Continuamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións e con entrada de aire cálido con ascenso térmico. As temperaturas máximas oscilarán entre os 20 graos da Coruña, na costa, e os 29 de Ourense, no interior. 27-04-23
O paro aumenta en 3.700 persoas no primeiro trimestre do ano, e a ocupación redúcese en apenas 800 postos de traballo menos. // vitoria do Celta ante o Elche que tranquiliza ao equipo na loita pola permanencia. Non está matemáticamente salvado pero un gol de Aidoó no último minuto sentenciou un partido moi nivelado en xogo co colista. // En Tui celébrase o festival de cine documental PLay Doc, cunha homenaxe á cineasta belga Chantal Akerman, e ofrece o máis actual do panorama audiovisual internacional e galego. 27-04-23
A ocupación redúcese en Galicia en apenas 800 empregos no primeiro trimestre do ano, mentres o paro xuvenil diminúe máis de tres puntos en relación co ano pasado. // O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, pide desculpas, mediante un comunicado público, tras ser denunciado por axentes de tráfico por circular a 215 quilómetros por hora. // A firma Adolfo Domínguez abandona os números vermellos por primeira vez nos últimos oito anos. Consegue un incremento de vendas do 24 por cento, din os seus reponsables, cunha clientela máis nova // Campo Lameiro, elexida capital do turismo rural de España 2023. por votación popular, no certame impulsado por unha plataforma especializada. 27-04-23
O paro aumenta en 3.700 persoas no primeiro trimestre do ano, e a ocupación redúcese en apenas 800 postos de traballo menos. // O Consello da Xunta aprobou hoxe o ante proxecto de lei de Xestión do Litoral. // Desconvocada a folga que ameazaba con paralizar hoxe e mañá o transporte en autobús durante 48 horas. Sindicatos e patronal chegaban a última hora a un acordo parcial, ainda que segue a convocatoria do paro indefinido a partir do 8 de maio. 27-04-23
O presidente a Deputación de Ourense, citado a xuízo para responder dun delito contra a seguridade vial, tras ser interceptado a 215 quilómetros por hora ao volante dun coche oficial. // 10 persoas detidas, ata agora, nunha nova operación da Garda Civil contra unha rede dedicada ao narcotráfico e o branqueo de capitais. Rexistradas 15 vivendas en varias localidades nas provincias de Lugo e Pontevedra. // O concello de Santiago preséntalle ao sector hostaleiro o seu plan para implantar unha taxa turística, cunha recadación prevista de tres millóns de euros, cobrando entre cincuenta céntimos e dous euros e medio por estadía diaria. // O xogo coma motor do desenvolvemento, é o tema central do Salón do Libro infantil e xuvenil que está aberto ao público en Pontevedra. Obradoiros literarios e gastronómicos entre as actividades programadas.
26-04-23
As néboas e nubes baixas van desaparecendo co avance do día. As temperaturas empezan a subir pola chegada de aire cálido. As máximas entre os 19 graos na Coruña e 27 en Ourense. 26-04-23
O presidente da Deputación de Ourense, a xuízo por ir a 215 por hora. Axentes de tráfico déronlle o alto cando circulaba pola A-52, na provincia de Zamora, conducindo un vehículo oficial. // Cumprense 10 días de folga para os funcionarios da administración de xustiza, a segunda que encara este organismo no que vai de ano. Os avogados denuncian as graves consecuencias para os cidadáns. // Santiago é a primeira cidade galega que estuda cobrar unha taxa turística. Hoxe o concello presentoulle ao sector hostaleiro a súa proposta, que fixa un prezo de entre cincuenta céntimos e dous euros e medio, en función da categoría do aloxamento. 26-04-23
Novo golpe da Garda Civil contra o narcotráfico, con 10 persoas detidas e o rexistro de 15 vivendas en varias localidades nas provincias de Lugo e Pontevedra. //O presidente da Deputación e do PP de Ourense , Manuel Baltar, terá que someterse a un xuízo rápido por circular a 215 quilómetros por hora pola autovía das Rías Baixas. // Cumprense 10 días de folga dos funcionarios da administración de xustiza. Os representantes sindicais manifestáronse diante das portas dos xulgados galegos e anuncian novas xornadas de paro para aumentar a presión ao Ministerio de Xustiza. 26-04-23
Equipos de criminalística investigan as circunstancias da morte dun home na casa na que residía co seu fillo na localidade de Esteiro. O mozo, de 19 anos, detido como presunto autor do crime, pasa esta tarde a disposición xudicial en Muros. // Axentes de policía denunciaron hoxe por atentado a autoridade a un cargo do ministerio de Igualdade, tras un incidente no aeroporto Rosalía de Castro, en Santiago. Din que quixo facer prevalecer o seu posto para evitar a actuación dos efectivos de seguridade. // Rematan as probas para comprobar a fiabiliade do sistema de seguridade ERTMS na liña entre Santiago Ourense. Durante tres días, o tráfico dos trens Avant e Alvia foi suspendido e os viaxeiros desviados por estrada. // O Lugo certifica matematicamente o descenso a Primeira Federación, a falta de cinco partidos, tras perder por cero a dous onte fronte ao Málaga no Anxo Carro. 24-04-23
Xornada de transición antes da chegada das altas presións. Durante a mañá algúns chuvascos que pola tarde van remitindo. Apertura de grandes claros sobre todo polo surleste. As temperaturas mínimas se cambios significativos mentres que as máximas ascenden lixeiramente. 24-04-23
