Xoan Carlos I está xa de volta na casa de Pedro Campos logo dun primeiro contacto co mar, en Sanxenxo. Unha visita marcada polo intento de manter a discreción, aínda que minuciosamente seguida polos medios. // Os convocantes da folga de médicos chegan a un acordo coa consellería de Sanidade e poñen fin a mobilización que provocou a suspensión de 1.700 operacións e máis de 30.000 consultas, a cambio de melloras retributivas. // As explotacións ecolóxicas aumentan case un corenta por cento no último ano en Galicia, ainda que polo de agora so cubren un 5 por cento da superficie agraria total. // A xestión cultural das administracións, central, autonómica e a dos concellos, merece un suspenso para o barómetro elaborado polo observatorio do Consello da Cultura Galega do ano 2022. Destaca o aumento de afluencia aos museos e a Festivais como o Son do Camiño 20-04-23
O anticiclón retírase cara ao norte. Durante a mañá, nubes baixas na franxa atlántica e co avance do día, ceos máis despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas máximas baixan, anque seguen en valores moi agradables, entre os 18 graos na Coruña o os 26 en Ourense. 20-04-23
En Sanxenxo segue a espectación que rodea a nova visita de Xoan Carlos I, que hoxe puido ter un primeiro contacto co mar, a bordo do Bribón. // O Consello da Xunta aprobou hoxe reformar a lei de loita contra os lumes forestais para engadir todalas innovacións que se fixeron nos últimos cinco anos. // A xestión cultural das administracións, central, autonómica e a dos concellos, merece un suspenso para o barómetro elaborado polo observatorio do Consello da Cultura Galega do ano 2022. Destaca o aumento de afluencia aos museos e a Festivais como o Son do Camiño 20-04-23
Don Xoan Carlos navega xa no Bribón, en augas da ría de Pontevedra, adestrando para participar na regata desta fin de semana. E o motivo polo que veu ata Sanxenxo. // Remata a folga de médicos en Galicia. A consellería de Sanidade e o sindicato convocante logran un acordo que pon fin ao paro indefinido tras nove días, nos que se suspenderon case 1.700 operacións e preto de 33 mil consultas. // Dúas mulleres de Narón que recuperan o fiado tradicional con pelo de can de palleiro e lá de ovella galega, demostrando as súas múltiples utilidades e aplicacións. 20-04-23
Segunda visita do rei emérito a España. Volve a Galicia, a Sanxenxo, e volve a aloxarse na casa do seu amigo Pedro Campos. A exposición mediática na primeira visita, hai case un ano, molestou á Casa Real. Nesta ocasión agárdase que a estadía sexa máis discreta. // Pechada ao tráfico a ponte de Santa Marta sobre o río Umia á altura de Pontearnelas, en Vilanova de Arousa. O tráfico está a ser desviado pola antiga ponte do século XVI. // Coñecer o deporte adaptado é o obxectivo dunhas xornadas para nenos entre 10 e 12 anos, Organizadas pola entidade inclusiva ENKI. 19-04-23
As altas presións continúan un día máis, traendo consigo estabilidade. Ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais no interior e brétemas costeiras que serán máis mestas ao final do día. As temperaturas máximas ascenden na metade leste, superando os 30 graos en Ourense, e descenden no resto. 19-04-23
O Rei emérito descansa xa en Sanxenxo, logo de chegar preto das dúas da tarde, en avión privado procedente de Londres, ao aeroporto de Peinador. Como sucedera hai once meses volve hospedarse na casa do presidente do club náutico. // Un policía nacional ferrolán, de 48 anos, foi abatido por outros axentes nun intercambio de disparos, nunha gasolineira da provincia de Burgos. // Os científicos que asesoran á Unión Europea piden que aumente ata un 50 por cento a superficie de zonas vetadas á pesca de fondo. // A ledicia desbordante entre os veciños de Montemiau, unha pequena aldea do concello ourensán de Castro Caldelas. O motivo, o nacemento de Noa, o primeiro que se produce dende hai 33 anos nesa localidade da Ribeira Sacra. 19-04-23
