Unha muller de 33 anos, vítima mortal dun apuñalamento, ocorrido nunha infravivenda frecuentada por okupas, en Pontevedra. Un home, de 50 anos, detido como presunto autor do crime. A policía asegura que entre eles non había relación de parella. // No porto de Ribeira, un equipo de submarinistas da Policía Nacional busca a pistola empregada nun intento de homicidio. Hai tres persoas detidas cando, ao parecer, trataban de fuxir a Portugal. A vítima, de 27 anos de idade, está en coma. // Coa suba dos prezos, serán máis os que opten este ano para as vacacións pola aldea, o apartamento da praia ou o camping. 22-05-23
Avogados da quenda de oficio de toda Galicia, amosan, diante do Parlamento, o malestar polas suas condicións de traballo. Din que carecen de dereitos e realizan moitas tarefas sen cobrar. Estudan a posibilidade legal de ir, tamén, á folga. // Os partidos intensifican a actividade electoral, no ecuador da campaña, con Alberto Núñez Feijóo en apoio de candidatos galegos do PP en Lugo e Ferrol. Os socialistas visitan concellos como Lalín ou Monforte e Ana Pontón acudirá ao principal feudo do BNG, Pontevedra. // Incendio no concello pontevedrés de Crecente, que se inciou en tres focos diferentes e obrigou a mobilización de numerosos efectivos. Arestora considérase estabilizado, logo de arrasar unhas 100 hectáreas. // 19-05-23
Alternancia de nubes e claros en xeral, e máis despexado no sur. Sen apenas cambios nas temperaturas previstas ao longo da fin de semana, Mañá quedaremos dentro dun área de inestabilidade, con maior posibilidade de precipitacións. 19-05-23
Avogados da quenda de oficio de toda Galicia, amosan, diante do Parlamento, o malestar polas suas condicións de traballo. Din que carecen de dereitos e realizan moitas tarefas sen cobrar. // Incendio no concello pontevedrés de Crecente, que se inciou en tres focos diferentes e obrigou a mobilización de numerosos efectivos. Arestora considérase estabilizado, logo de arrasar unhas 100 hectáreas. // A maioría dos furanchos aproveitan estes meses primaverais para abrir as súas portas. Tamén se acompáñan de comida caseira, o que, para moitos, converteos nunha unha alternativa barata de lecer. 19-05-23
Os partidos intensifican a actividade electoral, no ecuador da campaña, con Alberto Núñez Feijóo en apoio de candidatos galegos do PP en Lugo e FErrol. Os socialistas visitan concellos como Lalín ou Monforte e Ana Pontón acudirá ao principal feudo do BNG, Pontevedra. // Os avogados de quenda de oficio piden diante do parlamento melloras laborais. Demandan un aumento de retribucións e un estatuto que regule as súas funcións. // A maioría dos furanchos aproveitan estes meses primaverais para abrir as súas portas. Concéntranse sobre todo nas Rías Baixas e seguindo a tradición, os propios bodegueiros ofrecen o viño nas súas casas. 19-05-23
Malestar entre os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo pola saída cara a Terranova do buque que inspeccionará o pecio, que consideran precipitada. Acusan ao Ministerio de Transportes de non incluir na expedición aos peritos xudiciais designados pola Audiencia Nacional. // Duas adegas galegas, distinguidas nos premios das Cooperativas Agroalimentarias de España. Condes de Albarei, de Rías Baixas, pola sua labor social e Viña Costeira, do Ribeiro, pola suas propostas innovadoras para practicar unha viticultra respectuosa coa natureza. // Malores Villanueva, a biógrafa de Francisco Fernández del Riego, retrata dende a Fundación Penzol, en Vigo a un persoeiro que foi un loitador incansable. // Exemplares de pura raza galega, protagonistas na feira cabalar, no recinto de Amio, en Santiago, Un dos pratos fortes da festa da Ascensión. 18-05-23
Continua o anticiclón e vento do nordés. Ceos pouco nubrados en xeral, con intervalos de nubes de tipo alto e de estancamento no norte da provincia de Lugo. As temperaturas mínimas sen cambios e as máximas sofren un lixeiro descenso. 18-05-23
As familias dos náufragos do Villa de Pitanxo acusan ao Ministerio de Transportes de ignorar a Audiencia Nacional e non subir aos peritos xudiciais a bordo do buque que inspeccionará o pecio. // A Ministra de Transportes sae ó paso desas críticas. Asegura que a Comision de Investigación de Accidentes Marítimos non depende funcionalmente do Ministerio. // Duas adegas galegas, distinguidas nos premios das Cooperativas Agroalimentarias de España. Condes de Albarei, de Rías Baixas, pola sua labor social e Viña Costeira, do Ribeiro, pola suas propostas innovadoras para practicar unha viticultra respectuosa coa natureza. . 18-05-23
Exemplares de pura raza galega participan na exhibición na feira cabalar, en Santiago, Un dos pratos fortes da festa da Ascensión, a celebración que enche hoxe a capital de Galicia de ambiente lúdico. //Enfado dos familiares das vítimas do Pitanxo pola partida do buque para inspeccionar o pecio, sen os peritos designados pola Audiencia Nacional. // A Fundación Penzol, que dirixíu Fernández del Riego en Vigo, celebra o seu 60 aniversario. cunha mostra de 60 pezas, unha por cada ano de existencia da institución, que inclúen os primeiros documentos escritos en galego. 18-05-23
O buque Ártabro conta xa co contrato asinado para baixar ao pecio do Villa de Pitanxo, en augas de Terranova. Os encargados da misión chegaran a ameazar con suspendela, ante o atraso en tramitar a docuentación por parte do Ministerio de Transportes. // Representantes da patronal das comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León reclamaron hoxe, conxuntamente, un compromiso para o Corredor Atlántico de conexión ferroviaria con Europa. // O agroglamour volve dende hoxe a aldea porriñesa de Cans co festival de cine que chega a sua vixéxima edición. // Francisco Fernández del Riego é o gran protagonista das letras galegas neste ano. Recuperamos, da man do arquivo de Televisión Española en Galicia, as súas propias palabras, e lembramos momentos máis destacados dunha vida dedicada á defensa da cultura galega. 16-05-23
