Loito en Portosín polo falecemento de dous mariñeiros, no naufraxio do cerqueiro Sempre Güeto, que emborcou nas proximidades de Cedeira. Os outros oito tripulantes puideron ser rescatados polo grupo de embarcacións que volvían da costeira do bocarte no Cantábrico. // Continúa o avance da vacinación e xa son case millón e medio os galegos con algunha dose. En Ourense celebran a administración da dose número 300.000 na provincia. Un fito que chega cunha repunta de casos activos na cidade. // A praia de Rodas, no parque das Illas Atlánticas, serve de marco para a entrega das 111 bandeiras azuis que lucirán as praias de 35 concellos galegos este verán. Son o 20 por cento de todas as de España. // Once campamentos de lexionarios romanos e de tribus galaicas ocupan o centro da cidade. E o Arde Lucus, a popular festa de recreación histórica que arranca en Lugo una edición en formato reducido. 18-06-2021

Continúa o tempo inestable, con ceos anubados e chubascos localmente treboentos máis probables canto máis ao leste e no sur e que irán sendo xeneralizados co avance do día. A tendencia seguirá durante toda a fin de semana, co paso dunha nova fronte fría. As temperaturas, á baixa, con máximas entre os 22 graos de Ourense e os 17 de Santiago e Lugo. 18-06-2021
O acceso principal á basílica loce xa en plenitude, co remate das obras de restauración da escalinata, o enreixado e a cripta do Mestre Mateo.
Coa chegada das vacacións, A Xunta plantexa que as persoas que se atopen lonxe da sua residencia habitual podan ser vacinadas noutras comunidades. De momento, Núñez Feijóo di que estuda a posibilidade de poder cambiar de punto de vacinación, dentro de Galicia, se alguén o solicita. // O comité de Alcoa asegura que o goberno non está disposto agora a que a SEPI compre a fábrica de San Cibrao, como se viña barallando. Trala mesa multilateral de hoxe, os representantes dos traballadores demandan unha xuntanza urxente coa ministra de Industria á que lle piden que non rache coa unidade de acción. // A rebaixa das peaxe da ap-9 comenzará a aplicarse a partir de Xullo. Os vehiculos pesados entrarán tamén nas bonificacións do 20 por cento, nas viaxes tanto de ida como de volta e a diferenza dos turismos no terán ninguha restricción. Así o explicou hoxe en Santiago o ministro de Transportes. 17-06-2021
A fronte fría recorre hoxe Galicia, e deixa abondosa nubosidade e precipitacións xeneralizadas ao longo de todo o día, ainda que irán facéndose máis ocasionais cara a noite. As temperaturas baixan, especialmente as máximas que non pasan de 20 graos, agás en Ourense que chega a 25. 17-06-2021
A tromba de auga volve colapsar partes da cidade de Ourense, con tendas e locais asolagados, nos que hoxe tentaban reparar os desperfectos. Mentres a saraiba arrasaba plantacións enteiras de viño na Ribeira Sacra. Os adegueiros reclaman a declaración de zona catatrófica. // A primavera que remata foi a segunda máis seca do que vai de século. Segundo o balance que hoxe fixo público a Axencia Estatal de METeoroloxía. O verán, pronostican, será tamén especialmente cálido e con menos precipitacións do habitual. // O acceso principal á catedral de Santiago loce xa en plenitude, co remate das obras de restauración da escalinata, o enreixado e a cripta do Mestre Mateo. // As orquestras prepáranse para o regreso das verbenas e celebración populares este verán. As comisións de festas, pendentes da proba piloto en seis localidades, servirá este sábado para comprobar o funcionamento do protocolo de seguridade previsto pola Xunta. 17-06-2021

