Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os prezos levan dous meses seguidos subindo. En agosto aumentaron nun 0,5 por cento respecto a xullo e elevan a porcentaxe interanual ao 2,6 | O turismo rural tivo en xullo en Galicia unha ocupación media un 6,4 por cento máis baixa que ano pasado | A Xunta asume a xestión da única escola de canteiros que hai en España, a de Poio, que ata agora dependía da Deputación de Pontevedra | Balaídos acolle esta noite o ‘partido das lendas’ para celebrar o Centenario. 30-08-23

Apenas tres meses despois das eleccións municipais, a localidade ourensá do Irixo, xa ten nova alcaldesa. A independente Susana Iglesias asume a alcaldía trala primeira moción de censura do mandato en Galicia | O pequeno comercio resiste e segue medrando. Segundo o Instituto Nacional de Estatística as súas vendas aumentaron en Galicia algo máis dun catro por cento no último ano e tamén aumentou o número de empregos no sector | A Fundación Amigos de Galicia está poñendo en contacto persoas desempregadas coas adegas, para que poidan traballar na vendima | O próximo curso vai haber uns 2.000 estudantes menos nas aulas galegas. Sindicatos e asociacións de nais e pais solicitan que se aproveite este descenso para baixar as ratios. 29-08-23

Seguimos aínda con temperaturas baixas para esta época do ano e de novo esta mañá a metade norte de Galicia volveu amencer con algúns orballos que pola tarde se poderán estender a calquera punto da comunidade. Continuamos nunha situación intermedia entre o anticiclón do Atlántico e as borrascas localizadas sobre Europa Central, o que fai que nos chegue vento frío do norte. 29-08-23

O Irixo ten nova alcaldesa. É a primeira moción de censura tralo 28M | O pequeno comercio resiste e segue medrando. Aumentan as vendas e o emprego | A Fundación Amigos de Galicia está poñendo en contacto persoas desempregadas coas adegas, para que poidan traballar na vendima | O próximo curso vai haber uns 2.000 estudantes menos nas aulas galegas. Sindicatos e asociacións de nais e pais solicitan que se aproveite para baixar as ratios. 29-08-23

Apenas tres meses despois das eleccións municipais, O Irixo ten nova alcaldesa. É a primeira moción de censura tralo 28M | O pequeno comercio resiste e segue medrando. Aumentan as vendas e o emprego | O próximo curso vai haber uns 2.000 estudantes menos nas aulas galegas. Sindicatos e asociacións de nais e pais solicitan que se aproveite este descenso para baixar as ratios. 29-08-23

A dúas semanas do comezo do curso escolar, as familias xa botan contas do que vai supoñer para os seus petos. En Galicia serán 224 euros de media por fillo | O curso político arranca marcado polas negociacións previas á investidura para presidir o Goberno. Desde Soutomaior, Feijóo asegurou que non aceptará chantaxes e recoñeceu que non será doado ser investido na primeira votación.

29-08-23

A dúas semanas do comezo do curso escolar, as familias xa botan contas do que vai supoñer para os seus petos. En Galicia serán 224 euros de media por fillo | O curso político arranca marcado polas negociacións previas á investidura para presidir o Goberno. Desde Soutomaior, Feijóo asegurou que non aceptará chantaxes e recoñeceu que non será doado ser investido na primeira votación | Restablecido por completo o tráfico na A52, despois de que onte tivera que interromperse polo incendio dun camión que transportaba chocolate | Cita co mellor surf en Valdoviño. Volve o Pantín Classic. Hoxe comezaron as probas clasificatorias para o circuíto mundial. 28-08-23

Galicia comeza a semana con predominio dos ventos do noroeste, inestabilidade atmosférica e temperaturas máis baixas do que é habitual a finais de agosto. Os ceos mantéñense en xeral moi nubrados, con algunhas chuvias febles e intermitentes, sobre todo na metade norte. As marcas dos termómetros soben un chisco, e o vento sopra frouxo do noroeste, con intervalos algo máis fortes no litoral. 28-08-23

A dúas semanas do comezo do curso escolar, as familias xa botan contas do que vai supoñer para os seus petos. En Galicia serán 224 euros de media por fillo | O curso político arranca marcado polas negociacións previas á investidura para presidir o Goberno | Restablecido o tráfico na A52, despois de que onte tivera que interromperse polo incendio dun camión | Volve o Pantín Classic a Valdoviño. 28-08-23

Pontevedra recibe con aplausos á campioa do mundo Teresa Abelleira. A xogadora pediu que nada manche os éxitos deportivos das mulleres | No que vai de ano recolleron a compostela case 300.000 peregrinos. Pero os negocios do Camiño aseguran o aumento da afluencia non lles é rendible, porque, din, os camiñantes consumen cada vez menos | Poden arrasar unha leira de millo en menos de dous días... Os agricultores están preocupados pola proliferación dunha voraz eiruga que podería acabar cunha da mellores colleitas | Un dos maiores espectáculos náuticos do mundo recala na Coruña. Xa se poden visitar os doce grandes veleiros que participan na regata Tall Ships Race. 25-08-23

