Tras un mes de frío e chuvia, chegan a Galicia unhas temperaturas que dan sensación de verán. // A secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas, declara no xulgado de Lugo sobre as inspeccións feitas ao laboratorio Nupel , de Jorge Dorribo, cando ela era conselleira de Sanidade. // Un grupo de emprendedores da Coruña crea "Trocobank", unha plataforma que pon en contacto a empresas que queiran intercambiar mercadorías sen necesidade de cartos. // Nove explotacións agrarias de Galicia participan nun estudo pioneiro para mellorar o aproveitamento dos puríns. // Tras 120 anos de servizo, pecha as súas portas o asilo de anciáns de Pontevedra. // `Galicia Caníbal¿, o musical da movida dos anos 80. 11/05/12
Nubes de tipo medio e alto, con bancos de nubes na Mariña. Pola tarde, nubes de evolución no interior. Ventos do nordés, moderados na metade norte e frouxos no resto. Aínda que as temperaturas experimentarán un descenso na metade norte, manteranse no resto e continuarán sendo altas en moitos puntos. 11/05/12
Chegan a Galicia temperaturas que dan sensación de verán. // Pilar Farjas, declara sobre as inspeccións ao laboratorio Nupel , de Jorge Dorribo. // "Trocobank", unha plataforma que pon en contacto a empresas para intercambiar mercadorías sen necesidade de cartos. // Un estudo pioneiro para mellorar o aproveitamento dos puríns. // Pecha o asilo de anciáns de Pontevedra. // `Galicia Caníbal¿, o musical. 11/05/12
Mañá de mobilizacións e protestas en toda Galicia. Sanidade, ensino, o sector naval de Vigo e os afectados pola participacións preferentes. // O Goberno galego decidiu crear unha axencia tributaria galega. Con este novo organismo tentarase recadar un 20 por cento máis. // Simplifícase o sistema de pagamento das peaxes nas autovías de Portugal. Desde o mes que vén vanse poder pagar con tarxeta de crédito. // Absolto por falta de probas o único acusado de provocar o incendio máis grave da vaga de lumes de 2006, no que morreron dúas mulleres. // O Consello de Informativos de Televisión Española recibe o premio José Couso. // Curtocircuíto, o festival de curtas de Santiago. 10/05/12
Nubes de tipo alto. Na provincia de A Coruña as nubes serán máis compactas e mesmo deixar algunha chuvia no litoral. Temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un ascenso entre lixeiro e moderado. Ventos de compoñente sur, moderados na metade norte e frouxos no resto. 10/05/12
Mañá de mobilizacións e protestas en toda Galicia. // O Goberno galego decidiu hoxe crear unha axencia tributaria galega. // Simplifícase o sistema de pagamento das peaxes nas autovías de Portugal. // Absolto por falta de probas o acusado de provocar o incendio máis grave de 2006, no que morreron dúas mulleres. // O Consello de Informativos de Televisión Española recibe o premio José Couso. // Curtocircuíto, o festival de curtas de Santiago. 10/05/12
Alberto Núñez Feijóo responsabiliza ao socialista Joaquín Almunia do bloqueo das solucións ao sector naval e ao cobro das participacións preferentes. // A Comisión Europea chama aos emprendedores e aos pequenos empresarios a tirar do carro para saír da crise. // Xubilados e pensionistas, convocados por Comisións Obreiras, protestan ante a Xunta contra o copagamento das medicinas. // A propietaria da Granxa Maruxa, de Monterroso, Marta Álvarez, obtén por segundo ano consecutivo o premio nacional á muller rural emprendedora. // O Festival de Cans vai traer a esta aldea do Porriño á directora Isabel Coixet, que lerá en público o guión da súa próxima película. 09/05/12
Na metade Leste, alternancia de nubes e claros, e na metade Oeste, nubes máis compactas e chuvias máis probables no litoral. Vento do Sur, forte no litoral atlántico e moderado no resto. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en moderado ascenso. 09/05/12
Feijóo responsabiliza ao socialista Joaquín Almunia do bloqueo do naval e das preferentes. // A Comisión Europea chama aos pequenos empresarios a tirar do carro para saír da crise. // Xubilados e pensionistas protestan contra o copagamento das medicinas. // Marta Álvarez, de Granxa Maruxa, obtén por segundo ano o premio nacional á muller rural emprendedora. // O Festival de Cans vai traer a Porriño á directora Isabel Coixet. 09/05/12
