Avanzan os labores da vendima nos viñedos de toda Galicia, coa ollada posta na meteoroloxía. | O Conselleiro de Educación confirma que, con menos alumnos, o sistema educativo galego contará o próximo curso con 370 profesores máis. | Eliminar os papeis na Sanidade ou diminuir os gases contaminantes en servizos de anestesia. Son medidas incluidas dentro da estratexia de economía circular que pretende implantar a Xunta, co obxetivo de lograr uns servizos sanitarios neutros en carbono no ano 2040. 06-09-23
Van remitindo as chuvias que caeron sobre todo durante a noite. Mantense certa sensación de bochorno sobre todo polo norte onde as temperaturas son elevadas. . No resto poucos cambios, as máximas rondarán os 26 graos. 05-09-23
Comenza o curso para os 31.000 alumnos, entre cero e tres anos, das escolas infantís, que hoxe abren oficialmente ás suas portas en Galicia. Un momento de adaptarse aos cambios de hábitos para os cativos, pero tamén para os proxenitores. | Satisfacción na Xunta e nos sindicatos agrarios ante o anuncio da Unión Europea de que está disposta revisar a política de protección do lobo. En Galicia calcúlase que o lobo matou máis de 2.000 reses o ano pasado.| A temperatura da auga do mar aumentou este verán máis de medio grao, de media, respecto ao ano pasado. Así o constatan os científicos, que advirten das consecuencias do cambio climático para o noso litoral |A escritora coruñesa Paula Carballeira, recoñecida co premio nacional de literatura dramática, pola obra escrita en galego, 'As alumnas'. Unha homenaxe aos mestres e mestras que revolucionaron a escola e, sobre todo, a educación feminina, na Segunda República. | 05-09-23
Comeza o curso nas escolas infantís, con 31.000 prazas para nenos de cero a tres anos. Galicia é a única Comunidade que ofrece este servizo de balde para as familias . |.Satisfacción na Xunta e nos sindicatos agrarios ante o anuncio da Unión Europea de que está disposta revisar a política de protección do lobo. | O mosquito tigre segue estendéndose polo sur galego. | A temperatura da auga do mar aumentou este verán máis de medio grao, de media, respecto ao ano pasado. Os científicos advirten das consecuencias do cambio climático para o noso litoral. | 05-09-23
O curso empeza polos máis pequenos, os alumnos das escolas infantís, que hoxe abren oficialmente ás suas portas, con 31.000 prazas. | O mosquito tigre segue estendéndose polo sur galego. A colaboración cidadá permite confirmar a súa presenza en Redondela, despois de Cangas e Vigo. | Na temporada alta do Camiño de Santiago, os peregrinos enfróntanse a casos de picaresca, e intentos de estafa. Un equipo da Garda Civil combate a grupos que buscan sacarlle cartos mediante enganos. 05-09-23
Vilalba cumpre dúas semanas de folga da recollida de lixo. os representantes dos traballadores e a multinacional Urbaser reúnense esta tarde, mentres o concello pide a ambas partes que cedan para poñer fin ao conflicto. | O mes de agosto remata con 280 persoas máis sen emprego rexistradas en Galicia. | Socialistas e BNG reclaman axudas extraordinarias ás familias para afrontar o comenzo do curso escolar ante o incremento de prezos. | A consellería de Educación anuncia un investimento de 84 millóns para renovar as pantallas dixitais e a creación de aulas móviles de informática. | Os veciños do barrio de Canido, en Ferrol, implícanse máis que nunca na última edición do certame das Meninas, no que artistas e amantes da arte urbana plasman as suas interpretacións do famoso cadro de Velazquez. 04-09-23
Temperaturas algo máis altas polo vento cálido do su, con valores máximos, especialmente no norte, por exemplo en Ferrol ou na Mariña acadarán os 28 graos, a mesma temperatura que terán en Ourense. Os chuvascos e o vento serán máis intensos cara a noite. 04-09-23
O paro repunta no mes de agosto, que remata con 280 persoas máis sen emprego rexistradas en Galicia. |En Vilalba, continúa a folga indefinida da recollida de lixo logo de duas semanas. | Socialistas e BNG reclaman axudas extraordinarias ás familias para afrontar o comenzo do curso escolar ante o incremento de prezos. | Os veciños do barrio de Canido, en Ferrol, implícanse máis que nunca na última edición do certame das Meninas. 04-09-23
O paro repunta no mes de agosto, que remata con 280 persoas máis sen emprego rexistradas en Galicia. As afiliacións á seguridade social baixan tamén e o réxime de autónomos é o que perde máis traballadores. | En Vilalba, continúa a folga indefinida da recollida de lixo | O instituto de medicina legal de Galicia reduce á metade o tempo de espera para un informe pericial. Cerca da mitade dos que realzou o ano pasado tiñan relación coa psiquiatría forense.04-09-23
Estreamos mes de setembro con tempo de outono. Volven as chuvias porque está a entrar unha fronte fría bastante activa que descargará sobre todo durante esta tarde e fará descender as temperaturas. Quedarán frescas o resto da fin de semana na que haberá posibilidade de chuvascos en que por momentos poden ser de tipo treboento. Tempo complicado para a operación retorno das vacacións 01-09-23