O avión privado procedente de Londres aterraba en Vigo, co Rei emérito a bordo, as dúas menos vinte da tarde. Agardaba no aeroporto de Peinador o seu amigo Pedro Campos. // Un policía nacional destinado na Coruña foi abatido esta madrugada nun tiroteo con axentes da policía e da Garda Civil nesta gasolineira de Burgos. O axente, natural de Ferrol estaba sendo investigado nun caso de narcotráfico e estaba de baixa sicolóxica. // 19-04-23
Tractores e vacas recorren as rúas de Lugo. É a protesta dos produtores de carne de vacún polos baixos prezos que reciben das industrias de distribución, que non se corresponde, din, cos que atopan os consumidores no mercado, e que disparan a inflación. // Máis de 1.800 vivendas da Sareb pasarán en Galicia a ser de alugueiro social, tal como aprobou hoxe o consello de Ministros. O sector inmobiliario advirte que a maioría non están en boas condicións. // Sanxenxo conta coa inminente chegada do Rei emérito a participar esta fin de semana na regata da clase 6MR. Ten previsto voar mañá dende Londres ao aeroporto de Peinador, en Vigo, e durante o xoves e o venres participará nos adestramentos co Bribón. // 18-04-23
Un día máis, tempo seco e con nubes altas, que non impiden, en xeral, o paso do sol. As temperaturas máximas descenden un par de graos, con respecto a onte, pero aínda así a sensación segue sendo de calor, agás no extremo norte. Os ventos frouxos do nordés, con intervalos fortes no litoral norte. 18-04-23
Centos de gandeiros produtores de carne de vacún protestaron en Lugo contra os baixos prezos que as industrias lles pagan pola carne e a rebaixa das axudas europeas para este sector. Din que venden cos prezos de hai 30 anos. // Unha balea común de dez metros de longo aparece morta, á deriva, na Ría de Vigo, e é trasladada ao porto do Berbés., Ocorre xusto cando máis de 600 expertos participan nunha conferencia internacional sobre o futuro dos mamíferos mariños e os océanos, que se celebra no Grove. 18-04-23
Produtores de carne de vacún enchen as rúas da cidade de Lugo, cos seus vehículos e vacas. Denuncian que a suba de prezos que notan os consumidores nos mercados non se corresponde co que eles reciben das industrias de distribución. // No oitavo día de folga indefinida do persoal médico houbo concentracións de protesta nos hospitais de Ourense, Santiago e Lugo.. // O Celta baixa ata o posto doce na clasificación despois da derrota en Balaídos ante o Mallorca. Os celestes non conseguiron romper a defensa do equipo balear que marcou o único gol, no minuto vinte. 18-04-23
Xa son máis de mil as cirurxías suspendidas e 20.000 as consultas adiadas, a causa da folga de médicos, nunha xornada na que o Sergas sitúa a incidencia no 13 por cento. // Novo conflito laboral na administración de xustiza. Logo da folga de letrados xa rematada, os outros colectivos de funcionarios comenzan paros parciais para reclamar que se lle apliquen a eles tamén melloras salariais, e que se clarifiquen as súas funcións. // Ledicia desbordante no Carballiño, polo triunfo do Arenteiro, o modesto club que logra un ascenso histórico á primeira federación, a terceira categoría máis importante do futbol español. // Ferrol retrocede ao século das luces para celebrar o Festival Ilustrado, O broche final, a escenificación dun minueto grupal no que participaron máis de 3000 escolares. // 17-04-23
Temperaturas prácticamente de verán, con máximas entre os 25 graos previstos na Coruña aos 30 en Ourense. A responsable é unha masa de aire cálido que mañá empeza a retirarse. 17-04-23
