Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ata dez persoas non convinventes poderán xuntarse no exterior e ata seis no interior, a partir do sábado. É a nova normativa aprobada pola Xunta. Amplíase tamén do 50 ao 75 por cento a cabida permitida en comercios, actividades culturais ou congresos. Na hostalaría mantéñense as normas vixentes e segue a prohibición de xuntarse entre a unha e as seis da madrugada. // Os traballadores do BBVA están hoxe de folga. Manifestáronse polo centro da Coruña para protestaren polo ERE que anunciou o banco. Propoñen, para que non se produzan despedimentos, a prexubilación dos maiores de 58 anos, que en Galicia serían 128 empregados. A dirección da empresa plantexaba botar á rúa 122 persoas // Xa é posible facer o Camiño de Santiago selando a credencial de forma dixital a través dunha aplicación móbil que presentou hoxe a catedral de Santiago. A credencial dixital non fará desaparecer a tradicional en formato papel, xa que ambas convivirán, pero busca proporcionar ao peregrino un Camiño máis seguro en tempos de pandemia. 26-05-2021

Continúa o predominio das altas presions, con ceos despexados e algún intervalo de nubes altas. As temperatuas experimentan un ascenso, máis acusado no sur, ata 28 graos en Ourense. 26-05-2021

Os menores de 60 anos que recibiron a primeira dose de AstraZeneca optan masivamente por repetir con esa marca para a segunda. Empezarán a ser vacinados a partir do domingo, con dúbidas de se haberá suministro para todos. // Hoxe repuntan lixeiramente os novos contaxios, 130 máis, aínda que os casos activos seguen á baixa. A Pobra do Caramiñal volverá a máximas restriccións a partir do sábado, xunto co concello de Mos, onde 5.000 veciños están citados a un cribado. // O túnel do Cereixal na autovía A-6 é o primeiro en España que experimenta a tecnoloxía 5G para axudar á condución dos vehículos. Este treito presentado hoxe, pode avisar aos conductores da presenza de peóns, fume ou vehículos en dirección contraria. // Ela, con traxe rexional e él vestido coma o pirata Jack Sparow. A voda de Berto e María, que quedara frustrada en abril por problemas pola sua vestimenta, puido ter hoxe, por fin, remate feliz nos xulgados de Vigo. 26-05-2021

A vacinación con algunha dose achégase xa en Galicia a case a metade da poboación. Os novos contaxios baixan de cen e a maioría dos concellos non rexistran ningún caso na última semana. Son datos que analiza hoxe o Comité de Expertos da Xunta para decidir sobre as restricións. // Xuntanza en León das comunidades do noroeste peninsular e organizacións agrarias para escenificar a súa oposición a un maior grao de protección para o lobo. A Xunta, e os gobernos de Asturias, Castelá e León e Cantabria, volven pedir a retirada da orden ministerial que inclúe o lobo na listaxe de especies de protección especial e que entrará en vigor o 25 de setembro // Hoxe cúmprense 130 anos do tralado dos restos de Rosalía de Castro ao panteón de galegos ilustres. Co gaio desta conmemoración, a Fundación Rosalía e o Museo do Pobo galego denuncian o abandono no que se atopa o mausoleo e reivindican a súa posta en valor e que se reabra ao público. 25-05-2021

O anticiclón chega para quedarse. Ceos con apenas algunhas nubes de tipo alto que non impiden o paso do sol. As temperaturas máximas experimentan un moderado ascenso, e na metade sur rondan os 24 graos. 25-05-2021

Volven as parcelas delimitadas para garantir a distancia de seguridade nas praias. Vigo é o primeiro concello en presentar o dispositivo de sinalización, que se implantará durante os meses de xullo e agosto en caso de que para entón se establezan restricións de cabida. // A situación epidemiolóxica continúa a mellorar, Os novos contaxios baixan de cen, por primeira vez dende principios de marzo. A incidencia acumulada é de 80 casos por 100.000 habitantes. // Arranca a tramitación, no Parlamento, da lei para crear a primeira universidade privada de Galicia, A Intercontinental da Empresa, promovida por Abanca. Socialistas e BNG votan en contra por considerar que a sua oferta duplica a das universidades públicas. // Nun edificio abandonado e sen acceso do público. Así e como se atopa o Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, tal como denuncian os membros da Fundación Rosalía de Castro. 25-05-2021

