Poucos cambios a nivel atmosférico, polo que haberá ceos despexados en xeral con nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol. Máis cuberto ao norte da Coruña e Lugo Tempeaturas sen cambios. 08-06-2021
Historia de España, e Lingua e Literatura Castelá. Así comezaban as probas de Avaliación para o Acceso a Universidade, para 13.200 alumnos galegos, logo dun bachalerato marcado pola pandemia. // A Xunta anuncia accións legais para defender o Plan de Marisqueo, tralo recurso presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. A conselleira do Mar asegura que a suspensión do plan pon en risco o futuro dun sector con 8.700 empregos. // A poboación de xabarís ascende en Galicia a uns 200.000 exemplares, segundo Unións Agrarias, que denuncia un aumento de ataques desta especie a explotacións agrícolas e gandeiras. Estima nuns 15 millóns de euros anuais os danos, // O traballo que leva a cabo o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, a través das fotografías dun estudante colaborador. É unha iniciativa con motivo do Día Mundial dos Oceanos, para concienciar da importancia de coñecer e preservar o mar. 08-06-2021
Menores de 50 anos comenzan a ser vacinados en tódalas áreas sanitarias, coa vacina de Janssen. Como é dunha soa dose, poden sair xa provistos do certificado de vacinación. // Os casos activos están xa ao nivel de agosto do ano pasado, con menos hospitalizados e sen vítimas mortais na última xornada. Dende hoxe non queda ningún concello perimetrado nin en maxima alerta despois de que esta madrugada se rebaixasen as restricións en Mos e A Pobra do Caramiñal. // O Partido Popular comenza en Vigo a recollida de sinturas contra o indulto aos condenados polo referendum ilegal. Socialistas e BNG acusan aos populares de repetir erros na sua política en relación con Cataluña. // Carreira de 150 metros e 250 de natación. Así seleccionan aos aspirantes a ocupar postos de socorristas nas praias de Marín. Empezarán a traballar a mediados de xullo de 12 a oito da tarde. 07-06-2021
Os centros de vacinación énchense xa de persoas entre 49 e 40 anos, o colectivo de idade máis numeroso, nas distintas areas sanitarias. Hoxe reciben todos a vacina de Janssen, a dunha soa dose. Mentres, a indicencia da pandemia baixa, noutra xornada sen falecementos pola Covid. // A Xunta estuda presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional contra o decreto do Ministerio que regula as medidas de desescalada e ao que se opoñen varias comunidades autónomas, entre elas Galicia.// Desmantelado en Meis, Pontevedra, un laboratorio onde os narcos preparaban todo tipo de rdogasm dende crach a marihuana, heroína ou cocaína. // Un edificio de duas plantas quedou destruido no centro de Vilalba a consecuencia dun incendio. O inmoble estaba deshabitado e no que non se produciron danos persoais, anque as vivendas próximas tiveron que ser desaloxadas. 07-06-2021
O bo tempo segue instalado en Galicia, ainda que o día comenzou con algúns bancos de néboa no interior e ceos parcialmente nubosos no norte da Coruña e Lugo e despexados na metade sur. As temperaturas mínimas sen cambios, e as máximas en lixeiro ascenso, por riba dos 30 graos en Ourense. 07-06-2021
Menores de 50 anos comenzan a ser vacinados en tódalas áreas sanitarias, coa vacina de Janssen. Como é dunha soa dose, poden sair xa provistos do certificado de vacinación. // Os casos activos están xa ao nivel de agosto do ano pasado, con menos hospitalizados e sen vítimas mortais na última xornada. Dende hoxe non queda ningún concello perimetrado nin en maxima alerta despois de que esta madrugada se rebaixasen as restricións en Mos e A Pobra do Caramiñal. // O Partido Popular comenza en Vigo a recollida de sinturas contra o indulto aos condenados polo referendum ilegal. Socialistas e BNG acusan aos populares de repetir erros na sua política en relación con Cataluña. // Carreira de 150 metros e 250 de natación. Así seleccionan aos aspirantes a ocupar postos de socorristas nas praias de Marín. Empezarán a traballar a mediados de xullo de 12 a oito da tarde. 07-06-2021
Os de 49 anos para abaixo comezan a ser citados para recibila. A partir do domingo, na área de Santiago e durante a próxima semana no resto.