Volta á casa para uns, saída na última quenda de vacacións para outros. Chega setembro con moito movemento nos aeroportos e nas estacións de tren. Os que viaxan por estrada están atopando os prezos dos carburantes máis caros de todo o ano | O sector conserveiro está preocupado polo encarecemento do aceite de oliva, que triplicou o seu prezo no último ano. A metade das latas de peixe ou marisco levan aceite de oliva | Suspendido por cuarta vez o xuízo por contrabando de tabaco contra o exalcalde de Ribadumia, Nené Barral, que se ía celebrar hoxe na Audiencia de Pontevedra | Os vídeos que publica o novo dono dunha mercería da Coruña levan máis de tres millóns de visualizacións. Co ese apoio, fai rexurdir con forza na era dixital un negocio de mediados do século pasado. 01-09-23
Chega setembro con moito movemento nos aeroportos e nas estacións de tren e os prezos dos carburantes máis caros do ano | O sector conserveiro está preocupado polo encarecemento do aceite de oliva, que triplicou o seu prezo no último ano | Suspendido por cuarta vez o xuízo por contrabando de tabaco contra o exalcalde de Ribadumia, Nené Barral | Redes sociais para darlle pulo ao comercio tradicional. 01-09-23
Chega setembro con moito movemento nos aeroportos e nas estacións de tren e os prezos dos carburantes máis caros do ano | Suspendido por cuarta vez o xuízo por contrabando de tabaco contra o exalcalde de Ribadumia, Nené Barral | Redes sociais para darlle pulo ao comercio tradicional. 01-09-23
Último día de agosto que se despide con temperaturas algo máis altas. As máximas terémolas no interior de Ourense, onde poden chegar aos 32 graos, nas Rías Baixas e en Lugo estarán sobre os 27 e na Coruña os 23. Un típico día de verán atlántico antes de que a partir de mañá a situación se vaia inestabilizando coa chegada de chuvias que se repetirán durante a fin de semana. 31-08-23
Remata agosto e, para moitos, tamén as vacacións. Coa volta á rutina pode chegar o estrés posvacional | No primeiro consello da Xunta tralas vacacións o goberno galego aprobou un investimento de 20 millóns para dixitalizar a rede de estradas autonómicas | Vilalba, en Lugo, celebra as súas festas co lixo sen recoller | Volven as batidas contra os xabarís. Na última temporada, cazáronse 18.000 xabarís en Galicia. 31-08-23
Remata agosto e, para moitos, tamén as vacacións. Coa volta á rutina pode chegar o estrés posvacional, con baixo estado de ánimo, falta de concentración ou cansazo | No primeiro consello da Xunta tralas vacacións o goberno galego aprobou un investimento de 20 millóns para dixitalizar a rede de estradas autonómicas | Vilalba, en Lugo, celebra as súas festas co lixo sen recoller. A pesares dos servizos mínimos, as rúas da vila acumulan máis de 150 toneladas de lixo cando se cumpren dez días de folga dos traballadores da recollida | Volven as batidas contra os xabarís. Na última temporada, cazáronse 18.000 xabarís en Galicia. 31-08-23
Vilalba, en Lugo, celebra as súas festas co lixo sen recoller. A pesares dos servizos mínimos, as rúas da vila acumulan máis de 150 toneladas de lixo | Remata agosto e, para moitos, tamén as vacacións. Coa volta á rutina pode chegar o estrés posvacional | No primeiro consello da Xunta tralas vacacións o goberno galego aprobou un investimento de 20 millóns para dixitalizar a rede de estradas autonómicas | Volven as batidas contra os xabarís. Na última temporada, cazáronse 18.000 xabarís en Galicia. 31-08-23
Os prezos levan dous meses seguidos subindo. En agosto aumentaron nun 0,5 por cento respecto a xullo e elevan a porcentaxe interanual ao 2,6 debido, sobre todo, ao encarecemento dos carburantes | O turismo rural mantense alleo ás cifras récord de outro tipo de aloxamentos. En xullo en Galicia tiveron unha ocupación media un 6,4 por cento máis baixa que ano pasado | A Xunta asume a xestión da única escola de canteiros que hai en España, a de Poio, que ata agora dependía da Deputación de Pontevedra. Leva formados 1.600 canteiros | Balaídos acolle esta noite un encontro moi especial para celebrar o Centenario, o partido de lendas. O club reuniu a exxogadores celestes como Gustavo López ou Makelele para enfrontalos cun combinado de estrelas internacionais tamén retiradas. 30-08-23
Hoxe repetíronse os orballos no terzo norte que foron desaparecendo ao tempo que se abrían máis claros. Os ceos están máis despexados sobre todo no sur. As temperaturas nocturnas foron máis baixas, con mínimas que quedaron por baixo dos 10 graos en puntos coma Melide, Cospeito ou Verín. As temperaturas máximas oscilarán entre os 23 graos previstos na Coruña aos 30 de Ourense. Sobre 26 terán en Lugo e en Pontevedra chegarán aos 28. 30-08-23
Os prezos aumentaron en agosto nun 0,5 por cento respecto a xullo e elevan a porcentaxe interanual ao 2,6 | O turismo rural mantense alleo ás cifras récord de outro tipo de aloxamentos | A Xunta asume a xestión da única escola de canteiros que hai en España, a de Poio, que ata agora dependía da Deputación | Balaídos acolle esta noite un encontro moi especial para celebrar o Centenario, o ‘partido de lendas’. 30-08-23