Asinado, esta mañá, o contrato entre o Ministerio de Transportes e a empresa que baixará ao pecio do Villa de Pitanxo, en Terranova. Confirmouno o delegado do goberno tras reunirse con familiares dos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio. // A CIG denuncia o que considera un intento de privatización da sanidade publica a través das mutuas, no acordo para o emprego e negociación colectiva asinado polos sindicatos UGT e Comisións coa patronal. // O agroglamour volve dende hoxe a aldea porriñesa de Cans co festival de cine que chega a sua vixéxima edición. Ademáis de Proxeccións, o programa inclúe coloquios, música, e outras actividades. 16-05-23
O buque Ártabro, especializado en investigación submarina, conta xa, por fin, co contrato asinado para baixar ao Villa de Pitanxo. // A CIG denuncia o que considera un intento de privatización da sanidade publica a través das mutuas, no acordo para o emprego e negociación colectiva asinado polos sindicatos UGT e Comisións coa patronal. // A Universidade de Santiago únese ás celebracións en homenaxe a Francisco Fernández del Riego polo Día das Letras Galegas. No acto presentouse a obra que repasa a traxectoria de Del Riego como líder dun efervescente movemento estudantil durante os anos da República 16-05-23
Homenaxe a Francisco Fernández del Riego na sua localidade natal de Vilanova de Lourenzá. A Real Academia destaca o seu papel dinamizador na recuperación da lingua e a cultura, que define como "luz nas tebras". // Cumprense 60 anos de celebración do día das letras galegas. Un evento que contou co propio Fernández del Riego entre os promotores, e que ten mudado desde estar prácticamente proscrito en pleno franquismo a converterse na festa da cultura galega de hoxe en día. // No día mundial contra a LGTBifobia achegamonos a coñecer como viviu a sua homosexualidade un pioneiro da loita contra a discriminación. //
17-05-23
Seguimos baixo a influencia das altas presións centradas ao norte da Península e con circulación do nordés intensa, nunha xornada de tempo seco e de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas sen cambios e as máximas ascenden lixeiramente. 17-05-23
A Real Academia e a Xunta renden homenaxe a Francisco Fernández del Riego con actos institucionais en Vilanova de Lourenzá. // A Celebración do Día das Letras Galegas cumpre 60 anos, nos que ten mudado desde estar prácticamente proscrito en pleno franquismo a converterse na festa da cultura que é hoxe en día. // O Artabro, o buque que ten previsto inspeccionar o pecio do Villa de Pitanxo zarpaba dende o porto de Vigo esta mesma tarde rumbo a Terranova. Os familiares das vítimas aseguran non ter coñecemento oficial desa saida, e piden que a inspeccións se faga con garantías xurídicas. 17-05-23
Día de festa adicada a Francisco Fernández del Riego, unha figura emblemática do esforzo por dignificar a nosa cultura. Os actos institucionais trasládanse á sua localidade natal de Vilanova de Lourenzá onde, a Xunta e a Real Academia rendenlle homenaxe. // O día das letras galegas, un evento que contou co propio Fernández del Riego entre os promotores, cumpre 60 anos. // Milleiros de persoas saen a rúa para manifestarse a favor do uso da lingúa galega en todos os ámbitos, convocadas pola plataforma Queremos Galego, nun ambiente de festa e reivindicación. 17-05-23
Xornada de tempo seco, con algunhas nubes medias e altas en xeral e nubes baixas ao norte de Lugo. As temperaturas mínimas, en lixeiro descenso, sobre todo no interior, mentres que as máximas, sen cambios significativos. 16-05-23
Bombeiros, protección civil e corpos de seguridade, interveñen contra un incendio moi próximo ás vivendas. É un simulacro organizado na parroquia coruñesa de Elviña, para comprobar que o dispositivo está listo de cara a temporada de maior risco. // Debates de política nacional, nos primeiros compases da campaña para as eleccións municipais do 28M. O PP insiste na polémica polas listas de Bildu. // A Xunta pon en marcha un programa para que as farmacias axuden coa medicación a persoas maiores que viven soas e teñen dificultades para tomala correctamente, mediante un sistema de dosificación persoalizada. //Traballadores de prisións reclaman a construción dun hospital psiquiátrico penitenciario para atender aos máis de mil reclusos galegos que padecen algún tipo de patoloxía mental. 15-05-23
Os ceos máis despexados no sur pola tarde e quedarán con nubes altas na metade norte agás na Mariña, con posibilidade dalgún orballo. As temperaturas máximas baixan sobre todo polo norte. 15-05-23
A parroquia de Elviña, na Coruña, converteuse no escenario dun incendio forestal. Neste simulacro, o suposto lume estaba próximo as vivendas, polo que se declarou o nivel 2 de alerta. Un exercicio que forma parte da prevención ante a chegada do verán. // Traballadores de prisións reclaman a construción dun hospital psiquiátrico penitenciario para atender aos máis de mil reclusos galegos que padecen algún tipo de patoloxía mental. // A Xunta pon en marcha un programa para que as farmacias axuden coa medicación a persoas maiores que viven soas e teñen dificultades para tomala correctamente, mediante un sistema de dosificación persoalizada. 15-05-23