Unha muller apareceu morta na súa casa, da que hoxe ía ser desafiuzada, en Sigüeiro, preto de Santiago. A Garda Civil investiga o caso como un posible homicidio. Investiga se o fillo, que está grave no hospital, prendeu lume á casa // Os Menores de 50 anos comezan a ser citados para a recibir a primeira dose, a partir do domingo, na área de Santiago, e durante a próxima semana no resto // A vacinación avanza e melloran os datos epidemiolóxicos, pero mantense o conflito sobre as medidas para os próximos meses // As axencias de viaxes, un dos sectores máis castigados pola pandemia, comezan a detectar a recuperación do turismo // Escolares limpan un areal, nunha das iniciativas previas ao día mundial do medio ambiente. Os estudos advirten de que as vagas de calor serán o peor problema climático que terá que afrontar Galicia nas próximas década. 04-06-2021
Os Menores de 50 anos comezan a ser citados para a recibir a primeira dose, a partir do domingo, na área de Santiago, e durante a próxima semana no resto // A vacinación avanza e melloran os datos epidemiolóxicos, pero mantense o conflito sobre as medidas para os próximos meses // As axencias de viaxes, un dos sectores máis castigados pola pandemia, comezan a detectar a recuperación do turismo // Escolares limpan un areal, nunha das iniciativas previas ao día mundial do medio ambiente. Os estudos advirten de que as vagas de calor serán o peor problema climático que terá que afrontar Galicia nas próximas décadas. 04-06-2021
A fin de semana preséntase cun panorama de ceos pouco anubrados ou despexados. Hoxe a temperaturas mínimas sofren un lixeiro descenso mentres as máximas van en ascenso, entre os 18 graos na Coruña, os 25 de Pontevedra e os 27 que se acadarán en Ourense. 04-06-2021
Os Menores de 50 anos comezan a ser citados para a recibir a primeira dose, a partir do domingo, na área de Santiago, e durante a próxima semana no resto // A vacinación avanza e melloran os datos epidemiolóxicos, pero mantense o conflito sobre as medidas para os próximos meses // As axencias de viaxes, un dos sectores máis castigados pola pandemia, comezan a detectar a recuperación do turismo // Escolares limpan un areal, nunha das iniciativas previas ao día mundial do medio ambiente. Os estudos advirten de que as vagas de calor serán o peor problema climático que terá que afrontar Galicia nas próximas décadas. 04-06-2021
O conductor do turismo, de 19 anos, non tiña carné. Ao parecer, no pararon nun stop, fixeron un xiro incorrecto e chocaron mortalmente contra un camión.
Intercambio de saúdos, de Filipe VI á saída do Pazo de Fonseca, trala sua primeira intervención como Rei na Universidade de Santiago. Acudíu a inaugurar un congreso mundial de expertos sobre o Xacobeo, e anunciou que volverá o 25 de xullo, para realizar a ofrenda ao Apóstolo. // Cerca de 15.000 aspirantes están chamados a participar nas oposicións para 208 prazas para os corpos de persoal subalterno e ordenanzas da Xunta, que se celebrarán o día 4 de Xullo, tal como anunciou hoxe a administración autonómica. // O cerqueiro Virxe dos Milagros encallou, con dez tripulantes a bordo, nunha zona de rochas, en Foz. // Cambados abre hoxe ao público o Museo dedicado ao poeta Ramón Cabanillas, un dos modernizadores da literatura galega. O novo centro é un roteiro pola obra e a biografía dun persoeiro que mereceu ser soterrado no Panteón de Galegos Ilustres. 03-06-2021
X ornada de transición hacia a influencia anticiclónica dos próximos días. Na provincia de Lugo quedará certa inestabilidade que pode deixar algún chubasco ocasional. As temperaturas mínimas descenden lixeiramente. 03-06-2021
Dous mozos e unha moza de 18, 19 e 24 anos, morren nun accidente entre o turismo no que viaxaban e un camión. Foi a pasada medianoite en Caldas de Reis. A Garda Civil indica que o mozo que conducía o turismo non tiña carné, e que a causa máis probable do sinistro é que o turismo non parou nun Stop.
