Presenta o dobre Ano Xacobeo como protagonista e o reto de superar os cinco millóns de visitantes
O comité de expertos da Xunta estuda cales serán as novas normas sanitarias, unha vez remate o aval do Tribunal Superior de Xustiza para as que están en vigor. Entre os posibles cambios, mesons e taperías poderían ampliar os horarios ata a 1 da madrugada. // Galicia acollerá aos menores de orixe marroquí que lle correspondan no reparto efectuado polo Goberrno Central a raíz da crise dos últimos días en Ceuta. O Presidente da Xunta cifra en 20 o número de menores que poderían ser trasladados aquí. // O segundo buque de aprovisionamento en combate construido por Navantia Ferrol para a Armada de Australia era despedido este mediodía para sair rumbo a sua futura base, en Perth. // O Goberno central decidíu interpoñer recurso contra o Plan de Explotación Marisqueira aprobado pola Xunta. A decisión foi adoptada por considerar que esa normativa non contaba cun informe preceptivo do Ministerio de Transición Ecolóxica. 20-05-2021
Permanece a influencia das altas presions con entrada de aire cálido dende o Sur. Ceos despexados con intervalos de nubes de tipo alto. Pola noite, unha fronte fría deixará chuvias no noroeste. 20-05-2021
Mais alumnos por aula, menor distancia entre eles e alivio dos grupos burbulla. Así será o protocolo sanitario para o próximo curso nos centros de ensino. As AMPAS galegas reclaman máis información. // O comité de expertos que asesora á Xunta estuda esta tarde a situación epidemiolóxica para fixar as normas sanitarias dos próximos días, unha vez remate o aval do Tribunal Superior de Xustiza para as que están en vigor. // Co Xacobeo ampliado como principal reclamo e o reto de superar os cinco millóns de visitantes, o sector turístico presenta en Fitur unha oferta variada para convertir este verán nun punto de inflexión, e recuperarse tras un ano de crise. // Ademais de empresaria pioneira, foi a primeira investigadora de España no campo da Xenética. Jimena Fernández de la Vega, é recoñecida como Científica do Ano pola Real Academia de Ciencias. No seu 37 cabodano, lembramos a sua contribución a un dos eidos máis avanzados da medicina. 20-05-2021

Os expertos sanitarios advirten de que as dúbidas das administracións poden crear confusión.
Insisten en que a vacina de AstraZéneza é totalmente segura.
A Xunta aposta por Repetir con Astrazeneca aos menores de 60 anos que xa recibiron a primeira desa marca. A decisión da Comisión de Saúde Pública é administrar Pfizer neses casos, anque déxalles opción a elexir. Os expertos piden un criterio común, e non crear confusión.. // Máis de 10.000 aspirantes están chamados a concorrer ao exame para cubrir 341 prazas do corpo auxiliar C2 da Xunta. Será o próximo día 20 de xuño, tal como anuciou hoxe o director xeral da Función Pública. Será o segundo proceso co maior número de participantes dende que comenzou a pandemia. // O BNG anunciou hoxe unha ofensiva política contra a posibilidade de que o goberno central estableza o cobro de peaxes para circular polas autovías. Considera que sería unha medida especialmente lesiva para Galicia, pola sua condición periférica e o menor nivel de renda dos cidadans.. // 19-05-2021
Repetir a segunda dose con Astrazeneca. É a opción que defende a Xunta para os menores de 60 anos que recibiron a primeira dose desa marca, ainda que á decisión da Comisión de Saúde Pública é administrar Pfizer. Os expertos piden un criterio común, e non crear confusión. // Hoxe foi a presentación da oferta turística de Galicia en Fitur, a gran feira do sector, nun momento no que se prepara para a recuperación. Feijóo di que a nosa comunidade e un dos destinos máis seguros do mundo. // Os Traballadores de Navantia movilízanse para advertir que o asteleiro e as empresas auxiliares da comarca quedan sen carga de traballo a partir de mañá, cando sae para Australia o buque loxístico que viñan construindo. Reclaman novos encargos para manter nos próximos anos máis de 2.000 empregos. // O Multiusos do Sar acolle esta tarde a 1.300 espectadores no encontro entre o Obradoiro e o Murcia, o primeiro partido profesional de baloncesto no que se permite acceso do público na pandemia. 19-05-2021

Nas axencias de viaxes aumentan a demanda de información e as reservas
A volta da actividade turística déixase notar. O galegos apúntanse a sair fóra da comunidade tralo levantamento do peche perimetral. Moitos aproveitaron a ponte do día das Letras. As axencias aumentan as reservas e recuperan a traballadores en ERTE. //.A dirección de Alcoa acepta retomar o proceso de negociación da venda da fábrica de San Cibrao coa SEPI. Así llo transmitiron aos representantes da compañía ao comité de Empresa na xuntanza telemática que mantiveron hoxe//. nova sala, que foi inaugurada hoxe no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Coruña. Un espazo dedicado á Intelixencia Artificial que os seus responsables pretenden converter nun referente no eido da I+D+I en Galicia.. // O ocorrido durante o confinamento, e coa pandemia en xeral serve de desafío para a arte. Así o entenden un grupo de creadores, que ofrecen na Coruña unha mostra colectiva do seus traballos inspirados na experiencia máis actual. 18-05-2021
