Seguimos baixo a influencia das borrascas atlánticas. Día de nubes e claros e algún chuvasco illado, pero pola noite esperamos que chegue unha fronte de chuvias que continuarán durante o sábado. O domingo recuperamos a influencia anticiclónica, remiten as chuvias e baixan as temperaturas. 05-05-23
Falece Arsenio Iglesias, o mítico adestrador do Superdépor, o bruxo de Arteixo que ascendeu o club coruñés a Primeira e conseguiu unha Copa do Rei. Tiña 92 anos // O rei Filipe VI estivo hoxe en Lugo para presidir o acto central do Tour do Talento, unha iniciativa dirixida a potenciar o futuro profesional da mocidade // A Policía Nacional e a Axencia Tributaria interviron dúas toneladas de cocaína a unha organización de narcotraficantes que operaba dende Sudamérica a través do Porto de Vigo // Liga Maker Drone, unha competición na que alumnos de secundaria deben resolver un reto cun dron elaborado por eles mesmos. 05-05-23
O paro baixa en 2.500 persoas en abril nun mercado laboral animado polas contratacións de Semana Santa. Os afiliados a Seguridade Social aumentan en case 7.000. // Pese aos intentos de socialistas e BNG, o presidente da Deputación de Ourense négase a ofrecer máis explicacións por conducir a 215 kilómetros por hora nun coche oficial. O presidente da Xunta espera tamén a que a xustiza se pronuncie sobre o caso. // Sanxenxo segue como o concello español con máis bandeiras azúis, con 20. Ante a escaseza de auga, o certame pide retirar as duchas das praias, que non é requisito para ter bandeira azul. // . Un apicultor de Cervantes, na montaña de Lugo, acumula máis de 16 millóns de reproduccións dos seus vídeos e máis de cen mil seguidores na rede social Tik Tok. Mostra o coidado das abellas e o proceso artesán de producción do mel. 04-05-23
Día de chuvascos treboentos que afectan durante a mañá sobre todo á zona atlántica e máis xeralizados pola tarde. As temperaturas en descenso moi notable, con máximas entre os 20 graos en Pontevedra e os 23 de Ourense. 04-05-23
Os afiliados a Seguridade Social aumentan en case 7.000, cun aumento do emprego que se extende a tódolos sectores económicos e grupos de idade. // Sanxenxo segue como o concello español con máis bandeiras azúis, con 20. Ante a escaseza de auga, o certame pide retirar as duchas das praias, que non é requisito para ter bandeira azul. // 'Escenas do Cambio' trae ao Gaiás, en Santiago, dez espectáculos de vangarda, ata o sábado. O festival de danza, teatro e arte en acción arranca esta tarde cunha experiencia de teatro itinerante para redescubrir Compostela. 04-05-23
Galicia súmase, Con 2.504 parados menos, ás cifras dun mes de abril que se converte no mellor de toda a serie histórica en España, que recupera os niveis previos a crise de 2008. //O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, négase no pleno extraordinario a dar máis explicacións públicas sobre o presunto delito que cometeu contra a seguridade viaria conducindo un coche oficial. Os socialistas non desbotan levalo aos xulgados. // Santiago acolle o cumio acádemico de coñecemento de educación superior, o maior encontro dese ámbito entre paises de Europa, América Latina e o Caribe. // 04-05-23
Tempo de tronada con temperaturas máis frescas ao final do día. Algunhas nubes pola mañá que pola tarde cubrirán totalmente o ceo con posibilidade de chuvascos fortes que mesmo poden vir acompañados de aparato eléctrico. 03-05-2023
Preto de mil traballadores incorpóranse hoxe ao dispositivo de loita contra os incendios. A Xunta márcase como obxetivo que este ano ardan menos de 20.000 hectáreas. // Os estragos dos xabarís nas leiras galegas son cada vez máis frecuentes. Os gandeiros de Monfero, na Coruña, esixen solucións xa que a situación que teñen non seus predios non lles asegura que a sementeira do millo vaia a ser rendible este ano. // Polémica polos posibles efectos non desexados da Intelixencia Artificial. Os expertos destacan o papel de organismos como a AESIA, a axencia de supervisión desa tecnoloxía que ten previsto implantar a sua sede na Coruña. 03-05-2023
As condicións meteorolóxicas levan a adiantar o reforzo do servizo de prevención e loita contra os incendios forestais. Preto de mil brigadistas e persoal de apoio incorpóranse hoxe ao dispositivo. A Xunta márcase como obxetivo que este ano ardan menos de 20.000 hectáreas. // a Xunta e o goberno central confirman os seus desencontros trala primeira xuntanza institucional do Presidente Alfonso Rueda e Gómez Besteiro como Delegado. O principal punto de fricción, a lei de xestión do Litoral promovida polo executivo autonómico. // Polémica polos posibles efectos non desexados da Intelixencia Artificial. Os expertos destacan o papel de organismos como a AESIA, a axencia de supervisión desa tecnoloxía que ten previsto implantar a sua sede na Coruña. // O café Latino de Ourense celebra o 25 aniversario seu festival de jazz. Repasamos a traxectoria dun certame polo que teñen pasado figuras míticas do xénero. 03-05-2023