// O Rei Filipe VI volverá vir a Santiago o próximo 25 de xullo, para realizar a tradicional ofrenda ao Apóstolo. Anunciouno esta mañá en Compostela durante a inauguración do primeiro congreso mundial xacobeo.// As medidas do ministerio de Sanidad para o lecer nocturno non convencen ao sector. Di que non lles compensa abrir coas condicions de abrir ata as tres da madrugada, non ter baile e cos locais á metade de capacidade. Tamen se opoñen a Xunta e outras cinco autonomias. // Como proba preparatoria para loitar contra os lumes no verán, hoxe houbo un simulacro de incendio forestal nunha parroquia de Taboada, en Lugo. Comprobouse o funcionamento e coordinacion do dispositivo, que incluiu a evacuacion de vecinos. 03-06-2021
Dous mozos e unha moza de 18, 19 e 24 anos, morren nun accidente entre o turismo no que viaxaban e un camión. Foi a pasada medianoite en Caldas de Reis. A Garda Civil indica que o mozo que conducía o turismo non tiña carné, e que a causa máis probable do sinistro é que o turismo non parou nun Stop. // O Rei Filipe VI volverá vir a Santiago o próximo 25 de xullo, para realizar a tradicional ofrenda ao Apóstolo. Anunciouno esta mañá en Compostela durante a inauguración do primeiro congreso mundial xacobeo.// As medidas do ministerio de Sanidad para o lecer nocturno non convencen ao sector. Di que non lles compensa abrir coas condicions de abrir ata as tres da madrugada, non ter baile e cos locais á metade de capacidade. Tamen se opoñen a Xunta e outras cinco autonomias. // Como proba preparatoria para loitar contra os lumes no verán, hoxe houbo un simulacro de incendio forestal nunha parroquia de Taboada, en Lugo. Comprobouse o funcionamento e coordinacion do dispositivo, que incluiu a evacuacion de vecinos. 03-06-2021
Espectación, pero tamén moita prudencia, ante a próxima autorización de reabrir os pubs e discotecas, con limitacións, nas comunidades con baixa incidencia, como Galicia. Aquí Haberá unha proba piloto a próxima semana..
// A Xunta pide protocolos comúns para toda España neste asunto do ocio nocturno e tamén para tomar decicións respecto a poder ir sen máscara en lugares abertos, coma as praias. Agarda que poida ser no mes de xullo, dada a cantidade de praias e lugares abertos, coma as aldeas, que hai na nosa comunidade. // O sector lácteo galego protesta ante o aumento dos costes de produción nas explotacións lácteas, como son a alimentación do gando, a luz e os salarios, o que fai que o litro de leite en Galicia sexa dous céntimos máis caro que hai dous meses. 02-06-2021
O paso dunha fronte atlántica está a deixar precipitacións, en xeral débiles, que seguirán nas próximas horas e serán más frecuentes canto máis ao leste. As temperaturas caen, con máximas entre os 15 e os 20 graos. 02-06-2021
Os pubs e discotecas preparan a reapertura. O sector poderá volver á actividade nas comunidades con baixa incidencia como Galicia, que fará unha proba piloto a próxima semana. Moitos pequenos establecementos din que non lles compensa polas restricións de cabida previstas. // En Galicia máis de 5.000 persoas abandonaron a situación de desemprego no mes de maio, trala fin do estado de Alarma, unha baixada do 3´2 por cento. Tamén se reduce en 4.000 o número de traballadores acollidos ERTE. // A orde dos Maristas pide perdón ás vítimas dos casos de abuso ocorridos no colexio El Pilar de Vigo nos anos sesenta, denunciados por un grupo de ex alumnos. Recoñece non ter actuado a tempo e anuncia unha investigación, a que poden sumarse outros afectados. // As necesidades dos nenos e nenas xordos, explicadas aos seus compañeiros e profesores, coa axuda dos Bolechas. É unha iniciativa das asociacións de persoas que padecen a discapacidade, que promoven o coñecemento da lingoa de signos nos centros escolares. 02-06-2021