A vacinación dos menores de 50 anos comenzará en Galicia a finais de Xuño. O conselleiro de Sanidade adianta tamén que, de continuar o ritmo actual, nas próximas semanas poderá decidir sobre relaxar o uso da máscara en espazos exteriores. // o concello ourensán de Lobios. Alí investígase a orixe dun gromo no que se teñen detectado xa 21 casos positivos, e que podería levar a este municipio a entrar no nivel máximo de restricións. // Os restos mortais de Déborah Fernández, a moza viguesa que apareceu morta nunha cuneta en 2002, son retirados do cemiterio de Pereiró, para proceder á busca de posibles restos de ADN baixo as unllas, e outros indicios. A Xuíza ordenou reabrir a investigación sobre o caso, cando estaba a piques de prescribir. //Os galegos volven apuntarse a facer turismo tralo levantamento do peche perimetral. Moitos aproveitaron a ponte do día das Letras, para viaxar fóra da comunidade. As axencias aumentan as reservas e recuperan a traballadores en ERTE. 18-05-2021
O paso da fronte fría que deixou algunhas chuvias, ainda que co avance do día van remitindo. Durante a tarde dominarán as nubes e claros, con posibilidade tan so dalgún chubasco illado e ocasional. 18-05-2021
A vacinación dos menores de 50 anos comenzará en Galicia a finais de Xuño. O conselleiro de Sanidade adianta tamén que, de continuar o ritmo actual, nas próximas semanas poderá decidir sobre relaxar o uso da máscara en espazos exteriores. // o concello ourensán de Lobios. Alí investígase a orixe dun gromo no que se teñen detectado xa 21 casos positivos, e que podería levar a este municipio a entrar no nivel máximo de restricións. // Os restos mortais de Déborah Fernández, a moza viguesa que apareceu morta nunha cuneta en 2002, son retirados do cemiterio de Pereiró, para proceder á busca de posibles restos de ADN baixo as unllas, e outros indicios. A Xuíza ordenou reabrir a investigación sobre o caso, cando estaba a piques de prescribir. //Os galegos volven apuntarse a facer turismo tralo levantamento do peche perimetral. Moitos aproveitaron a ponte do día das Letras, para viaxar fóra da comunidade. As axencias aumentan as reservas e recuperan a traballadores en ERTE. 18-05-2021
A autora e tradutora protagonista hoxe do Día das Letras “rompeu co discurso poético” previo cunha poesía “moderna e urbana”, salienta Chus Nogueira, editora de Xela Arias Poesía Reunida (1982-2004)
Galicia homenaxea no Día das Letras a unha poetisa, traductora e editora que fuxiu de convencionalismos. É unha das creadoras da industrial editorial galega
Poesía e moita música, tamén, para celebrar a homenaxe do Día das Letras a Xela Arias, unha autora vinculada aos movementos que marcaron a modernidade nos 80. O seu fillo Darío e o fotógrafo Xulio Gil, que foi a sua parella, lembran a que os académicos definen como poeta rebelde.
// A situación sanitaria, destacou o presidente da Xunta, é hoxe mellor que cando se iniciou a desescalada e a apertura da hostalaría. Fejoo asegurou que a finais de ano toda a poboación galega poderá estar inmunizada.//. Unha operación conxunta entre a Policía Nacional e a Garda Civil dá por desmantelada unha banda adicada ao tráfico de Haxix, entre Galicia e as provincias andaluzas de Málaga e Almería. Un total de 28 persoas foron detidas na operación, na que os axentes interceptaron máis de 600 quilos de droga. // 17-05-2021
Palabras de Xela Arias, recreadas por Mónica de Nut, Fernando Abreu, e Pablo Carrera. Un espectáculo musical que forma parte dos actos para celebrar o Día das Letras Galegas. A Xunta e a Real Academia danse cita en Vigo, a cidade na que a escritora, natural de Sarria, desenvolveu a maior parte da sua actividade. // Milleiros de manifestantes, entre os que figuran os líderes da oposición, acudiron a convocatoria da Plataforma Queremos Galego, en favor de medidas para unha presenza máis normalizada da Lingua na vida cotiá. // Empresarios de salóns de peiteado e imaxe persoal retoman as mobilizacións para reclamar a rebaixa do IVE ao 10 por cento. Din que a crise leva arrasado xa un 30 por cento dos establecementos do sector. // O Celta derrota ao Barcelona no Camp nou por un a dous na penúltima xornada da liga. Pese a vitoria, a quinta consecutiva, os de Coudet quedan fóra da competeicións europeas. Iso sí, acaban co soño azulgrana de gañar o campionato.17-05-2021
Xornada dominada pola alternancia de nubes e claros, ainda que co avance da tarde os ceos iranse cubrindo pola metade oeste. Achégase unha nova fronte que, xa pola noite, deixará chuvias en toda a comunidade. 17-05-2021