Un acto moi sinxelo que poder salvar vidas. Efectuar correctamente a maniobra de reanimación mentres non chegan os equipos de emerxencias, melloraría a taxa de superviviencia en caso de parada, que en Galicia e agora so do 13 por cento. // Tódolos grupos políticos apoian o aumento no número de persoas nas reunións privadas así como unha maior apertura dos horarios para hostalaría. O PsdeG-PSOE pide, ademáis, un reforzamento da sanidade pública coa contratación de 5.000 novos profesionais. // O Lugo xoga esta noite outra final pola permanencia na categoría de prata do fútbol español.. Unha derrota suporía prácticamente o descenso. // Morreu en México Xerardo Moscoso, un dos fundadores do colectivo Voces Ceibes, adicado á canción protesta en galego nos últimos anos do franquismo, formando o grupo con Suso Vaamonde, Bibiano ou Miro Casabella. 25-05-2021

Despois do paso dunha fronte durante a noite, temos hoxe chubascos intermitentes, que se van facendo máis ocasionais co avance do día. Na costa, intervalos de vento forte no extremo norte. As predicións anticipan unha semana dominada polos ceos despexados e o ambiente primaveral. 25-05-2021

Ampliar o número de non conviventes que se poden xuntar, que agora é de seis no exterior e catro dentro das vivendas. É a medida que estuda a Xunta, ante a mellora da situación epidemiolóxica. Os menores de 60 que recibiron AstraZeneca serán consultados sobre qué vacina queren, antes da cita para poñer a segunda dose. //Hoxe ponse en valor a importancia de saber cómo reaccionar ante as urxencias médicas. En Galicia prodúcense 23 paradas cardiorrespiratorias por cada cen mil habiantes e a taxa de supervivencia é do 13,5%. // A Xunta inicia os trámites para declarar a Casa Cornide, Ben de Interese Cultural, polo que tanto o edificio como o seu contido, pasan a estar baixo tutela provisional da administración autonómica. O inmoble foi posto á venda polos herdeiros de Franco. // Os propietarios elevan a máis de medio millón de euros as perdas polo incendio declarado nunha empresa de xamóns e chourizos en Vilalba. Co lume xa extinguido, investigan agora as causas. 25-05-2021

Sorpresa dos veciños, a medianoite, no concello ourensán de Laza, onde se ubicou o epicentro do terremoto de 3´9 graos de magnitude na escala Ritcher. É o maior tremor de terra dos últimos 24 anos en Galicia, e foi perceptible en boa parte da comunidade. // O Tribunal Supremo confirma a sanción a xuíza Pilar de Lara que foi apartada durante sete meses do xulgado de Lugo que dirixía e ademais perdeu a súa praza.O alto tribunal rexeita o recurso da maxistrada que actualmente exerce en Ponferrada e obrígalle a pagar as costas. // A lider do BNG, Ana Pontón, reuniuse hoxe coa Comisión de Centros de Primaria no CHUS para denunciar que a calidade da atención primaria vai en detrimento, a pesar de que a xente nova está máis preparada para exercer. O dúo galego "Escuchando Elefantes" presenta esta tarde na Coruña, o seu novo disco. 21-05-2021

A fronte fría que chegou durante a madrugada vai marcar o tempo durante toda a fin de semana. Hoxe, posibilidade dalgún chubasco ocasional, e maña espérase unha situación similar, con temperaturas baixas para a época do ano. O domingo, o tempo empeora ao longo do día. 21-05-2021

Taperías e mesóns poden seguir abertos, dende hoxe, ata a unha da madrugada, cos mesmos requisitos que os restaurantes. Lobios queda como único concello no máximo nivel de restricións. Ante a mellora da situación sanitaria, o Presidente da Xunta pide ao goberno central que permita xa a reapertura dos locais de lecer nocturno. // A planta de Stellantis, en Vigo ten paralizada a sua actividade por tempo indefinido, ata que poida garantir o suministro de microchips. A antigua Citroen botará man dos ERTE para afrontar este cese de producción. // Un terremoto de 3´9 graos de magnitude na escala Ritcher, con epicentro no concello ourensán de Laza, sorprende aos veciños a medianoite. É o maior tremor de terra dos últimos 24 anos en Galicia. // Artistas novos, como Sokram, para mudar a cara de paredes medianeiras e grandes muros, en Lugo. O Festival de Arte Culturbán celebra a sua primeira edición na cidade, nunha busca de transformar as rúas en galerías ao aire libre. 21-05-2021