Xa son máis de mil as cirurxías suspendidas e 20.000 as consultas adiadas, a causa da folga de médicos, nunha xornada na que o Sergas sitúa a incidencia no 13 por cento. Traballadores sanitarios saen á rúa en Lugo, para denunciar a sobrecarga que están a rexistrar nos seus servizos. // Ledicia desbordante no Carballiño, polo triunfo do Arenteiro, o modesto club que logra un ascenso histórico á primeira federación, a terceira categoría máis importante do futbol español. // Ferrol retrocede ao século das luces para celebrar o Festival Ilustrado, O broche final, a escenificación dun minueto grupal no que participaron máis de 3000 escolares. 17-04-23
Traballadores sanitarios protestan en Lugo polas suas condicións laborais. Os convocantes da folga de médicos elevan ata o 40 por cento o seguemento nesa área na xornada de hoxe. // Reaccións en Galicia ao anuncio de Pedro Sánchez de mobilizar 50 mil vivendas da Sareb para alugueiro social. O PP considera que a medida non será operativa ao non ser pactada co gobernos autonómicos, que son os que teñen as competencias. // O Breogán certifica a permanencia na ACB por segunda temporada consecutiva, a pesar da derrota o sábado en Gran Canaria por 77 a 66. 17-04-23
O leite, un 30 por cento máis caro, ou os ovos, un 24, son exemplos dunha suba de prezos dos alimentos que supera o 16 por cento respecto a hai un ano. O IPC de marzo, queda en Galicia unha décima por riba da media do conxunto de España. // Xa son case 800 as intervencións cirúrxicas e 15.000 consultas cos especialistas que tiveron que ser reprogramadas a causa da folga de médicos, que chega ao seu cuarto día. // Asociacións pesqueiras de Galicia e Asturias deciden recorrer ao Tribunal Supremo para frear a instalación de parques eólicos mariños. Piden a suspensión cautelar do decreto do goberno central que regula os parques flotantes fronte á costa. // Carismático, provocador, cunha voz prodixioxa, considerado por algúns como o mellor cantautor do mundo. Rufus Wainwright adiántanos como será a presentación do seu novo traballo, esta noite na Coruña. // 17-04-23
Os prezos dos alimentos volven rozar o récord e soben un 16´5 por cento respecto ao ano pasado, mentres se moderan os da electricidade e dos carburantes. // Galicia, como referente mundial na inmunización infantil, acolle unhas xornadas con expertos é o adianto na protección contra o virus da bronquiolite, a patoloxía respiratoria que causa máis hospitalizacións entre os lactantes. // A antiga escola habaneira de San Simón da Costa, na Terra Cha é un plató de cine estes días. Alí estáse rodando "Tratamos demasiado bien a las mujeres", unha historia de maquis na posguerra cunha destacada participación galega. 17-04-23
Enfrontamento de bateeiros coa policía, nunha nova protesta en Santiago, contra a anulación de zonas autorizadas para extraer mexilla. Duas persoas detidas e varios feridos entre policías e manifestantes. // Terceira xornada da folga de médicos, con maior seguemento na área de Vigo e menor na de Pontevedra Salnés. Ata agora provocou a suspensión de case 500 cirurxías. // // O laboratorio clandestino que operaba en Cotobade, o maior desmantelado en Europa, funcionaba sen parar as 24 horas e tiña capacidade para producir 200 quilos de cocaína ó día. // Un maratón benéfico pide colaboración para poder alugar un autobús no que uns 40 nenos poidan viaxar dende Ucraína á Coruña para participar no concurso "Salva os seus soños". 13-04-23
Carga policial contra bateeiros que se manifestaban diante da sede da Xunta, en Santiago, que se salda con dúas persoas detidas e varios feridos entre policías e manifestantes. // A folga de médicos, que chega ao seu terceiro día, provoca ata agora a suspensión dunhas 500 cirurxías. Os servizos mínimos cúmprense con normalidade. // Un maratón benéfico pide colaboración para poder alugar un autobús no que uns 40 nenos poidan viaxar dende Ucraína á Coruña para participar no concurso "Salva os seus soños". 13-04-23