Amencemos cos ceos nubrados e algunhas chuvias febles e ocasionais no norte das provincias da Coruña e Lugo. Agora pola tarde estanse abrindo claros na metade sur, pero segue máis nubrado no norte. As temperaturas van baixando, máis na metade leste, onde onte aínda facía bastante calor. Os ventos sopran frouxos do norte. 25-08-23

A campioa do mundo Teresa Abelleira pediu que nada manche os éxitos deportivos das mulleres | Os negocios do Camiño aseguran o aumento da afluencia non lles é rendible, porque os peregrinos consumen cada vez menos | Os gandeiros están preocupados pola proliferación dunha voraz eiruga que podería acabar coas colleitas | Xa se poden visitar na Coruña os doce grandes veleiros que participan na regata Tall Ships Race. 25-08-23

Pontevedra recibe con aplausos á campioa do mundo Teresa Abelleira. A xogadora pediu que nada manche os éxitos deportivos das mulleres | No que vai de ano recolleron a compostela case 300.000 peregrinos. Pero os negocios do Camiño aseguran o aumento da afluencia non lles é rendible, porque, din, os camiñantes consumen cada vez menos. 25-08-23

Da calor intensa a unha situación máis propia da primavera. As temperaturas récord que vivimos nos últimos días están caendo de súpeto e hoxe so hai aviso amarelo por calor no Miño de Ourense e en Valdeorras | Os carburantes non paran de subir. Levan encarecéndose sete semanas seguidas. Encher o depósito hoxe xa custa o mesmo ou máis que ano pasado, cando se aplicaba o desconto dos 20 céntimos | Catro persoas resultaron feridas esta madrugada no cámping das illas Cíes ao caer unha árbore sobre as tendas de campaña | Gabri Veiga, a última perla da canteira celeste, marcha no último momento e por sorpresa ao fútbol árabe. 24-08-23

Empeza a remitir a vaga de calor. Unha baixada de temperaturas que hoxe empezan a notar sobre todo nas provincias atlánticas pola entrada de aire marítimo que fai que se vaia retirando a masa de aire cálido. Día de ceos despexados con brétemas na costa que volverán de novo cara a noite e posibilidade dalgún chuvasco en zonas altas do interior. Tamén podería caer algunha chuvia feble polo noroeste porque cara última hora se aproxima unha fronte. 24-08-23

As temperaturas récord que vivimos nos últimos días están caendo de súpeto e hoxe so hai aviso amarelo por calor no Miño de Ourense e en Valdeorras | Os carburantes levan encarecéndose sete semanas seguidas. Encher o depósito hoxe xa custa o mesmo ou máis que ano pasado | Catro persoas resultaron feridas esta madrugada no cámping das illas Cíes ao caer unha árbore sobre as tendas | Gabri Veiga marcha no último momento e por sorpresa ao fútbol árabe. 24-08-23

As temperaturas récord que vivimos nos últimos días están caendo de súpeto e hoxe so hai aviso amarelo por calor no Miño de Ourense e en Valdeorras | Os carburantes levan encarecéndose sete semanas seguidas | Gabri Veiga marcha no último momento e por sorpresa ao fútbol árabe 24-08-23

Calor sufocante no día no que se agardan as temperaturas máis elevadas da vaga de calor que estamos sufrindo desde o luns | O número de viaxeiros caeu un catro por cento en Galicia no mes de xullo e a ocupación dos hoteis case un 2 por cento, segundo os datos publicados hoxe polo INE | Mexillóns que morren, se desprenden das cordas ou con pouca forza para medrar e engordar | Moitas familias preparan xa libros, uniformes ou material escolar. Estamos ante a volta ao cole máis cara: entre 300 e 500 euros de media por neno 23-08-23

Outra xornada de termómetros disparados, antes de que mañá a calor nos dea un respiro. O peor, de novo en Ourense, con temperaturas que superan os 40 graos durante o día e que non baixan dos 20 durante a noite, facendo moi difícil o descanso. 23-08-23

Calor sufocante no día no que se agardan as temperaturas máis elevadas da vaga de calor que estamos sufrindo desde o luns. A Xunta ten activada a alerta en toda Galicia, especialmente nas provincias de Ourense e no sur Lugo | O número de viaxeiros caeu un catro por cento en Galicia no mes de xullo e a ocupación dos hoteis case un dous por cento, segundo os datos publicados hoxe polo INE | Mexillóns que morren, se desprenden das cordas, ou con pouca forza para medrar e engordar. É o que denuncian os bateeiros de Arousa, preocupados polo baixo rendemento do molusco | Moitas familias preparan xa libros, uniformes ou material escolar: sinónimo de gasto. Estamos ante a volta ao cole máis cara: entre 300 e 500 euros de media por neno. 23-08-23