, para o Tribunal Superior, normas idóneas e proporcionadas, ainda que insiste en que deben estar acotadas no tempo. // O presidente da Xunta felicitouse por esta decisión do tribunal superior. Feijóo amosouse optimista sobre evolución da pandemia e avanzou a posibilidade de que se poda retirar a máscar en espazos abertos a finais de Xullo. // Cinco piragüistas galegos buscarán estar nos Xogos Olímpicos de Tokio. Teñen que superar o preolímipico que se disputará hoxe e mañá en Hungría. Antía Jácome e Antía Otero competirán no C2 500. A tamén pontevedresa Carolina García terá que acabar entre as tres primeiras na eliminatoria de K2 500 para ir á final directa. 12-05-2021
Empeora a situación da Pandemia, ao detectarse máis de 200 novos contaxios. Os casos activos volven superan os 3.000. A incidencia de Vigo desperta dúbidas no Comité Clínico, que estuda se rebaixa o nivel de restricións na cidade. // A importancia do traballo dos profesionais da Sanidade ao longo da crise da Covid é posta hoxe de novo en valor, no Día Internacional da Enfermaría, con actos emotivos como o reencontro, en Ourense, dunha infermeira da UCI cun paciente que estivo a piques de morrer. // Protestas dos traballadores do metal..da provincia de Pontevedra. Estaleiros, talleres e empresas auxiliares sen convenio propio están chamados a unha folga convocada pola CIG, contra o convenio que acaban de asinar os outros sindicatos coa patronal. // A figura de Emilia Pardo Bazán, revitalízase, cando se cumpren 100 anos da súa morte. Actos en Galicia e en Madrid resaltan o seu carácter de precursora do feminismo e o seu legado como un dos principais da literatura do século XIX. 12-05-2021
Despois do paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia queda con ceos cubertos e chuvias máis frecuentes pola mañá. Temperaturas en ascenso. 12-05-2021
Empeora a situación da Pandemia, ao detectarse máis de 200 novos contaxios. Os casos activos volven superan os 3.000. A incidencia de Vigo desperta dúbidas no Comité Clínico, que estuda se rebaixa o nivel de restricións na cidade. // A importancia do traballo dos profesionais da Sanidade ao longo da crise da Covid é posta hoxe de novo en valor, no Día Internacional da Enfermaría, con actos emotivos como o reencontro, en Ourense, dunha infermeira da UCI cun paciente que estivo a piques de morrer. // Protestas dos traballadores do metal..da provincia de Pontevedra. Estaleiros, talleres e empresas auxiliares sen convenio propio están chamados a unha folga convocada pola CIG, contra o convenio que acaban de asinar os outros sindicatos coa patronal. // A figura de Emilia Pardo Bazán, revitalízase, cando se cumpren 100 anos da súa morte. Actos en Galicia e en Madrid resaltan o seu carácter de precursora do feminismo e o seu legado como un dos principais da literatura do século XIX. 12-05-2021
Maiores de 50 e menores de 60, e o colectivo que comenza hoxe a recibir a primeira dose de Pfizer. Máis de 30.000 persoas está citadas na campaña de vacinacións masivas hoxe en Galicia. En total preto de un millón teñen recibido algunha dose, e medio millón galegos están xa inmunizados.. // O xulgado acaba de suspender o prazo dun mes concedido á familia Franco para retirar os obxetos do interior do inmoble, ata que non se resolvan os recursos presentados por diversas institucións, dende a abogacía do Estado, a Xunta ou os concellos da Coruña e Sada. // O lago de As Pontes estréase con bandeira azul. Coa súa incorporación son un total de 111 praias marítimas e fluviais e 11 portos en Galicia que contan co galardón que a Fundación Europea de Educación Ambiental outorga pola boa calidade ambiental e de servizos. Sanxenxo, cun total de 17, é o concello con máis bandeiras azuis. 11-05-2021
Aceléranse as plantacións antes de que entre en vigor a lei que pode prohibilas ata 2025.
Segue a influencia das baixas presións polo que non se esperan cambios. Ceos parcialmente cubertos con chubascos ocasionais. Ao final do día, una fronte atlántica deixará choiva en toda a comunidade. 11-05-2021