Mañá desapracible en toda Galicia, con chuvia e vento especialmente intensos na zona atlántica. Meteogalicia mantén activada a alerta amarela nas provincias de Pontevedra e A Coruña. // A Xunta fai balance no Parlamento galego do seu traballo en rehabilitación de vivendas, e asegura que inviste neste concepto 107 millóns de euros na lexislatura. // Comeza en Pontevedra o xuízo contra o único acusado de provocar o maior incendio da vaga de lumes forestais de agosto de 2006, no que morreron dúas mulleres. // Galicia dispón do sistema de radares de alta frecuencia para vixiar o mar más completo de Europa. // Tim Hunt, premio Nobel en medicina. 08/05/12
Ceos moi nubrados e precipitacións que na metade Oeste serán máis cuantiosas e localmente caerán con intensidade forte. Vento do sueste moderado con intervalos fortes no litoral e zonas altas. Temperaturas mínimas en moderado ascenso, e máximas sen cambios. 08/05/12
Alerta amarela por chuvias nas provincias de Pontevedra e A Coruña. // A Xunta fai balance no Parlamento do seu traballo en rehabilitación de vivendas. // Comeza en Pontevedra o xuízo contra o acusado de provocar o maior incendio de agosto de 2006, no que morreron dúas mulleres. // Galicia dispón do sistema de radares para vixiar o mar más completo de Europa. // Tim Hunt, premio Nobel en medicina. 08/05/12
Quince toneladas de animais mortos estaban almacenados ilegalmente en dúas naves do concello pontevedrés das Neves. // O novo hospital de Vigo estará funcionando a comezos de 2014, segundo adiantou hoxe a conselleira de Sanidade. // Expectación na Coruña por coñecer os contidos do novo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Esta fin de semana, coincidindo co día da ciencia na rúa, recibiu aos primeiros curiosos. // O Deportivo cede dous puntos ao empatar co Valladolid, pero mantén o liderado de Segunda. // Un vídeo gravado nun colexio de Lugo para promocionar o lavado das mans. 07/05/12
Aumento progresivo das nubes dende as primeiras horas que deixarán os ceos anubrados na maior parte de Galicia. As chuvias comezarán polo litoral atlántico, estendéndose cara ao leste ao longo do día. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios. Ventos do sur, moderados en xeral e con intervalos fortes no litoral e nas zonas altas. 07/05/12
Quince toneladas de animais mortos almacenados ilegalmente nas Neves. // O novo hospital de Vigo estará funcionando a comezos de 2014. // Expectación na Coruña por coñecer os contidos do novo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. // O Deportivo cede dous puntos ao empatar co Valladolid. // Un vídeo gravado en Lugo para promocionar o lavado das mans. 07/05/12
Galicia xa conta co seu primeiro Museo Nacional. Os Príncipes de Asturias acaban de inaugurar na Coruña a nova sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. // Galicia suma 849 parados máis en abril, co que xa hai rexistrados 277 mil nas oficinas de emprego. // A xunta inclúe no plan para animar a ter máis fillos medidas fiscais, maiores canta máis descendencia se teña. // A agricultura ecolóxica certificada gaña mercado en Galicia. Durante o ano pasado medrou máis dun 27 por cento a súa facturación. // Hoxe abriu as súas portas en Santiago a maior concentración de afeccionados á informática de Galicia, o Encontro Xuventude Galicia Net. 04/05/12
Intervalos de ceos nubrados con precipitacións localmente fortes e que poden ter carácter tormentoso. Vento de compoñente Sur, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios significativos. 04/05/12
Os Príncipes de Asturias acaban de inaugurar na Coruña a sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. // Galicia suma 849 parados máis en abril. // A xunta inclúe medidas fiscais no plan para animar a ter máis fillos. // A agricultura ecolóxica certificada gaña mercado en Galicia. // Encontro Xuventude Galicia Net. 04/05/12
A Xunta pon en marcha un ambicioso plan para promover a natalidade. // A Axencia Tributaria vai devolver en Galicia este ano case o dobre do que recade na campaña da renda. // Desde que comezou a crise perderon o seu emprego uns 600 xornalistas en Galicia. // Seis presos que cumpren condena no cárcere de Alcalá Meco chegaron esta mañá á praza do Obradoiro tras percorrer 200 quilómetros do Camiño de Santiago. // O Obradoiro fai historia logrando por primeira vez a permanencia na máxima categoría do baloncesto español. // En Ourense, a chuvia desluciu por momentos a celebración da festa dos ¿maios¿. 03/05/12
A Xunta pon en marcha un plan para promover a natalidade. // Facenda vai devolver en Galicia este ano case o dobre do que recade na campaña da renda. // Día Mundial da Liberdade de Prensa. // Seis presos de Alcalá Meco completan o Camiño de Santiago. // O Obradoiro logra por primeira vez a permanencia na ACB. // En Ourense, a chuvia desluciu a festa dos ¿maios¿. 03/05/12