A AESIA, a axencia de supervisión da Intelixencia Artificial, que prevé ter a sua sede na Coruña, clave para afrontar os posibles efectos non desexados desta tecnoloxía, que denuncian os expertos. // O Goberno central pon en marcha un plan para dinamizar os fondos europeos de recuperación nos concellos de menos de cinco mil habitantes. // O saxofonista estadounidense Kenny Garrett toca esta noite en Ourense coa súa banda. É un dos concertos programados polo Café Latino co gallo do 25 aniversario do seu Festival de Jazz. 03-05-2023
Proclamadas as candidaturas para as eleccións municipais do 28 de maio. O PP repite como único partido que presenta candidatos nos 313 concellos, mentres socialistas e BNG acadan o seu máximo histórico de listas. // No día Internacional contra o acoso escolar, a Xunta anuncia unha nova enquisa xeral para coñecer o estado da convivencia nas aulas, dirixida a familias e docentes de todas as etapas educativas. // A policía trata de identificar as persoas causantes do incendio que calcinou totalmente un autobús urbano no centro de Vigo. // Satisfacción no sector hostaleiro pola afluencia turística durante a ponte de maio. As zonas turísticas como as Rías Baixas superaron o 80 por cento e en Santiago a ocupación pasou do 90 segundo as primeiras estimacións. 02-05-23
Unha masa de aire cálido fai subir aínda máis as temperaturas. Predominan as nubes altas que non impiden o paso do sol. As temperaturas máximas oscilarán entre os 23 graos da Coruña e os 33 en Ourense. 02-05-23
Proclamadas as candidaturas para as eleccións municipais do 28 de maio. O PP repite como único partido que presenta candidatos nos 313 concellos, mentres socialistas e BNG acadan o seu máximo histórico de listas. // Último día para que os Concellos elixan por sorteo os cidadáns que deberán formar parte das mesas de votación nos colexios electorais nas municipais do 28 de maio. // O pescados ¨Rubén Burela de Fútbol Sala Feminino volve facer historia ao proclamarse campión da Copa da Raíña. É o sexto título copeiro do conxunto laranxa, o quinto consecutivo das de Burela. 02-05-23
A policía nacional trata de identificar as persoas causantes do incendio que calcinou totalmente un autobús urbano no centro de Vigo. // Hoxe é o último día para que os Concellos elixan por sorteo os cidadáns que deberán formar parte das mesas de votación nos colexios electorais nas municipais do 28 de maio. Haberá preto de 4.000 mesas en toda Galicia. // As Consellerías de Medio Ambiente e do Mar continúan a modernizar a rede do observatorio costeiro, unha infraestrutura para facilitar a información sobre o estado do mar, a disposición de investigadores e profesionais. 02-05-23
Os pescadores quéixanse de que este ano a lamprea escasea no río. É sinal de identidade de Arbo, onde a súa festa foi declarada de interese turístico internacional
Manuel Baltar admite, no pleno da Deputación de Ourense, que foi sancionado polo menos tres veces por exceder os límites de velocidade ao volante dun coche oficial, e aclara que non pensa dimitir tras ser citado nun xulgado de Zamora. // No día mundial da seguridade e a saúde no traballo, os sindicatos lembran o naufraxio do Villa de Pitanxo, o máis grave sinistro laboral do ano pasado, con 21 mariñeiros falecidos. // Os prezos recuperan a tendencia á alza. En abril chegan a un aumento do 4,1 % respecto ao mesmo mes do ano pasado, segundo o indicador adiantado do INE. // Fatum chega aos cines. Luis Tosar, Alex Garcia ou Elena Anaya protagonizan esta longametraxe de ficción dirixida polo pontevedrés Juan Galiñanes. Rodada integramente na Coruña. 28-04-23
Mantense o aire cálido con temperaturas sen cambios. Pola tarde podemos ter algún chuvasco illado. Mañá agardamos que baixen as temperaturas, aumente a nubosidade e volvan as chuvias durante a tarde e O domingo entra un anticiclón que traerá sol. 28-04-23
Manuel Baltar admite, no pleno da Deputación de Ourense, que foi sancionado polo menos tres veces por exceder os límites de velocidade ao volante dun coche oficial, e aclara que non pensa dimitir tras ser citado nun xulgado de Zamora. // O sector galego do metal crece un 15% en facturacion en 2022, segundo o informe anual da Asociación industrial Asime. Os empresarios piden flexibilizar os requisitos para incorporar traballadores cualificados doutros paises. // Fatum chega aos cines. Luis Tosar, Alex Garcia ou Elena Anaya protagonizan esta longametraxe de ficción dirixida polo pontevedrés Juan Galiñanes. Rodada integramente na Coruña. 28-04-23
Ata 220 quilos de cocaína e catro millóns de euros. É o incautado na operación Carplaya contra unha organización dedicada ao narcotráfico, levada a cabo esta semana pola Garda Civil nas provincias de Pontevedra e Lugo. // A situación de Manuel Baltar, logo de ser denunciado por circular a 215 quilómetros por hora nun coche oficial, abordada hoxe no pleno da Deputación de Ourense. // Os prezos seguen subindo. Este mes chegaron ao 4,1 %, segundo o indicador adiantado do INE. Os carburantes e a electricidade son de novo a chave da escalada. 28-04-23