Equipos de criminalística investigan as circunstancias da morte dun home na casa na que residía co seu fillo na localidade de Esteiro. O mozo, de 19 anos, detido como presunto autor do crime, pasa esta tarde a disposición xudicial en Muros. // A cidade deportiva do Celta, en Mos, declarada definitivamente ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. // O Lugo certifica matematicamente o descenso a Primeira Federación, a falta de cinco partidos, tras perder por cero a dous onte fronte ao Málaga no Anxo Carro. 24-04-23
A cidade deportiva do Celta, en Mos, declarada definitivamente ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza considera que non se pode executar o proxecto nuns terreos calificados de solo rustico de especial protección. // A Xunta autoriza a ampliacion da granxa ecoloxica A Casa Grande de Xanceda, no concello coruñés de Mesía. a mais importante de Galicia na producion de produtos con selo ecolóxico. // Rematou a visita do Rei emérito a Galicia, a segunda dende a súa marcha a Abu Dabi. O mal tempo impediu que puidese participar durante a fin de semana na regata de Sanxenxo, na que o Bribón volveu proclamarse líder.24-04-23
Despois dunha mañá de nubes e claros a partir do mediodía o ceo cuberto pola chegada dunha fronte fría. As chuvias remiten á noite. O sábado caerán de xeito intermitente. As temperaturas seguen en descenso. 21-04-23
Suba salarial para todos os traballadores sanitarios galegos. A Mesa sectorial pacta un aumento nos conceptos de gardas e, nocturnidade e no traballo en Festivos. // Segue a estadía do anterior xefe do Estado en Sanxenxo, Hoxe don Xoan Carlos fixo unha nova navegación a bordo do Bribón, esta vez máis breve a causa do tempo. // O Centro de Supercomputación de Galicia está a instalar un computador cuántico que se convertirá, din, no mellor do sur de Europa. // Os beneficios recadados no Festival da Luz, o certame musical que organiza Luz Casal na sua localidade natal de Boimorto, entregados, hoxe, aos seus benefciarios. Son 83.000 euros para as asociacións de enfermos de Alzheimer de Galicia e para a Cruz Vermella de Betanzos. 21-04-23
Novo acordo para mellorar as retribucións dos traballadores sanitarios. A Mesa sectorial pacta un aumento nos conceptos de gardas, nocturnidade e traballo en Festivos, que se extenderá ao resto dos colectivos da sanidade pública. // O observatorio da vivenda reuneuse de urxencia para abordar o proxecto da nova lei estatal. A Consellería busca fixar unha postura común da nova norma cos profesionais do sector. // Asociacións xacobeas de España, Bélxica, Francia e Países Baixos acordan a cración dunha Federación Europea, que empezará a funcionar en outubro. 21-04-23
Un acordo que, ademais dos médicos, se extenderá ao conxunto dos máis de 40.000 traballadores da sanidade pública. // O Centro de Supercomputación de Galicia contará cun computador cuántico que se convertirá no mellor do sur de Europa. Investigadores das tres universidades galegas traballan no proxecto, cun presuposto de 154 millons de euros. // O escritor Edmundo Días Conde volve a Ourense os escenarios onde trancorre "Mamá", a sua última novela. Escrita trala morte da súa nai, a modista Mary Conde Mir, como xeito de pedirlle perdón por non ter coidado dela como debera. 21-04-23
Xoan Carlos I está xa de volta na casa de Pedro Campos logo dun primeiro contacto co mar, en Sanxenxo. Unha visita marcada polo intento de manter a discreción, aínda que minuciosamente seguida polos medios. // Os convocantes da folga de médicos chegan a un acordo coa consellería de Sanidade e poñen fin a mobilización que provocou a suspensión de 1.700 operacións e máis de 30.000 consultas, a cambio de melloras retributivas. // As explotacións ecolóxicas aumentan case un corenta por cento no último ano en Galicia, ainda que polo de agora so cubren un 5 por cento da superficie agraria total. // A xestión cultural das administracións, central, autonómica e a dos concellos, merece un suspenso para o barómetro elaborado polo observatorio do Consello da Cultura Galega do ano 2022. Destaca o aumento de afluencia aos museos e a Festivais como o Son do Camiño 20-04-23
O anticiclón retírase cara ao norte. Durante a mañá, nubes baixas na franxa atlántica e co avance do día, ceos máis despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas máximas baixan, anque seguen en valores moi agradables, entre os 18 graos na Coruña o os 26 en Ourense. 20-04-23
En Sanxenxo segue a espectación que rodea a nova visita de Xoan Carlos I, que hoxe puido ter un primeiro contacto co mar, a bordo do Bribón. // O Consello da Xunta aprobou hoxe reformar a lei de loita contra os lumes forestais para engadir todalas innovacións que se fixeron nos últimos cinco anos. // A xestión cultural das administracións, central, autonómica e a dos concellos, merece un suspenso para o barómetro elaborado polo observatorio do Consello da Cultura Galega do ano 2022. Destaca o aumento de afluencia aos museos e a Festivais como o Son do Camiño 20-04-23
Don Xoan Carlos navega xa no Bribón, en augas da ría de Pontevedra, adestrando para participar na regata desta fin de semana. E o motivo polo que veu ata Sanxenxo. // Remata a folga de médicos en Galicia. A consellería de Sanidade e o sindicato convocante logran un acordo que pon fin ao paro indefinido tras nove días, nos que se suspenderon case 1.700 operacións e preto de 33 mil consultas. // Dúas mulleres de Narón que recuperan o fiado tradicional con pelo de can de palleiro e lá de ovella galega, demostrando as súas múltiples utilidades e aplicacións. 20-04-23