Tamén se adiantará a segunda dose aos maiores de 60 que recibiron a primeira de AstraZeneca. Os maiores de 12 poderían estar vacinados antes do comenzo do próximo curso.
A xuíza de Ourense que investiga a morte violenta de Nerea Añel hai dezasete meses decretou a liberdade provisional do seu noivo ao non existir risco de fuga nin de alteración de probas. O home, de 31 anos, cumpre unha condena no cárcere de Pereiro por outra causa. A xuíza impútalle un delicto de homicidio, pero terá que seguir investigando para determinar se foi intencionado ou imprudente..// O servizo de oncoloxía do hospital de Ourense participa nun proxecto piloto internacional para mellorar a calidade de vida das personas que superaron un cancro de mama ou de colon. Consiste en facer un seguimento constante da evolución dos sobreviventes cun reloxo intelixente e un teléfono móbil. // Javier Gómez Noya estará nos xogos olímpicos de Tokio.. A Federación Española confirmou hoxe oficialmente a sua partcipación na que será a sua terceira olimpiada, despois de quedar cuarto en Pekín 2008 e gañar a medalla de prata en Londres 2012. 16-06-2021
A vacinación dos menores de 40 empezará o mes que ven. Tamén se adiantará a segunda dose aos maiores de 60 que recibiron a primeira de AstraZeneca. Os maiores de 12 podería estar vacinados antes do comenzo do próximo curso. A Xunta fala xa dun documento de medidas para a volta á normalidade. // Volta á actividade anterior á pandemia nas residencias de maiores. A partir do próximo sábado, os usuarios poderán comer xuntos e retomar as actividades en grupo. Tamén se pon fin á limitación de saídas e visitas dos familiares.. //.A Garda Civil advirte dunha repunta de consumo de alcol e drogas entre os condutores, con máis de 200 positivos detectados na última fin de semana. A Direción Xeral de Tráfico intensifica dende hoxe os controis nas zonas de máis afluencia. // Alivio e satisfacción no sector primario galego pola suspensión dos aranceis que Estados Unidos lle impuxera aos productos agrarios europeos. O acordo coa Unión Europea durará cinco anos. 16-06-2021
O tempo deu un xiro drástico nas últimas horas, con ceos cada vez máis cubertos, e chubascos tormentosos, ocasionalmente fortes. A Xunta activou a alerta laranxa por precipitacións de ata 30 litros por metro cadrado nas provincias de Lugo e Ourense, onde se esperan tamén rachas fortes de vento. 16-06-2021
A vacinación dos menores de 40 empezará o mes que ven. Tamén se adiantará a segunda dose aos maiores de 60 que recibiron a primeira de AstraZeneca. Os maiores de 12 podería estar vacinados antes do comenzo do próximo curso. A Xunta fala xa dun documento de medidas para a volta á normalidade. // Volta á actividade anterior á pandemia nas residencias de maiores. A partir do próximo sábado, os usuarios poderán comer xuntos e retomar as actividades en grupo. Tamén se pon fin á limitación de saídas e visitas dos familiares.. //.A Garda Civil advirte dunha repunta de consumo de alcol e drogas entre os condutores, con máis de 200 positivos detectados na última fin de semana. A Direción Xeral de Tráfico intensifica dende hoxe os controis nas zonas de máis afluencia. // Alivio e satisfacción no sector primario galego pola suspensión dos aranceis que Estados Unidos lle impuxera aos productos agrarios europeos. O acordo coa Unión Europea durará cinco anos. 16-06-2021
Son empresas galegas de queixos, viños, conservas e carne que mostrarán conxuntamente os seus produtos nos certames gastronómicos
Os peregrinos volven percorrer os camiños de Santiago e poden xa parar nos albergues públicos. Hoxe reabren a metade deles, con medidas especiais para os que se consideren grupos burbulla.
Un neno de 11 anos faleceu afogado no encoro da Fervenza, en Mazaricos, onde fora de excursión xunto cos seus compañeiros dun colexio de Carballo. Ao parecer, os feitos ocorriron logo de que os rapaces realizasen unha actividade en piragua. Tras recoller as embarcacións e os salvavidas, un grupo decidíu dar un baño. A vítima pudo caer entón nunha zona cun pozo duns seis metros de profundidade e quedou atrapado. // Novavax, a vacina contra a covid da firma estadounidense que se fabrica no Porriño, ten unha protección prácticamente do 100% para previr casos severos da enfermidade e dun 90,4% en xeral.// A Xunta analiza a posibilidade de suavizar a obriga do uso da máscara en exteriores. Na xuntana do Comité Clínico desta tarde, estuda tamén outras medidas como un sistema de autocitas para a vacinación, dirixido aos menores de 40 anos, para que poidan recibir as doses o día e hora que mellor lles conveña. 15-06-2021
Hoxe persiste ainda a situación anticiclónica, con temperaturas moi altas, ata 30 graos en Vigo, 31 en Santiago e 33 en Pontevedra e Ourense. Pola tarde nubes de evolución ocasionarán treboadas no interior, ocasionalmente acompañadas de sarabia, de aparato eléctrico, e marcarán un cambio de tendencia para os próximos días. 05-06-2021
Os peregrinos volven recorrer os camiños de Santiago, e poden xa parar nos albergues públicos. Hoxe reabren a metade deles, logo de meses pechados pola pandemia, con medidas especiais para os que se consideren grupos burbulla. // En Ourense avanza a investigación da morte, o ano pasado, da moza Nerea Añel. O acusado foi conducido ao xulgado este mediodía, dende o cárcere de Pereiro de Aguiar onde cumple condena por outro delicto. // No día Mundial do Vento, as industrias eólicas reivindican a contribución da sua tecnoloxía, que é xa a principal fonte de enerxía eléctrica no noso país, e destacan o seu respecto ao medio natural. // É o primeiro español que descende á Foxa das Marianas, a máis de 10.700 metros de profundidade. O enxeñeiro aeronáutico de Lugo Héctor Salvador construíu o batiscafo co que recorreu xa os puntos máis profundos dos cinco océanos. 05-06-2021

Quince minutos de ventos e chuvias moi fortes e saraiba provocaron desperfectos e o caos circulatorio na cidade.