Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Debates de política nacional, nos primeiros compases da campaña para as eleccións do 28M. O PP insiste, da man de Rajoy, na polémica polas listas de Bildu. Socialistas e nacionalistas resaltan a xestión dos concellos nos que gobernan. // Malestar no sector agrario polas axudas do goberno central para combater a seca. Din que reciben menos fondos que os do resto das comunidades, pese a resultar igualmente perxudicados polo aumento de custes de produción. // O MARCO de Vigo presenta por primeira vez nun museo español unha mostra do traballo do artista catalá LLuís Lleó, entre a figuración e a abstracción, marcado polos trinta anos que viviu en Nova York. 15-05-23

Arranca a campaña para as eleccións municipais do 28 de maio, coa cidade de Santiago, onde o resultado é especialmente incerto, como a elexida polos tres grandes partidos para os primeiros actos. // Xornada de protestas hoxe en Ferrol. Os traballadores do estaleiro Navantia saíron as rúas de novo para esixir avances na negociación do seu convenio. Á manifestación sumáronse tamén os traballadores do Lidl de Narón, en folga indefinida dende hai tres meses. // O IPC de abril confirma a tendencia á alza, cun aumento interanual do 4´1 por cento en Galicia. O goberno destaca que a tendencia dos alimentos é a moderación tras meses de subidas record. 12-05-23

Aumenta a inestabilidade, con chuvascos que serán máis frecuentes e intensos no norte e leste. Ceos nubrados e temperaturas bastante frescas, polo vento do norte. Unha situación que se manterá con poucos cambios o resto da fin de semana. 12-05-23

Os principais líderes acompañan aos candidatos no arranque da campaña para as eleccións municipais do 28M, hoxe tamén con presenza de ministros galegos. // A Xunta reclama un cambio no sistema de selección dos MIR, logo de que na convocatoria extraordinaria quedasen sen cubrir 33 prazas en Galicia. Pide eliminar a nota de corte, que este ano impedíu elexir praza a case 2.000 aspirantes. // O IPC de abril confirma a tendencia á alza, cun aumento interanual do 4´1 por cento en Galicia. O goberno destaca que a tendencia dos alimentos é a moderación tras meses de subidas record. // Que persoas cegas ou con discapacidade visual poidan desfrutar das artes plásticas. É o que pretende a iniciativa da ONCE con visitas guiadas como a que levaron a cabo na exposición En Pretérito Seguinte, na Coruña. 12-05-23

A cidade de Santiago, onde o resultado é especialmente incerto, elexida polos tres grandes partidos para o arranque da campaña das eleccións municipais. // Manuel Baltar anuncia que recorrerá a su imputación por circular a 215 por hora, logo de amosar a sua disconformidade na comparecencia por via telemática ante o xulgado de Puebla de Sanabria. O xuízo quedou aprazado ata o 31 de maio.  // Os traballadores do estaleiro Navantia saíron as rúas de Ferrol para esixir avances na negociación do convenio. Á manifestación sumáronse tamén os traballadores do Lidl de Narón, en folga indefinida dende hai tres meses. 12-05-23

O Presidente da Deputación de Ourense comparece telemáticamente, ante o xulgado de primeira instancia de Puebla de Sanabria por un delito contra a seguridade vial. // A situación de Manuel Baltar e tamén a do Alcalde de Ourense Gonzálo Pérez Jácome centran a polémica política xusto cando comeza esta noite a campaña das eleccions municipais, que durará dúas semanas. // Centos de gandeiros saen de novo ás rúas de Lugo para reclamar mellores prezos da carne para afrontar os custos. Tamén reclaman un aumento dos fondos da Política Agraria Común. // A piques de partir de Vigo o buque oceanográfico que baixará ao pecio do Villa de Pitanxo en augas de Terranova. A bordo, un equipo especializado tentará obter imáxes para esclarecer con axuda de robots o naufraxo no que faleceron 21 mariñeiros.

 12-05-23

Baltar declárase non conforme coa acusación de circular a 215 quilómetros por hora pola autovía limitada a 120. O caso será derivado ao xulgado do Penal de Zamora. // Os gandeiros de carne volven manifestarse hoxe en Lugo, para amosar o seu malestar polos baixos prezos que reciben por parte das industrias e para reclamar máis fondos da Política Agraria Común. Tras reunirse coa subdelegada do goberno, agardan o anuncio dunha axuda de 100 euros por vaca nodriza. // Xana é unha cadela que ten enfeitizados a todos os escolares de infantil e primaria do colexio público de Maside, en Ourense. Colabora nun programa de innovación educativa para motivalos a que lean máis, expresen as súas emocións e falten menos ás clases. 12-05-2

Nova cita do presidente da Deputación de Ourense no xulgado de primeira instancia de Puebla de Sanabria, por segunda vez, para un xuizo rápido por un delito contra a seguridade vial. Dende o seu gabinete de prensa aseguran que Manuel Baltar está a comparecer telemáticamente. // En Ourense continúa a polémica sobre a investigación aberta pola fiscalía ao Alcalde Gonzálo Pérez Jácome. // Un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres sufrirá cancro ao longo da súa vida. Pra conseguir máis fondos para a investigación hoxe a Asociación Española Contra o Cancro sae as rúas. 12-05-23

A fiscalía abre dilixencias penais a Gonzalo Pérez Jácome, por posibles prácticas irregulares, a raíz da denuncia presentada polos socialistas baseada nos audios publicados por xornais galegos. //As condicións laborais pouco atractivas na atención primaria desaniman aos médicos residentes a solicitar as prazas de formación nesta especialidade que se ofrecen en Galicia. // A produción das especies de ameixa autóctona redúcese en máis dun 60 por cento na Ría de Arousa nos últimos dez anos. // Volven os lanzamentos de cápsulas estratosféricas a cargo da Axencia Espacial Escolar galega. HOxe alumnos de institutos públicos protagonizaron o ascenso e descenso dun artefacto deseñado por eles mesmos 10-05-23

O alcalde de Ourense desacredita os audios sobre presuntas irregularidades que publica La Región e négase a dar explicacións, mentres a fiscalía abre dilixencias penais. // En Galicia 39 prazas de médicos de familia quedaron sen cubrir este ano na convocatoria dos MIR. A Sociedade de Médicina Familiar reclama mellores condicións laborais para facer máis atractiva a especialidade. // Accidentes de tráfico como o acontecido en Vilanova o pasado domingo poñen en dúbida a idade máxima para conducir. Para moitos, os exames psicoténicos no son suficientes. // 10-05-23

Predominan os ceos nubrados sobre todo no terzo norte onde poden caer algúns orballos. No resto nubes altas e temperaturas en descenso. As máximas oscilarán entre 18 graos previstos na Coruña e os 23 de Ourense. 10-05-23

 O alcalde de Ourense rexeita aclarar o contido ás grabacións de audio que vén publicando o xornal La Región, sobre presuntas irregularidades e asegura que foron manipuladas. // O xulgado de Puebla de Sanabria citou para mañá ao presidente da Deputación de Ourense a unha nova vista por presunto delito contra seguridade vial.  // Peóns, ciclistas e motoristas son os usuarios máis vulnerables na estrada. A eles vai dirixida a campaña que Tráfico está a levar a cabo para conciencialos da necesidade de usar sistemas de protección e indumentaria adecuada.10-05-23

O paso dunha fronte na madrugada aínda nos deixou algunhas precipitacións e ceos cubertos durante a mañá. As temperaturas máximas sofren un lixeiro descenso e quedan ao redor dos 20 graos nas principais cidades. 09-05-23

As bucinas da frota pesqueira soan, no Día de Europa, en protesta contra o plan de ampliar o veto á pesca de fondo ata o 30 por cento das augas comunitarias. // O Partido Popular rexeita, no Parlamento, a iniciativa lexislativa popular para reforzar os servizos de atención primaria, presentada pola plataforma SOS Sanidade Pública e apoiada por máis de 50.000 sinaturas cidadáns. // O xuizo rápido a Manuel Baltar previsto para hoxe no xulgado de Puebla de Sanabria por circular a 215 quilómetros por hora non chegou, finalmente, a celebarse ao non comparecer o presidente da Deputación de Ourense nin o seu letrado. // Centos de visitantes xordos disfrutan estes días en Galicia cun proxecto do Imserso. Dende Vigo, percorren en varias quendas os emprazamentos máis emblemáticos das Rías Baixas, acompañados de intérpretes. 09-05-23

No Dia de Europa, o sector pesqueiro protesta contra o Plan que pretende vetar a pesca de fondo no 30 % das augas europeas. Este mediodía soaron as bucinas en portos como o da Coruña e Vigo. // A Policia Nacional impartie talleres sobre uso da tecnoloxía para xente de mais de 65 anos nos que, entre outras cousas, indican preucacións para non caer nas ciberestafas.  // Os establecementos poden adherirse dende hoxe ao bono activa comercio para o que a Xunta destina unha partida de dous millóns e medio de euros. Será O vindeiro luns cando os clientes poderán descargar e utilizar os descontos de ata 30 euros nos comercios que participen no programa.

 09-05-23

 

As bucinas da frota pesqueira soan, no Día de Europa, en protesta contra o plan de ampliar o veto á pesca de fondo ata o 30 por cento das augas comunitarias. // En Ferrol, Lugo e Pontevedra o SUP convoca mobilizacións esta semana para reclamar melloras nas instalacións policiais. // Os establecementos poden adherirse dende hoxe ao bono activa comercio da Xunta. Será o vindeiro luns cando os clientes poderán descargar e utilizar os descontos de ata 30 euros nos comercios que participen.

09-05-23

Seguimos baixo a influencia das altas presións con algunhas nubes que serán baixas na franxa costeira onde os ventos de compoñente oeste están a deixar un día con máis humidade. As temperaturas algo máis altas na metade leste. 08-05-23

Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa, con 18 persoas feridas cando asistían a un concerto da Orquestra París de Noia. Hai cinco hospitalizados, catro deles graves. O peor parado, un neno con hemorraxia abdominal. // Nova polémica a conta do emprego de coches oficiais en Ourense. Neste caso, a raíz da publicación dunhas gravacións nas que o alcalde, Gonzálo Pérez Jácome pide a un empregado que asuma como propia a multa imposta en Vigo. // Máis de 1.300 médicos asinan un manifesto contra o acordo que asinou a consellería de Sanidade co sindicato CESM para rematar a folga de facultativos. // O uso incorrecto e en moitos casos excesivo de sulfatos pode resultar prexudicial para a saúde. E o que alerta un grupo de Veciños do Salnés. Piden que se prohiba o uso de atomizadores cerca de ríos e zonas habitadas. 08-05-23

Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa, con 18 persoas feridas cando asistían a un concerto da Orquestra París de Noia. Hai cinco hospitalizados, catro deles graves. O peor parado, un neno con hemorraxia abdominal. // Máis de 1.300 médicos das áreas de LUgo, Ourense e Vigo expresan nun manifesto o seu malestar polo acordo que asinou a consellería de Sanidade co sindicato CESM para rematar a folga de facultativos. Din que as medidas acordadas son puramente económicas e non favorecen a calidade asistencial. // O cine de animación ten unha cita importante na Coruña a partir deste mércores, coa primeira edición do Festival Imaxinaria, no que competirán preto de 50 películas. 08-05-23